Borgen: A política e os farois

Borgen Dominio Público Praza Pública

Podes ler máis sobres series en TV or not TV, o novo blog de Praza.gal

A política está de moda. Nos últimos anos foi gañando espazo nas conversas cotiás e nos medios de comunicación de masas; véxase por exemplo o crecente peso e as audiencias millonarias de programas de infotainment como Salvados ou El Intermedio ou a reinvención dos faladoiros políticos televisivos -La Sexta Noche, Un Tiempo Nuevo, Al RojoVivo…- ás veces imitando as formas dos espazos de debate deportivos ou de lercheo. A política interesa, interesan as estratexias que lle dan forma, as engrenaxes que se ocultan tralas portas pechadas e os sorrisos obrigados.

Isto tivo a súa translación tamén na ficción televisiva, coa popularización de series como House of Cards (Netflix, BeauWillimon, 2013-), Borgen (DR, Adam Price, 2010-2013), Boss (Grammnet, 2011-12) e mesmo The Newsroom (HBO, Aaron Sorkin, 2012-2014, que amosa o interior dese mundo necesariamente ligado ao político, como é o dos medios). Certo é que xa hai anos TheWest Wing (NBC, Aaron Sorkin, 1999-2006) acadou un innegable éxito e que a miniserie orixinal de House of Cards foi emitida pola BBC en 1990, pero se cadra non podíamos falar nese momento do fenómeno que agora representan algunhas destas producións, ata o punto de introducirse no propio debate da política real.

Adam Price, creador da serie, cualificou o axustadísimo proceso electoral que vén de vivir o país como algo “superior a Borgen”, cunha emoción que tería obrigado a descartar esta resolución do guion dun capítulo por “esaxerado”

Hai unhas semanas Dinamarca celebrou eleccións e a maior parte das crónicas dos medios internacionais incluían referencias a Borgen como un espello no que entender e analizar a política danesa, mesmo incluíndo algún xornal coma o Telegraph un quiz sobre as coincidencias e diferenzas entre Helle Thorning-Schmidt (si, a do selfie con Obama), que en 2011 se converteu na primeira muller primeira ministra na historia (real) do país, e Birgitte Nyborg, que só uns meses antes fixera o mesmo (na ficción). As elección ssupuxeron, por certo, a fin do goberno de Helle Thorning-Schmidt, a pesar de ser o seu partido (Socialdemócrata) o máis votado. O liberal Lars Løkke Rasmussen substituíuna o pasado domingo á fronte dun executivo formado unicamente por ministros do seu partido, algo que non se producía no país dende había décadas. Adam Price, creador da serie, cualificou o axustadísimo proceso electoral que vén de vivir o país como algo “superior a Borgen”, cunha emoción que tería obrigado a descartar esta resolución do guion dun capítulo por “esaxerado”.

Aí o ven. Guionistas e directores de política-ficción falando da política-real, canda a dirixentes e estrategas da política-real falando da ficción. Foi moi comentada nos últimos meses a querencia de Pablo Iglesias e outros líderes de Podemos por Game of Thrones (HBO, 2011-). Referencias en entrevistas e discursos, un comentado agasallo ao rei Felipe VI e mesmo o libro Ganar o morir. Lecciones políticas sobre Juego de tronos. As referencias á serie mesmo foron utilizadas para criticar algúns aspectos da estratexia defendida por Iglesias, opoñendo a épica e o todo-ou-nada das loitas destes reinos, con outras visións da política, máis centradas na resolución negociada e pactada de obstáculos e conflitos. 

O debate sobre a pertinencia de empregar as loitas dos Stark e os Lannister para explicar a política española chegou mesmo ás filas de Podemos e de grupos próximos ao partido

Mesmo chegou a ser recorrente a frase “Máis Borgen e menos Juego de Tronos” dirixida ao dirixente de Podemos: ¿PabloIglesias, tan seriéfilo él, habrá visto Borgen?” (Alberto Rey, El Mundo) ou “Más Borgen ymenos Juegosde tronos,es decir, más gobernar y menos oponerse” (José Ignacio Torreblanca, El País).

