Tres de cada catro galegos cren que debe aumentar o investimento público en ciencia

Recipientes de laboratorio CC-BY-NC-SA tk-link

A Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, FECYT, vén de presentar os datos da VI Enquisa de Percepción Social da Ciencia e a Tecnoloxía en España, que se levou a cabo en todos os territorios do Estado. En xeral, pódese dicir que o interese de galegos e galegas pola ciencia e a tecnoloxía é aínda escaso e redúcese a un sector pequeno da poboacíón: o 11,3%. Porén, advírtese unha tendencia ao crecemento dende os datos moi inferiores de 2004: 6,4%. O interese é maior nos homes que nas mulleres e moi superior entre os menores de 35 anos, entre os que rolda o 20%, que noutros grupos de idade.

Sete de cada dez entrevistados cren que debería incrementarse o investimento público en ciencia e tecnoloxía, mentres que un 20% opina que debería manterse e apenas un 3% que debería reducirse

Sete de cada dez entrevistados cren que debería incrementarse o investimento público en ciencia e tecnoloxía, mentres que un 20% opina que debería manterse e apenas un 3% que debería reducirse. De igual xeito, catro de cada dez galegos afirman que estarían dispostos a facer doazóns económicas para financiar proxectos de investigación.

Os galegos e galegas afirman que a súa cultura cientifica é "baixa" ou "moi baixa" e só un 7% a considera "alta" ou "moi alta". En canto á profesión de investigador e investigadora, os galegos consideran que ser científico compensa personalmente (70,0%), é atractivo para a xente nova (61,2%) pero tamén opinan que non ten un alto recoñecemento social (65,1%) e que é unha profesión que está mal remunerada (54,4%). Una gran maioría asocia a ciencia con mellora da calidade de vida (92,1%) e desenvolvemento económico (91,1%). 

A televisión é o medio preferido dos galegos para informarse sobre ciencia e tecnoloxía (43,8%), seguido de Internet (32%) e da prensa impresa (9,1%)

A televisión é o medio preferido dos galegos para informarse sobre ciencia e tecnoloxía (43,8%), seguido de Internet (32%) e da prensa impresa (9,1%). Entre os menores de 45 anos o uso de Internet para informarse sobre estes temas supera o 70%.

Profesionais sanitarias dun hospital galego © Sergas

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.