“Doing the Lesson” or “Doing Science”: Argument in High School Genetics foi publicado en 1999 e é pioneiro dunha liña emerxente a principios da pasada década sobre argumentación e uso de probas. Aleixandre e Bugallo analizaron, xunto co profesor Richard A. Duschl (Penn State, EE.UU), analizaron a capacidade dos alumnos dun instituto galego para xerar ideas e argumentos científicos nunha aula centrada na xenética.
As investigadoras observaron e gravaron os e as alumnas, mentres conversaban sobre os temas expostos na clase, distinguindo entre aqueles argumentos máis ligados con seguir ou facer a lección e aqueles outros máis creativos, relacionados co método científico. Segundo Aleixandre, a razón de que o artigo tivera tantas citacións (un cento na última década, un número elevadísimo para un texto de ciencias sociais) débese a que traballaron nun ámbito, o da argumentación, moi pouco tratado daquela, e polo tanto este texto se usou decote como referencia en investigacións posteriores.
Todo isto levou o artigo a ser o texto español de investigación educativa máis citado dos publicados nas revistas do Social Sciences Citation Index (SSCI) na década 1998-2009. O ranking, que se pode consultar no número 250 de Revista Española de Pedagogía, foi elabadi polo profesor Antonio Fernández-Cano. Segundo o investigador da Universidade de Granada, nos dez anos estudados publicáronse 1.067 artigos españois, dos que o 71% procede das 15 universidades máis produtivas, entre as que figura a USC na 13 posición, con 30 artigos. Do total deses 1.067 só 74 teñen dez ou máis citas.