A Illa de San Simón, ante un futuro incerto

Festival Sinsal en San Simón © Sinsal Audio

Non ten sorte a Illa de San Simón. Un espazo tan fermoso e singular, que atravesou fases moi distintas na súa historia, de lazareto a campo de concentración, e tan ligado ademais ao crecemento do porto e da cidade de Vigo. Porén, pasou as últimas décadas do século XX nunha situación de práctico abandono e os plans que dende a Xunta se levaron a cabo nos anos noventa para recuperar o lugar foron adiándose e adiándose. Finalmente chegou a rehabilitación a cargo de César Portela e en 2007 a constitución dunha Fundación que debería xestionar o espazo e aproveitar todo o seu potencial.

A Fundación non tiña unha función meramente conservadora, senón que debía poñer en marcha un conxunto de actividades para fomentar e difundir a cultura, a economía e a investigación galega dentro e fóra do país. Entendendo que a cultura podía ser un gran xerador de riqueza

A Xunta decidiu este mércores liquidar a Fundación, que tiña un orzamento anual de ao redor de 250 mil euros, non moito máis do que custa manter estes 30.000 metros cadrados e os edificios construídos na illa. Pero a Fundación non tiña unha función meramente conservadora, senón que debía poñer en marcha un conxunto de actividades para fomentar e difundir a cultura, a economía e a investigación galega dentro e fóra do país. Entendendo que a cultura podía ser un gran xerador de riqueza para Galicia. E así foi. Por San Simón pasaron ducias de encontros, conferencias e debates en moi diversas materias. E todas cun obxectivo de difundir Galicia en todo o mundo, sobre todo en América Latina. Dise ademais que as persoas que pasaban por San Simón ficaban convertidos de inmediato nos seus embaixadores.

As actividades comezaron en xuño de 2010 e en 2011 pasaron por San Simón ao redor de dez mil persoas. Neses ano acadouse o maior periodo de uso continuado da illa de San Simón, con máis de 170 días de actividade de marzo a novembro, en 52 actividades con difusión internacional. En 2012 a cifra de visitantes creceu un 20%, até as doce mil.

En 2012 a cifra de visitantes creceu un 20%, até as doce mil

Entre as actividades que se levaron a cabo en San Simón destaca NeuroMagic, que converteu Galicia en referente internacional coa presenza de magos e neurólogos famosos no mundo enteiro. Ou o encontro #NeThinking sobre comunicación sobre comunicación coa participación de Eva Hache, Nacho Vigalondo, Julián Hernández, José Jiménez Moltó (Kurioso), Javier Pedreira (Wicho), Mario Tascón ou Antonio Delgado. Tamén o Forum Ciceron, no que participaron 32 dos alumnos cos mellores expedientes das tres universidades galegas. Ou o I Encontro Científico Bilateral España-Brasil. E o éxito do Festival Sinsal, unha cita musical de referencia en toda Europa. E por suposto o programa de visitas no verán ou os actos dedicados á memoria histórica.

Queda por saber que vai ser agora de San Simón, sendo conscientes de que a mellor forma de manter ben conservado este espazo é que teña actividade

Queda por saber que vai ser agora de San Simón, sendo conscientes de que a mellor forma de manter ben conservado este espazo é que teña actividade. E sendo conscientes do inigualable valor deste espazo e das potencialidades para a imaxe exterior de Galicia. Hai que agardar que a onde a de recortes respete este lugar e que a illa non teña que dicir "cercáronme as ondas, que grandes son".

Illa de San Simón © Praza Pública
Festival Sinsal en San Simón © Sinsal Audio

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.