Este sábado remata a XVII edición da MITEU, a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, que durante 16 días trouxo á cidade das Burgas artistas e compañías de teatro e danza tanto universitarios como profesionais procedentes de 11 países: Galiza, España, Portugal, Italia, Arxentina, México, Nicaragua, EEUU, Escocia, Francia, Países Cataláns...), e coma sempre, cun éxito de crítica e público inusual para un festival de teatro universitario. Como fin de festa, dúas funcións e un concerto porán o broche despois da correspondente entrega de premios no Teatro Principal. A primeira, Maricastaña, o nivel superior da Aula de Teatro Universitaria, que presentará Un novo mundo feliz, adaptación do clásico de Aldous Huxley.
Maricastaña é sempre a encargada de pechar o festival, e adoita esgotar as entradas. O ano pasado fíxoo con Leve (a nada entre as mans), adaptación de Seda, de Baricco, que levou o premio da FITUC de Casablanca á mellor escenografía, e nesta edición será Un mundo feliz, de Aldous Huxley, o clásico elixido por Fernando Dacosta para darlle a súa particular pegada de estilo e a interpretación dos mozos e mozas do último nivel, o máis profesional dos tres que compoñen a Aula de Teatro Universitaria de Ourense.
Maricastaña é sempre a encargada de pechar o festival, e adoita esgotar as entradas. O ano pasado fíxoo con Leve (a nada entre as mans), adaptación de Seda, de Baricco, que levou o premio da FITUC de Casablanca á mellor escenografía, e nesta edición será Un mundo feliz, de Aldous Huxley
Unha crítica daquela ao fascismo que emerxía, e a esa “sociedade de orde e benestar” que pretendía impoñer, no ronsel do último espectáculo de Dacosta, Schengen, e dentro da “tetraloxía do futuro adverso”, que completan outras adaptacións súas como O país das últimas cousas, Fahrenheit 451, e 84. A montaxe será na liña última do dramaturgo e director ourensán, “espazo total, sen aforos, con estruturas de madeira que evocan os distintos lugares polos que transcurre a acción, cos actores en escena de principio a fin e que representan multitude de personaxes. Transicións rápidas levadas polas imaxes do fondo e a claridade do espazo aberto, cambios de vestiario vertixinosos, todo á vista coas énfases necesarias. Luz e música escenográficas e que levan á consecución das emocións. Unha obra contundente, de advertencia, de distopía”. Será ás 20.20 no Teatro Principal, por tan só 2 euros.
Ás 20 horas entregaranse os premios do Xurado e do Espectador Carlos Couceiro e Begoña Muñoz, así como o Suso Díaz á Mellor Resolución Técnica, para aquelas compañías que non perciben caché
Xusto antes, darase entrega aos premios do Xurado e do Espectador Carlos Couceiro e Begoña Muñoz, así como o Suso Díaz á Mellor Resolución Técnica, para aquelas compañías que non perciben caché. Será ás 20.00.
E ás 23.00, Marco Canale (Guatemala e Arxentina) porá en escena La puta y el gigante, no Auditorio
E ás 23.00, Marco Canale (Guatemala e Arxentina) porá en escena La puta y el gigante, no Auditorio. Unha obra que “nace da acción de procurar unha e outra vez artigos de El País en Internet, seguindo os nomes das diferentes masacres realizadas en Colombia por paramilitares durante o goberno de Álvaro Uribe, sen atopar practicamente ningunha”, de “ler as palabras dos xornalistas que falan de democracia, axuda ao desenvolvemento e terrorismo, e que nunca nomean a dimensión económica das masacres: os negocios do narcotráfico, os terratenentes e a construción de hidroeléctricas ou as perforacións petrolíferas feitas polas empresas trasnacionais”; dunha viaxe polo sur de Colombia, das lembranzas e persoas que coñeceu alí; da “vergoña” e da “necesidade”.
Unha mostra máis do teatro latinoamericano máis recente e comprometido coa sociedade, con especial atención ao indixenismo. Xa para rematar, os Bad Busted Cream, grupo ourensán de hard rock, darán un concerto no Café Cultural Auriense, a partir da unha da madrugada, co que se pechará definitivamente a XVII MITEU. Máis info no blog de teatro O Galiñeiro