Supermans, Raios X, proteínas e becarios

Dominio Público Praza Pública

Daniel Piso publica en Cianuro nas Mazás, o blog de ciencia de Praza Pública, reflexiona sobre a importancia de termos recursos humanos e materiais para a investigación. Ou se non, "teremos que seguir confiando e que os científicos galegos sexan Supermans".

Superman empregaba os Raios X para ver a través das paredes. Esta personaxe da editorial DC Comics foi creada alá polo ano 1932. Ten sentido que os seus creadores pensaran en poñer este atributo nos ollos desta xa icona da cultura popular. Por aqueles anos, a investigación neste campo atopábase en plena efervescencia. Sen ir máis lonxe, no ano 1931 a área de cristalografía (que empregaba os Raios X para determinar a estructura atómica dos cristais) e transferida ó archirecontraconocido Laboratorio Cavendish da Universidade de Cambridge baixo a dirección dun tal J. D. Bernal. Ás veces da a impresión de que todo o que pasou por alí converteuse en ouro científico e esta non foi unha excepción. Agora veremos por qué.

Os Raios X foran descubertos por Wilhelm Röntgen in 1895. Desde un principio, as aplicacións médicas desta radiación estaban claras. Pero aínda non se albiscaban outros usos daquela

Os Raios X foran descubertos por Wilhelm Röntgen in 1895. Desde un principio, as aplicacións médicas desta radiación estaban claras. Pero aínda non se albiscaban outros usos daquela. Foi Max von Laue o que dou o seguinte paso, descubrindo que os fenómenos de interferencia e difracción, xa conocidos para a luz, eran tamén aplicables neste caso. Esta posibilidade ven dada polo feito de que a distancia entre os átomos en moitos materiales é da mesma orde que a lonxitude de onda destes raios. Pouco despois, os Bragg (pai e fillo) recibiron o premio Nobel polos seus traballos usando a diffracción de Raios X para determinaren a estructura de cristais.

Volvendo a J. D. Bernal. A súa grande idea foi pensar que igual se podían empregar todas estas técnicas con Raios X para descubriren cómo eran moitas moléculas de interese biolóxico. Concretamente interesouse por unha proteína chamada pepsina. Esta pepsina fora cristalizada por un estudiante de Oxford de visita de investigación en Uppsala, Suecia. Outro amigo científico de Bernal visita este laboratorio, ve a proteína cristalizada e lévalla a Cambridge porque pensa que pódelle interesar. Coa axuda dunha estudiante de Oxford (Dorothy Crowfoot), de estancia en Cambridge, iluminan con Raios X a proteína e obteñen unha fotografía que publican en Nature no ano 1934.

Foron dous discípulos de Bernal, Perutz and Kendrew en Cambridge os que chegaron a determinaren por primeira vez a estructura de dúas proteínas relevantísimas como foron a mioglobina e a hemoglobina, encargadas do transporte de osíxeno nos organismos. Este fito dou lugar a centos de posteriores investigacións da estructura das proteínas que aínda continúan, e que son claves para entendermos a vida, as enfermidades e incluso a evolución.

Foron dous discípulos de Bernal, Perutz and Kendrew en Cambridge os que chegaron a determinaren por primeira vez a estructura de dúas proteínas relevantísimas como foron a mioglobina e a hemoglobina

Pero este traballo non foi só realizado por Perutz e Kendrew. Nun edificio pequeno en Cambridge , que eles chamaban A Choupana (The Hut) e que fora acondicionada coma laboratorio, ateigábanse un fato de rapaces novos. Traballaron arreo durante case tres anos baixo a atenta mirada dos seus maestros. Un deles era Bror Strandberg que en 1958 chegaba a Inglaterra nunha viaxe de investigación desde Uppsala. Strandberg voltaría a Uppsala en 1959 despois de remataren o achado da estructura das proteínas. O seguinte deles era Richard E. Dickson. Este formárase na Universidade de Minessota, e tras pasar por Leeds recalou en Cambridge. Tamén no ano 59, Dickson collía un barco de volta para traballar na Universidade de Illinois. O último deles, Michael G. Rossman, viña da Universidade de Glasgow, en Escocia. Tempo despois tamén collería rumbo cara a Purdue University en Estados Unidos.

O epílogo desta historia ten lugar 50 anos despois. Strandberg, Dickson e Rossman escriben un emocionado recordo daqueles apenas tres anos en forma de artigo (ver abaixo). Xa convertidos, xunto con outros coma Dorothy Crowfoot, nos pais e nais da cristalografía de proteínas, lembran a importancia dos líderes daquel traballo. Pero tamén a que tiveron aquel fato de becarios do que eles formaban parte, sen os que nada daquelo poidera ter sido.

Por casos de éxito coma este e polo que os científicos teiman tanto en dicir que necesitan mobilidade, que necesitan medios para iren, e tamén para volveren!!!. Só estando no sitio correcto no lugar axeitado grandes historias coma esta poden ser posibles

Por casos de éxito coma este e polo que os científicos teiman tanto en dicir que necesitan mobilidade, que necesitan medios para iren, e tamén para volveren!!!. Só estando no sitio correcto no lugar axeitado grandes historias coma esta poden ser posibles. Pero esto costa cartos. A estas alturas xa sería moito ver que, como país, poidesemos manter un debate serio para decidirmos se nos é rentable económica e socialmente gastar eses cartos. Pero vendo os xornais e escoitando a radio estas semanas, non parece que poidamos ser moi optimistas. Teremos que seguir confiando e que os científicos galegos sexan Supermans.

Para saberes mais: B. Strandberg, R. E. Dickerson and M. G. Grossman, “50 Years of Protein Structure Analysis”. Journal of Molecular Biology 392, 2-32. 2009

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.