O proxecto O Monte é noso:_sachando procomún, iniciativa cultural formada por varios colectivos de Galicia, lanza unha nova forma de achegar o coñecemento que existe ao redor dos montes veciñais en man común en formato wiki. Esta ferramenta que se acaba de presentar aspira a definir de forma colaborativa os principias termos relacionados cos montes veciñais. Plantexáse coma un espazo onde compartir coñecemento dun xeito participativo e aberto. Os temas centrais son o procomún e os montes veciñais en mancomún. Lánzase tamén un Glosario para ver e ampliar os termos definidos, poñendo fincapé no de montes veciñais en mancomún.
A proposta O monte é noso_sachando procomún, gañadora do Premio de Emprendemento Cultural otorgado polo Concello de A Coruña no 2013, aspira a revitalizar os montes en man común por ser estes un claro paradigma dos comúns, buscando abrir pontes con outras formas de facer e pensar o común, como é o software libre, por eso o empeño de usar este tipo de feramentas.
Dende O Monte é noso anímase a inscribirse no Portal de Editor@s, nun intento de achegar e poñer en relación proxectos, persoas ou colectivos. Invítase a "comuneirxs, investigadorxs, interesadxs e curiosxs a que se adentren neste monte do man común en Galicia en forma de rede e a que propoñan nel ou que fagan medrar todo tipo de documentación". Os seus promotores destacan que "han ser benvidos referentes e ideas [en formato texto, vídeo, links...] que nos axuden a entender e construír entre todxs o que foi, é e (quizabes) será o mancomún no noso país".
