O comercio electrónico ábrese paso en Galicia

Evolución trmestral do comercio electrónico en España entre 2005 e 2011 Dominio Público Praza Pública

Este xoves celébrase no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela CONECOM, a primera Confererencia sobre Ecommerce en Galicia. A inscrición é gratuíta.

O obxectivo é formar e darlles as ferramentas de traballo ás pemes e ás novas iniciativas empresariais para crear un sector competitivo. Os organizadores da conferencia aseguran que "a artesanía, a agricultura, a industria e a cultura galega teñen un gran potencial de comercialización pero en moitos casos non atopamos nin os recursos nin a iniciativa como para saber comercializalo e fortalecelo". Con CONECOM búscase, din, "romper esa barreira e instruír, formar e capacitar aos emprendedores nesta plataforma para así darlle vantaxe e ao mesmo tempo xerar mercado para as empresas de deseño, programación e comunicación galegas que darán estes servizos".

Os relatorios comezarán ás nove e mdia da mañá coa intervención de Xosé Rivera de DobleClic, que realizará unha "Introdución ao comercio electrónico". A seguir, Álvaro Gómez d'A Navalla Suíza explicará os "Pasos para montar unha tenda en liña". Ás once e media Manuel Pan (Abertal) ofrecerá un relatorio titulado "Promocionando a nosa tenda en liña. Medindo os resultados e tomando decisións". Ás doce e media Fran Suárez (Pululart) falará sobre "Métodos de cobro e LOPD". A partir da unha e media presentaranse dous casos reais: o da Federación Galega de Comercio e o seu www.comerciogalicia.eswww.24joyas.com, "un caso real de éxito cun investimento pequeno e moito traballo".

 

Crecemento do comercio electrónico

O comercio electrónico non deixa de crecer en España, e faino a un ritmo moi elevado, incrementando a súa facturación en entre un vinte e un trinta por cento cada trimestre, a pesar da crise. Deste crecemento son responsables grandes empresas como eBay, El Corte Inglés, Amazon, BuyVip ou Privalia, pero tamén webs máis pequenas ou máis específicas, como Adzarus ou Doiser, centrado en pequenas empresas e autónomos.

Os expertos en correo electrónico lembran que as webs que realicen vendas teñen que cumprir unha serie de requisitos e características: A páxina debe ser segura (https) e debe verse un candado pechado. Debe ofrecer todos os datos sobre a empresa e o produto. A entrega debe realizarse nos 30 días seguintes ao da compra se non se especifica outro prazo. Ademais, recomendan estar atentos á información que dá a web sobre o uso que fará dos datos persoais.

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.