O galo de Barcelos que "caeu" en Melón é xa un fenómeno viral

O galo, caendo dende a estratosfera Dominio Público Praza Pública

Nunca un galo voou tan alto. O Projecto Balua buscaba levar até a estratosfera un globo de helio, cunha cámara para rexistrar o experimento, un localizador gps para permitir a súa recuperación unha vez volvese á terra e un galo de Barcelos, identificador de Portugal e, neste caso, da tecnoloxía e a investigación portuguesas, que se buscaban poñer en valor. Despois de hora e media de ascensión, e de gravar fermosas imaxes do galo a ducias de quilómetros de altura, o globo comezou a caer, e fíxoo na aldea de Vivenza, na serra do Faro, no Concello de Melón.

Poucas veces un experimento científico uniu tanto Portugal e Galicia. A viaxe do singular artefacto, que levaba tamén unha caixa con distintos elementos propios de Portugal, converteuse xa nun fenómeno viral, superando as 80 mil reproducións en youtube.

Os responsables do proxecto, impulsado por unha agrupación de estudantes da Universidade Técnica de Lisboa, e máis da contribución artística da Associação de Artesãos “O Galo” de Barcelos, seguiron o rastro do globo a través do gps e en Vivenza atoparon o obxecto que buscaban, que caera nunha figueira provocando o susto e, sobre todo a estrañeza, dos veciños do lugar. O globo, reusable, realizou xa outras dúas viaxes, e continuará sendo usado en novos experimentos. Por certo, o galo quedou en Melón, como agasallo para o veciño que atopou o globo.

O galo, caendo dende a estratosfera Dominio Público Praza Pública
Os responsables do proxecto, recuperando o galo en Vivenza Dominio Público Praza Pública
Lanzamento do globo Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.