A sombra de Drácula na Coruña

O encontro debateu durante dous días os mitos vampíricos CC-BY-SA Alfredo Pardo

Baixo o inexorábel paso do tempo cúmprese un século da morte do escritor irlandés Bram Stoker. A presenza do Conde extendeuse de forma perceptiva no Encontro Draculiano celebrado hai unhas semanas na Fundación Luis Seoane da Coruña. A UIMP exerceu de anfitrión en dous intensos días cunha profunda análise da vampírica novela universal. Jesús Egido Salazar e Eduardo Riestra –Director e Secretario do Encontro- xunto a Xosé Luis Barreiro Rivas –Director da UIMP de Galicia- inauguraron “este atípico curso académico do tema vampírico” da creación literaria do mito moderno. Asemade, a Fundación acolle a Mostra Drácula, un monstro sen reflexo que conta cunha amálgama de obra gráfica extensiva nas distintas representacións artísticas do non morto de Transilvania.

 

O mito literario do vampiro

O amor do sangue no imaxinario colectivo esperta xa fascinación nas culturas primitivas –como os aztecas-. Reinterpretando os oníricos fundamentos psicoanalíticos de Freud, “o vampirismo equivalería a unha especie de drogadicción, coma un bico anestésico –apunta Luis Alberto de Cuenca. Escritor e Académico da Historia-“. A fonte da eterna xuventude da condesa Erzsébet Bathory e as súas sanguentas orxías. Os xogos impíos sobre as tumbas e os cadaleitos sospeitosos da maldición vampírica. A parafernalia ritual de “estacas de fresno, queimar o defunto e/ou decapítalo e esparcir as cinzas –sinala Luis Alberto-“  foi o remedio universal contra o vampiro e asentaron as bases da mitoloxía folclórica europea.

A asimilación e identificación simbólica de Drácula “tivo unha similitude coa industria chupasangue na clase obreira” e tamén de “certo proxenitismo, xa que actúa e transmite a inmortalidade” afirma Alberto de Cuenca.  Dende os inicios da literatura vampírica –a mediados do século XVIII-, o monxe benedictino Dom Augustin Calmet publica en París Tratado sobre los vampiros. Un manual de vampiroloxía que pretendía pechar definitivamente a controvertida cuestión do vampirismo. Mentras o romanticismo negro apodérase das artes gráficas, John William Polidori introduce o vampiro na literatura en prosa con Vampyre. A novela Carmilla de Le Fanu introduce novos elementos narrativos –explotando a dimensión sexual do romanticismo lésbico- , encarnando o Maligno unha muller vampiro que transgride a moral victoriana. As cartas eruditas, opúsculos e disertacións do ourensán benidictino Benito Feijoó sobre as supersticións vampíricas.

 

O vampiro no cinema

O despertar do vampiro no celuloide “transmite anhelos do seu tempo e contén un componente sexual, incluíndo un complexo de castración xa que só penetra coa súa boca cos colmillos fálicos, apunta José Luis Castro de Paz, Doutor en Historia do Cine-“. As orixes dos filmes de vampiros como Nosferatu de Murnau -1922-, a ritmo do expresionismo alemán;  a perspectiva de Drácula -1931- de Tod Browning que “transforma para sempre a iconografía do vampiro, apunta Castro de Paz-“; os filmes Horror of Drácula -1958- e Drácula, príncipe de las tinieblas -1966- de Terence Fisher aportan  “elegancia formal cun detallismo extremo". Xogos de cámara, erotismo e cambio de pasaxes do guión, cun Christopher Lee elegante, áxil e sedutor; as novas artes da linguaxe visual do Drácula -1979- interpretado por John Badham aportaría “a transformación fílmica do que viría despois, anunciando o rexurdir romántico que chora pola súa amada, converténdose nun novo Tristán”; a reformulación da novela no filme Drácula -1992- de Coppola “a historia do encontro co seu amor, un vampiro con gafas que deslumbra co seu abigarramento detendo o tempo”.


A mín mordeume un vampiro

Nesta paisaxe transilvana, a reproducción do realismo en fotogramas da imaxe cinematográfica, co retrato detallado da actriz e escritora Emma Cohen, que rememorou cunha vivaz profundidade de campo a atmósfera descriptiva das secuencias onde participou. As ordes de Jesús Franco “eu formei parte das criaturas prohibidas. Os 22 anos mordeume Cristopher Lee, recorda Emma Cohen-“ en El Conde Drácula -1970- xunto a Soledad Miranda e Lina Romay. Neste caos organizado, Pere Portabella fai unha rodaxe paralela coa polémica obra Cuadecuc, vampir, “unha película clave de transición dos novos cines franquistas” interpretada tamén por Emma Cohen.

Na envoltura física das imaxes animadas, Emma Cohen fai de vampiresa en El espanto surge de la tumba -1972- “ópera prima de Carlos Aured e rodada en catro semanas”; El extraño amor de los vampiros -1975- filme de León Klimovsky e La cruz del diablo -1975- onde “éramos vampiras fílmicas para mostrar a nosa dianteira”. Nesta covampiración celuloica, fundamental o método Stanislavski e “a libreta Draculina, para entrar no mundol vampiresco”. Neste contacto material xurde a proxección e transformación da composición do vampiro a través de Vlad Tepes, Isabel Báthory, Carmilla e o poema As flores do mal de Charles Baudelaire que serviron para facer de vampiresa.

