Begoña Caamaño, María Reimóndez e Xurxo Souto, finalistas do premio Álvarez Blázquez

Entrega dos Premios da Edición 2014 © Xerais

A Asociación Galega de Editores deu a coñecer as obras e autores finalistas dos seus Premios da Edición, que se entregarán na Noite da Edición. O mércores 28 de xaneiro finalizou a fase de votacións e os libros, autores e proxectos finalistas pasarán agora a un xurado composto por un libreiro, unha bibliotecaria, un xornalista, un escritor e un editor, este último sen vinculación coas as empresas editoriais asociadas. Begoña Caamaño, María Reimóndez e Xurxo Souto son candidatas ao premio Álvarez Blázquez, que recoñece o mellor autor ou á mellor autora do ano, no caso de Begoña Caamaño, de forma póstuma.

Os Premios da Edición naceron para poñer en valor o traballo do sector editorial galego ao longo dun ano. O que os diferencia do resto dos que se convocan no ámbito do libro é que premian a escolla da editorial, recoñecendo esa outra parte de autoría que aportan os editores cando elixen os libros que van editar. O sistema de votación consiste nunha primeira proposta de candidaturas, tres por editorial e categoría, realizada polas empresas que o desexen, e unha segunda na que os editores votan a dúas candidaturas de cada categoría, agás as propias.

Premio Ánxel Casal ao libro de ficción 2014: ICARO, de Federico Delicado, Kalandraka Editora. A viaxe de Gagarin, de Agústíon F. Paz. Edicións.  Xerais. Salseiros, de Suso Lista. Edicións Embora. Sonámbulos, de Suso de Toro.  Edicións Xerais. Dende o conflito, de María Reimóndez. Edicións Xerais.

Premio Ánxel Casal ao libro de poesía ou teatro no ano 2014: Onde nunca é mañá, de Manuel Álvarez Torneiro, Kalandraka Editora. Anamnese, de Eli Rios. Sotelo Blanco Edicións. Dun lago escuro, de Marta Dacosta. Edicións  Xerais. Atravesar o fantasma, de Carlos Callón. Edicións Xerais. Os privilexios dos sonámbulos, de Pablo Bouza. Alvarellos Editora.

Premio Ánxel Casal ao libro de non ficción ano 2014: O soño galego de Julio Cortazar, de Francisco X. Fernández Naval. Ediciones Linteo. Galleira.Passport. Crónicas viaxeiras do século XXI, de Luís Méndez. Alvarellos Editora. María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares ( 1880-1970), de Ana Romero Masía. Baía Edicións. Á prócura da poesía, de Aurora López e Andrés Pociña. Alvarellos Editora.

Premio Lois Tobío á tradución no ano 2014: Cidade de cristal, de Xabier Queipo. El Patito Editorial. Tratado Lóxico-Filolóxico, de Xoán Fuentes Castro. Toxosoutos. As floriñas de San Francisco, de Dario X. Cabana. Alvarellos Editora. Ofrenda á tormenta, de Ramón Nicolás. Edicións Xerais.

Premio Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado do ano 2014Erik o construtor de soños, de Dani Padrón. Editorial Bululú. O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. Nova Galicia Edicións. As floriñas de S. Francisco, de Darío X. Cabana. Alvarellos Editora. Ovella descarreirada, de Óscar Villán. Edicións Xerais. O libro dos bicos, de Nuria Díaz. Edicións Embora. Leviatán, de Ramón Trigo. Kalandraka Editora. Feroz o lobo, de Leire Salabarria. OQO Editora. Elefante comillón, de Marc Taeger. Kalandraka Editora.

Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil do ano 2014: Reo, de Xesús Fraga. Editorial Galaxia. A fuxida, de Berta Davila. Biblos. O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. Nova Galicia Edicións. Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras. Baía Edicións. A cociñeira do rei, de Soledad Felloza. OQO Editora. Non hai berce coma o colo, de Magoia Bodea e outros. Kalandraka Editora. Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Edicións Xerais. Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre. Edicións Xerais. Xique Xoque, Fiu Fiú+ DVD, María Fumaza. Editorial Galaxia. Cuca e o abrigo marrón, Fina Casalderrey. Edicións Rodeira.

Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ao mellor libro educativo do ano 2014: Colección Emocións (9 títulos), de Mireia Canals/ Sandra Aguilar. Baía Edicións. Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena. Edicións Xerais. Quen falta?, de Arianna Papini. Kalandraka Editora. Historia das mulleres galegas. Das marchas nómadas á Marcha Mundial das Mulleres. Baía Edicións.

Premio Rosalía de Castro á iniciativa editorial do ano 2014

  1. Serie audiovisual Cocorico. OQO Editora.
  2. Lemos, cantamos, gozamos... Semana da música infantil nas feiras do libro de Galicia. Editorial Galaxia.
  3. Colección Oeste (divulgación & ensaio) cumpre 10 anos en 2015. Van publicados 18 volumes. En 2014 reactivouse a publicación con cinco títulos novos. Alvarellos Editora
  4. Colección Rescate. Cumpre 10 anos en 2015. Van publicados 19 volumes. Alvarellos Editora
  5. Proxecto europeo Cociña de Contos. OQO Editora

Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor/autora ou colectivo de autores en lingua galega no 2014: Begoña Caamaño, María Reimóndez e Xurxo Souto

Entrega dos Premios da Edición 2014 © Xerais

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.