Levamos séculos vivindo do mar. Por que non tentamos facer tecnoloxía para el?

Cartel do evento Dominio Público VigoLabs

"Levamos séculos vivindo do mar, pero nunca tentamos facer tecnoloxía para o mar". O Hackathon Sanjurjo Badía nace como un intento de "revolucionar os desenvolvedores para movelos a facer instrumentos para os barcos que en Galicia se constrúen, para innovar como se pesca, ou para soster os nosos bancos de peixes". "Son moitas as innovacións que leva un barco, son moitas as oportunidades de que Galicia volva a ser un referente", destacan os seus organizadores. O evento terá lugar en Vigo do 27 ao 28 de febreiro e vén de abrir as súas inscricións, gratuitas e limitadas a un máximo de 100, con almorzos, comidas e ceas de balde, grazas ao patrocinio de Marine Instruments, R, Abanca e Softwhisper.

"Son moitas as innovacións que leva un barco, son moitas as oportunidades de que Galicia volva a ser un referente", destacan os seus organizadores

O Hackaton está aberto a todo tipo de público, profesionais e estudantes (principalmente do mundo do desenvolvemento software e deseño industrial), que formarán grupos para crear prototipos relacionados co sector marítimo. Os gañadores e gañadoras recibirán fantásticos premios. Ademáis, celebráranse de forma paralela varios workshops, que comezarán dende un nivel básico e irán aumentando de nivel a medida que avance a fin de semana, unha estupenda oportunidade para aqueles e aquelas que estean interesadas en ampliar os seus coñecementos.

Profesionais e estudantes (principalmente do mundo do desenvolvemento software e deseño industrial) formarán grupos para crear prototipos relacionados co sector marítimo

O hardware utilizado será o UDOO Neo, "que aúna o mellor de dous mundos: Raspberry Pi e Arduino", segundo os responsables do evento. Cada equipo recibirá un kit que incluirá unha UDOO NEO Extended, xunto a todo o materíal de electronica necesario para o seu proxecto. "As placas UDOO son un combinado feito a base de RaspberryPi, Arduino, Sensores e Conectividade. Lista para permitir adentrarnos pola porta grande no mundo de Internet Of Things", sinalan, destacando que conxuga "a simplicidade de Arduino na xestión de sensores, xunto coa flexibilidade dun micro-ordenador basado en ARM", proporcionando "unha poderosa placa de prototipo capaz de executar Linux ou Android".

O pasado ano celebrouse a I edición do Hackathon Vigo, limitada a unha competición de desenvolvedores de 12 horas, na que os participantes tiveron que crear aplicacións que achegasen valor.

Forman parte do equipo organizador Jesús Sayar, que traballa dende Vigo para a empresa madrileña The Cocktail, unha das principais consultoras dixitais da capital e todo un referente do ecosistema Ruby on Rails en España. E Eloy Coto, que traballa dende o Porriño para a empresa londinense Foehn; foi un dos primeiros españois no Google Campus de Londres, representando aos gañadores do SeedRocket España- Webphone.

Cartel do evento Dominio Público VigoLabs

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.