 

Drácula, historia dunha novela

Mutatis mutandis, El no muerto. Óscar Palmer –Escritor, tradutor e autor da edición comentada de Drácula- desmitificou que Vlad Tepes fose a fonte de inspiración de Bram Stoker, “xa que tomaba notas, cunha organización complicada, mes por mes e día por día, anotando toda a esquematización da novela”. Nos seus minuciosos manuscritos do representante do actor Henry Irving nunca se atopou referencia o Príncipe de Valaquia, “Stoker non era o Stephen King da época, Drácula é unha novela sumamente romántica, propia da época victoriana que ofrece moitas reinterpretacións por un conflito interno que pódese ir adaptando –cine, novelas, cómics-. Reinventándose con antropoloxías ideolóxicas. Unha novela multidocumental e complexa de estudo constante, sinala Palmer-“

 

O vampiro e o terror na literatura española

Neste mar de letras ibéricas con escarpados acantilados editoriais de “profundo poso realista e connotacións costumbristas. Xirando sobre a sociedade e realidade;  reflexa o medo e temor na tradición literaria española, opina Jesús Palacios –Escritor e crítico de cine-“. O vampirismo nas letras de xénero fantaterrorífico cañí ten unha conexión coa realidade. Tanto que “é moi bruta”.

Emilia Pardo Bazán cos seus contos de sátira e crítica social, Castelao coa estructura estereotipada do Vampiro/Cacique desangrando o pobo, toda “unha metáfora marxista”, Wenceslao F. Flórez e os seus contos de “terror materialista” e Rubén Darío, entre outros, figuran na lista de Palacios coma precursores na literatura vampírica.

Nos anos sesenta, en plena explosión da novela fantástica, popular, folletinesca e de serie B “aparecen as primeiras edicións de Drácula”. Neste sendeiro de lecturas errantes, Jesús Palacios destaca libros como Las historias naturales de Joan Perucho, Yo fui guía en el infierno de Fernando Arias e Las noches lúgubres de Alfonso Sastre “negrorrealismo pegado á realidade e costumbrismo social”. Actualmente afirma Palacios que publícase moito “pasando da sequía ó abuso e caendo no tópico, sin sinais de identidade. Existe a literatura de vampiros pero moi pegada á realidade, esto fai que sexa única e diferente, abogaría por unha base da tradición hispana do xénero. É feo, pero é noso”.

 

A muller vampira

O mito, a tradición e a lenda. Os paralelismos simbolóxicos que representan Lilith, un mosquito, morcegos, Vlad II Tepes Drakulea ou a Condesa Bathory. A chegada do romanticismo esotérico “con Hoffmann iniciando unha nova forma de narrativa, sinala Alicia Mariño, -profesora de Filoloxía e Crítica literaria da UNED- con seres necrófagos na novela curta Vampirismo; protagonizada por la vampiresa Aurelí”. Outras féminas chupasangues aparecen en Deja dormir a los muertos, El esqueleto del Conde, La amante del vampiro, El vampiro, La dama pálida, La vampira de Poe “onde relata os estados internos e psicolóxicos, con angustia e suspenso”,  La muerte enamorada de Teófilo Gautier “reflexo da búsqueda do amor absoluto no más alá”.

Alicia Mariño califica Carmilla “coma unha obra mestra de vampirismo feminino de temática lésbica e que tivo unha gran influencia en Stoker”. Na actualidade hai unha estraña desorientación vampírica adaptando o vampirismo a distintas versións para literatural xuvenil –Crepúsculo-, nenos, relatos e pornográficos. Un mundo indefinidamente aberto a novos mercados, transportando e metamorfoseándose o mito a novas xeracións e facéndose cada día máis inmortal.

 

O vampiro no cómic

As escenas análogas do vampiro na novena arte esperta según Javier Alcázar Guijo –Escritor e teórico da historieta- en 1952 “coa historieta Dracula! publicada no nº 12 do comic de terror Eerie”. As distintas adaptacións draculianas en qadriños pasan pola banda deseñada de Filipinas co Drácula de Pendulum Press -1973- e/ou Brasil co serial Drácula. A sombra da noite –Nova Sampa, 1985-. Reinventando e reproducindo a continuidade do personaxe ata límites insospeitados.

A equilibrada transformación do vampiro baixo os lapis de Gene Colan na serie La Tumba de Drácula –quizáis a obra cumbre do Conde de Transilvania-, a distinta visceralidade en distintos contrastes de forma perturbadora, desaxustada, transtornada, bizarra ou moderna en constantes aclimatizacións editorias. A contemplación agrietada na península ibérica, crea unha inconscente dixestión co apócrifo tebeo La Vuelta del Vampiro “Drácula” de López Rubio -1944- saíndo da tumba coa benevolencia da Editorial Rialto e a colección Diamante Negro; El Vampiro Draculín na revista infantil Chispa -1948- ou En la Mansión de Drácula nunha aventura de Roberto Alcázar y Pedrín -1973-.

 

Proxección Drácula -1931-

A inmortalidade do mito –suxeito e obxeto- na xeneralizada diagnose do Conde, xurdiu en imaxe coa proxección do filme Drácula -1931- da Universal Pictures en versión española de George Melford, con Carlos Villarías e Lupita Tovar. A imaxinaria realidade da lectura dramatizada polo actor Emilio Gutiérrez Caba –protagonista da obra teatral Drácula, dirixida por Eduardo Bazzo e Jorge de Juan- encadenou a representación de esceas parlantes na permanecia do Conde Drácula.

O encontro debateu durante dous días os mitos vampíricos © Alfredo Pardo
Óscar Palmer CC-BY-SA Alfredo Pardo
Emilio Gutiérrez Cava © Alfredo Pardo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.