'Arraianos', mellor filme galego de 2012 para os críticos

Un fotograma de Arraianos © Praza Pública

O blog especializado en cinema Acto de Primavera puxo en marcha este ano un premio para recoñecer o mellor filme galego do 2012 a través das votacións de 21 xornalistas e críticos, que nas últimas semanas remitiron as súas eleccións. Entre outros participaron Pilar Comesaña, Montse Dopico, Miguel Anxo Fernández, Eduardo Galán, Xurxo González, Ifrit, Moncho Lemos, José Luis Losa, Iago Martínez, Martin Pawley, Víctor Paz, Jaime Pena ou José Manuel Sande.

Sumados todos os votosArraianos, o filme de Eloy Enciso, foi o gañador por diante de Montaña en sombra (Lois Patiño), Anacos (Xacio Baño), La Brecha (Marcos Nine) e A cicatriz branca (Margarita Ledo). Arraianos xa obtivo o premio da sección Nuevas Olas no Festival Internacional de Cine de Sevilla, dotado con 15.000 euros para apoiar a distribución comercial do filme en España.

 

Estes son os resultados das votacións en Acto de Primavera:

1. Arraianos (Eloy Enciso), 67 puntos, 15 mencións.
2. Montaña en sombra (Lois Patiño), 43 puntos, 12 mencións.
3. Anacos (Xacio Baño), 24 puntos, 6 mencións.
4. La Brecha (Marcos Nine), 20 puntos, 8 mencións.
5. A cicatriz branca (Margarita Ledo), 16 puntos, 6 mencións.
6. Dos fragmentos / Eva (Ángel Santos), 15 puntos, 6 mencións.
7. Los increibles (David Valero), 14 puntos, 4 mencións.
8. Nacional VI (Pela del Álamo), 13 puntos, 6 mencións.
9. Goitik behera, behetik gora (Vicente Vázquez, Usue Arrieta), 12 puntos, 5 mencións.
Fóra (Pablo Cayuela, Xan Gómez Viñas), 12 puntos, 4 mencións.
Lupita (Xurxo Chirro), 12 puntos, 4 mencións.
12. El sexo de los ángeles (Xavier Villaverde), 10 puntos, 3 mencións.
13. Vilamor (Ignacio Vilar), 8 puntos, 2 mencións.
14. O apóstolo (Fernando Cortizo), 6 puntos, 3 mencións.
15. Piedad (Otto Roca), 5 puntos, 2 mencións.
Curta nº 3 (Xoán Escudero), 5 puntos, 1 mención.

Un fotograma de Arraianos © Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.