Dende 1971 a 1973, un equipo de profesionais chilenos, comandados polo británico Stafford Beer, desenvolveu un sistema tecnolóxico para poder administrar -a tempo real- as industrias estatais do país sudamericano. Con recursos escasos e creatividade ilimitada, en pouco menos dun ano o reducido equipo de enxeñeiros, deseñadores e informáticos foi capaz de crear un prototipo que non existía en ningún outro lugar do mundo nin moito menos a escala nacional: o proxecto Cybersyn ou Synco, en español.
Revolucionarios Cibernéticos. Tecnología y política en el Chile de Salvador Allende, foi escrito pola académica americana Eden Medina mentres desenvolvía a súa tese doutoral no MIT e acaba de ser publicado en español pola editorial chilena LOM. Con máis de 50 entrevistas e moito material de arquivo, Medina consegue explicar este revolucionario capítulo da tecnopolítica e o contexto que o fixo posible.
Como o describiu The Guardian, “era unha sorte de internet socialista, décadas antes do seu tempo”
Beer pretendía implantar a súa teoría do Modelo dos Sistemas Viables (VSM, segundo as súas siglas en inglés): así como o cerebro toma a maior parte das decisións importantes e non controla todo, un sistema viable debe estar composto por partes cun alto nivel de autonomía. A súa idea era implantar un sistema nervioso electrónico na sociedade chilena, onde todos os seus compoñentes estivesen conectados entre si por unha rede de comunicación nacional. A longo prazo, isto axudaría á igualdade. Como o describiu The Guardian, “era unha sorte de internet socialista, décadas antes do seu tempo”.
As súas ideas de cibernética organizacional nunca foran levadas á práctica cara a un nivel máis extenso e por iso non vacilou ao recibir a chamada de Fernando Flores
Considerado un dos pais da cibernética e fortemente influído polos biólogos chilenos Humberto Maturana e Francisco Varela, contra 1970 Stafford Beer traballaba como consultor internacional de alto voo e honorarios, conducía un Rolls Royce e vivía nunha gran casa nos arredores de Londres. As súas ideas de cibernética organizacional nunca foran levadas á práctica cara a un nivel máis extenso e por iso non vacilou ao recibir a chamada de Fernando Flores, daquela un novo enxeñeiro do goberno socialista, quen o convidaba a aplicar as súas teorías para organizar a economía estatal. “Tiven un orgasmo”, lembraría anos despois.
Aterrou en 1971 en Santiago de Chile cobrando en dólares e demandando chocolates, whisky e outras excentricidades para un país que debía lidar con escaseza de alimentos e o mercado negro. Chile vivía a Unidade Popular con aquel incómodo presidente que se converteu no primeiro socialista democraticamente electo. O mesmo que cría na vía pacífica para facer a revolución. O país estaba crispado politicamente e Estados Unidos interviña a través da CIA.
A pesar da euforia inicial, onde se cría até no imposible, dentro do goberno decatáronse de que a inxente cantidade de minas e fábricas nacionalizadas era un caos organizacional de pouca eficiencia
A pesar da euforia inicial, onde se cría até no imposible, dentro do goberno decatáronse de que a inxente cantidade de minas e fábricas nacionalizadas era un caos organizacional de pouca eficiencia, con empresas que mantiñan os seus xerentes orixinais e outras eran ocupadas polos seus empregados.
Medina narra o encontro entre o cibernetista e o presidente:
“Allende, con formación de patólogo, inmediatamente captou a inspiración biolóxica detrás do modelo cibernético de Beer e con coñecemento asentiu ao longo da explicación. Esta reacción deixou unha gran impresión no cibernético. "Expliqueille todo o maldito plan e todo o Modelo de Sistema Viable dunha soa vez; nunca traballei con ninguén que comprendese nin un chisco do que estaba a dicir". Unha vez que Allende gañou familiaridade coa mecánica do modelo de Beer, comezou a reforzar os aspectos políticos do proxecto e insistiu en que o sistema se comportase dunha “maneira descentralizada, con participación dos obreiros e antiburocrática". Cando Beer alcanzou finalmente o nivel superior da xerarquía do sistema, o lugar no modelo que Beer reservara para Allende, o presidente botouse cara atrás na súa cadeira e dixo: "Por fin, o pobo."
A Habana e Moscova traballaban dende había xa un tempo en proxectos computacionais para controlar a economía. Pero a aposta chilena era radicalmente diferente. No canto de dotar de máis poder ás xerarquías políticas do Partido Comunista, aquí perseguíase empoderar os obreiros
A Habana e Moscova traballaban dende había xa un tempo en proxectos computacionais para controlar a economía. Pero a aposta chilena era radicalmente diferente. No canto de dotar de máis poder ás xerarquías políticas do Partido Comunista, aquí perseguíase empoderar os obreiros para a toma de decisións. Se alí non lograba solucionarse o problema era derivado, como última instancia, á Sala de Operacións situada na capital.
Ops Room
O deseño é sinxelamente alucinante e o seu responsable foi o alemán Gui Bonsiepe, destacado membro da escola de ULM (Alemaña), principal debedora da Bauhaus
A Sala de Operacións merece mención aparte. O deseño é sinxelamente alucinante e o seu responsable foi o alemán Gui Bonsiepe, destacado membro da escola de ULM (Alemaña), principal debedora da Bauhaus. Usáronse principios da Gestalt para que a información chegase, se manexase e se entendese de modo simple e profundo. Sete cadeiras xiratorias dispostas nun círculo dentro dun espazo hexagonal onde se despregaban unha pantalla chamada Futuro (onde se mostraba un simulador da economía chilena), un esquema do VSM, pantallas de reportes de excepción en tempo real e outra de Datafeed para a presentación de datos económicos actuais.
