A 'Artesanía dixital' galega: o traballo coas mans de profesións non tan diferentes da vella artesanía

Artesanías Dixitais CC-BY-SA Bencuriosa

 

A artesanía pódese entender hoxe dun xeito moi distinto a como se facía no pasado. Mudan as ferramentas e os soportes, e xa son moitos os artesáns e artesás que crean e traballan empregando as novas tecnoloxías dixitais (que xa non son tan novas). Artesanías Dixitais é un webdoc (un documental web multimedia) dirixido por Antón Varela que nos presentanos a doce creadores e creadoras galegas que traballan en novas profesións: deseño de videoxogos, programación de apps, ilustración dixital, recreación histórica 3D, fotogrametría, arte dixital...

O documental busca "ofrecer unha panorámica sobre as profesións ou áreas de traballo emerxentes vinculadas á creación dixital e que teñen un vínculo real con profesionais, empresas e itinerarios educativos de Galicia"

O proxecto, producido por BenCuriosa ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 impulsado dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística) busca "ofrecer unha panorámica sobre as profesións ou áreas de traballo emerxentes vinculadas á creación dixital e que teñen un vínculo real con profesionais, empresas e itinerarios educativos de Galicia". 

Como destacan dende BenCuriosa, "estas disciplinas, aínda que non o pareza, teñen moito en común coas vellas artesanías. Os seus profesionais traballan coas mans, o seu oficio require coñecemento amplo da técnica e das ferramentas, e é froito de anos de experiencia, e ademais desenvolven novos saberes". "Eles e elas constrúen a nosa cultura dixital", conclúen.

Os creadores e creadoras de 'Artesanías Dixitais' © Bencuriosa

"Estas disciplinas, aínda que non o pareza, teñen moito en común coas vellas artesanías. Os seus profesionais traballan coas mans, o seu oficio require coñecemento amplo da técnica e das ferramentas, e é froito de anos de experiencia, e ademais desenvolven novos saberes"

A revista dixital Vinte vén de dedicarlle ao webdoc unha reportaxe ('Artesanías dixitais'. Arte, orgullo e un ordenador) na que afonda nos contidos do documental e presentan a algún dos seus e das súas protagonistas, como a artista dixital Marta Verde, o programador de apps Brais Moure, a ilustradora Cristal Reza, Anxo Miján, dedicado á recreación histórica, ou os docentes Rocío Romar e Xacobo de Toro, profesores no IES Urbano Lugrís de Malpica e creadores de Xeoclip, un proxecto educativo que usa novas linguaxes como as panorámicas en 360º ou a realidade aumentada, para crear contidos sobre ciencias que se poida usar en calquera aula e do que xa falamos en Praza.gal.

Artesanías dixitais preséntase en dúas versións: unha nun formato documental lineal e tradicional de 38 minutos e outra máis interactiva, máis axustada ao formato de webdoc. Antón Varela, dedicado nos últimos anos á creación de contidos para rede, gañou en 2016 o Premio á Mellor Webserie de Animación no Carballo Interplay con Orfanato Atroz. En 2019 recibiu o Accésit nos III Premios María Luz Morales na categoría de “Ensaio escrito sobre audiovisual contemporáneo”. O pasado ano publicou a webserie documental Os 20 do XX para a revista Vinte, unha produción premiada no festival Carballo Interplay como mellor webserie en versión orixinal en galego.

Artesáns e artesás dixitais no webdoc

Preséntase en dúas versións: unha nun formato documental lineal e tradicional de 38 minutos e outra máis interactiva

Como destaca a reportaxe de Vinte, "a maioría deles viven dos produtos e servizos que manufacturan con técnicas dixitais: outros úsanos para innovar dentro das súas profesións, máis clásicas. Pero todos eles teñen en común o orgullo e a ilusión por crear artefactos que non existían antes, e tamén a ansia por desenvolver e compartir novos coñecementos". Velaquí a lista de artesáns e artesás:

Artesanías Dixitais CC-BY-SA Bencuriosa

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.