Santiago acolle por primeira vez en España as 'Nerd Nites'

Unha nerd nite nos Estados Unidos © Dignified Conversation

As nerd nites comezaron a celebrarse en Nova York en 2003 e consisten nin máis nin menos que en charlas sobre política, medicina, literatura, arte, física ou matemáticas que se realizan en locais nocturnos. Na actualidade celébranse en 30 cidades de todo o mundo, principalmente nos Estados Unidos, pero hai un tempo que comezaron a chegar a Europa. Santiago acollerá este mes a primeira edición en España, nunha iniciativa na que colabora a USC. 

Os locais nos que terán lugar as charlas serán a Kunsthalle (20 de setembro), o Casino (23 de outubro) e a Nave de Vidán (27 de novembro), nos tres casos ás dez da noite. En cada nerd nite falarán tres nerds "sobre o seu traballo/pasatempo/tolemia/capricho ou pensamentos inconfesables", en charlas de 15 minutos, abríndose despois un tempo de charla entre eles e o público. Como din os seus organizadores "vai alí e serás un rariño (square)".

En cada nerd nite falarán tres nerds "sobre o seu traballo/pasatempo/tolemia/capricho ou pensamentos inconfesables"

O 20 de setembro no Kunsthalle estarán o critico David Barro (Por que a pintura xa non é pintura?), Miguel Lopez (Comer y “gastar” todo es empezar: el problema de la obesidad) e o politólogo Francisco Martinez (Spiderman e as redes do poder). O 23 de outubro no Casino falarán Chus Agra, Carmen Franco e Cristina Trigo da Galería C3 (Agora máis que nunca: construír utopías na educación artística), o matemático Carlos Diaz (Quen é o mellor?) e a profesora de psicoloxia da educación Carmen Pomar (El cocinero, el bizcocho y el paraguas: de la inteligencia inteligente). Finalmente o 27 de novembro a Nave de Vidán presentará a Casuarina Verreet (Si pueden porque no lo hacen? El trastorno por déficit de atención sin o con hiperactividad), o biólogo molecular Manuel Collado (En busca de la fuente de la eterna juventud) e o físico Javier Mas Solé (Perdidos en el Espacio-Tiempo).

Unha nerd nite nos Estados Unidos © Dignified Conversation

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.