Moi poucos botóns no brazo da cadeira demandaban un exercicio de síntese aos usuarios para poder manexar a información. Naquela época a mecanografía era un labor exclusivo de secretarias. Segundo Beer, había que “eliminar a moza entre a máquina e o usuario”. Este feito, para Medina, “é un recordatorio para os deseñadores de que as suposicións de xénero e clase poden afectar o deseño dun sistema tecnolóxico mesmo cando estamos a deseñar algo para un futuro utópico”.
O proxecto Cybersyn (en inglés, sinerxía cibernética), ou Synco (en español, Sistema de nformación y control), contaba de varias partes. Unha delas e a que alcanzou maiores resultado foi Cibernet, grazas, en parte, a que atoparon 500 máquinas de telex nunha adega militar. Con elas puideron desenvolver un sistema que conectase todas as empresas nacionalizadas e poder monitorear a súa produción e problemas a tempo real. As empresas comunicábanse coa Sala de Operacións e desde alí conseguíase saber o estado da produción.
O proxecto CHECO (Chilean Economy) pretendía modelar e predicir o sistema económico con simuladores de comportamento que se analizaban na Sala de Operacións. Para iso usouse un software orixinalmente desenvolvido para O Club de Roma.
Outra parte do proxecto foi chamada Ciberfolk, que implementaría un dispositivo en todos os fogares para que a xente opinase o seu acordo ou desacordo coas políticas do goberno
Outra parte do proxecto foi chamada Ciberfolk, que implementaría un dispositivo en todos os fogares para que a xente opinase o seu acordo ou desacordo coas políticas do goberno. Ciberfolk nunca se puxo en práctica máis aló de experimentacións piloto.
Cibernética versus morte
“Partes do proxecto foron útiles para o goberno. A construción dunha rede de télex en todo o país foi determinante durante dúas folgas xerais de camioneiros que desabasteceron o país"
Para a autora, Cibersyn non foi un disparate. “Partes do proxecto foron útiles para o goberno. A construción dunha rede de télex en todo o país foi determinante durante dúas folgas xerais de camioneiros que desabasteceron o país. Con esta rede, o goberno puido coordinarse coas fábricas e cos traballadores, entregar subministracións e buscar vías alternativas, xa que os camiños estaban cortados. Axudou o goberno a sobrevivir e sortear unha crise maior”.
Pero non cre que, dentro do contexto da Unidade Popular, fose efectivo o proxecto que imaxinaron os deseñadores: “porque en parte hai unha contradición alí de como modelas ou predís o comportamento dun sistema, neste caso dun sistema económico, que non ten presidente. Como modelas ou predís o comportamento dunha economía cando hai tantos factores que están fóra dese sistema sen influenciar o seu comportamento? Estamos a falar de mercado negro, de intervención de Estados Unidos. Como rexistras iso nun predictor económico?”.
"Como modelas ou predís o comportamento dunha economía cando hai tantos factores que están fóra dese sistema sen influenciar o seu comportamento? Estamos a falar de mercado negro, de intervención de Estados Unidos"
“Necesitas outorgar moita educación aos traballadores para implementar algo así”, continúa Medina. “Cando ves estes fermosos plans onde o sistema ía ser participativo e os traballadores ían modelar as súas propias fábricas e estarían involucrados no uso do sistema... Iso si necesita moita educación ao traballador. E cando ves todo o que estaba a ocorrer na realidade nos talleres e o que estaban a facer os traballadores como manter as máquinas en funcionamento, idear maneiras de administrar materias primas e subministracións cando non escaseaban. Tería sido moito pedir que enriba de todo este caos, houbese programas de adestramento e educación en sistemas computacionais de modelado de fábricas. E creo que Fernando Flores tamén tivo un comentario moi perceptivo e é que “a cibernética é un valor limitado cando alguén te quere matar”.
“A cibernética é un valor limitado cando alguén te quere matar”
Cibersyn non conseguiu saír do nivel prototipo e revolucionar a economía chilena. O 11 de setembro de 1973, tres días despois de que Allende ordenase trasladar a Sala de Operacións ao Palacio de Goberno, este foi bombardeado por Hawker Hunters da Forza Aérea. Medina lembra o encontro dos golpistas co proxecto: “Ao entrar os militares á sala, un preguntou: 'Isto están usado para o control do país?'. E un traballador deulle unha resposta moi cibernética: 'A que te refires por control?'. E a conversa non avanzou moito”. Ao pouco tempo, destruíron todo o feito polo equipo de Beer.
Comezaba a era da dereita neoliberal, que baixo o liderado de Pinochet tamén abría a economía chilena para a experimentación, aplicando as teorías económicas de Milton Friedman.
Comezaba a era da dereita neoliberal, que baixo o liderado de Pinochet tamén abría a economía chilena para a experimentación, aplicando as teorías económicas de Milton Friedman
Allende suicidouse o mesmo día do golpe militar. Moitos integrantes do proxecto exiliáronse, algúns tras sufrir persecución política. Stafford Beer regresou a Inglaterra, vendeu a súa casa e mudouse a unha pequena cabana en Gales sen auga potable. Renunciou a moitas das súas posesións e comezou a vivir unha vida máis sinxela. O seu traballo comezou a enfocarse a asuntos máis sociais. Empezou a escribir sobre pobreza, sobre cibernética e opresión, traballos para usar a cibernética para resolver conflitos políticos, etc.. Chile foi un punto de inflexión profundo para el. A súa influencia foi recoñecida por figuras como David Bowie, Brian Eno e segue sendo materia de estudo en diversas escolas de negocios.