O debate sobre a pertinencia de empregar as loitas dos Stark e os Lannister para explicar a política española chegou mesmo ás filas de Podemos e de grupos próximos ao partido“No estamos ante una edición valenciana de juego de tronos. Este proceso guarda más similitudes con la serie danesa Borgen, que nos cuenta las vicisitudes de una democracia parlamentaria avanzada”, escribiu a deputada Compromís Isaura Navarro. E o propio Juan Carlos Monedero destacou nun interesante debate con Iglesias sobre a serie a maior validez de House of Cards para ofrecer unha reflexión moralizante da política:

Un buen lector de la política no tiene que confundir la victoria con la razón. El que viola a alguien ha consumado la victoria, y ha humillado a la víctima pero es el verdugo, y no hay honra en esa victoria que te convierte en verdugo. A menudo el que pierde gana, porque en su derrota se asientan las bases de una moralización de la vida pública. Esa reflexión, en las series, la encuentro mucho más en House of Cards, donde también ganan los canallas, ganan los más fuertes, pero te pone alerta sobre la condición moral de los gobernantes. El discurso de Juego de tronos, sin embargo, te invita a renunciar a tu apellido y a desear ser un Lannister.

image

Non quero falar neste blog sobre a estratexia política de Podemos, e nin sequera sobre a utilidade das páxinas e capítulos desta fantasía medieval para explicar a política moderna. É certo que a trama de Borgen, ao igual que a de House of Cards (sobre todo a fantástica serie orixinal británica) demostra que a política é un xogo menos épico e máis sutil (coa excepción, quizais, do que está a pasar en Grecia), con conflitos tan prosaicos e terribles coma os da vida cotiá, pero con consecuencias que alcanzan a millóns de persoas. Pero podemos aceptar a argumentación de base de Pablo Iglesias cando enlaza o actual momento político coa loita polo Trono sinalando que “Todo el mundo tiene hoy la sensación de formar parte de un orden social y económico en el que se han roto todos los pactos que garantizaban la paz y la estabilidad”. Unha metáfora reforzada por Íñigo Errejón cando destaca as similitudes que a nivel teórico se poden dar entre esa ficción e a nosa realidade: 

La cuestión central en Juego de Tronos, que hace a la serie específicamente política, es que el enemigo no está prefijado, es su construcción la principal batalla entre los diferentes autores (…) “En la medida en que todo orden se funda sobre exclusiones y asimetrías, existe siempre un espacio para que sectores antes subordinados impugnen los códigos de su subalternidad, articulen las insatisfacciones y reordenen a su favor las posiciones y construyan en torno a sí una voluntad general

Si quero, no entanto, reflexionar sobre ese xogo de espellos e prefiguracións, que se establece -sobre todo neste momento- entre a ficción política e as tácticas concretas, cotiás, da política real. En La Marea, Gerardo Tecé bota man de Borgen para definir os fundamentos de estruturas políticas coma a danesa que, en boa medida se impoñen en España coa caída do bipartidismo:  

Propuesta,negociación, concesión y pacto, es la fórmula de la Coca Cola de la democracia danesa según una serie de televisión que no se aleja demasiado de la realidad (…) Partidos que representan a distintas sensibilidades y clases sociales tienen que entenderse en un país en el que la palabra bipartidismo suena a fractura de hueso en dos partes por caerte de la bici. En un país que no conoce una mayoría absoluta desde 1909, esto de jugar al consenso es el pan de cada día.

Unha suma de pezas, de construción de coalicións, de convivencia produtiva de identidades múltiples, que vai marcar -cada vez máis en España- o funcionamento dos gobernos e mesmo dos propios partidos e candidaturas.

Hai uns meses coñeciamos a nova -xa veremos se boa ou mala- de que a produtora NewAtlantis se fixera cos dereitos de Borgen para a súa adaptación en España

España non é Dinamarca (un dos países do mundo coa renda per capita máis altas, cun menor índice de desigualdade, cun menor nivel de corrupción) e en cuxa política se descoñecen as maiorías absolutas. E unha Borgen que tivese como escenario os países da periferia europea sería -sobre todo neste momento- moi diferente. Pero a política é política, ao igual que a guerra é a guerra. 

Haberá que ver se alguén en España decide, co impulso desta onda de moitas e boas ficcións políticas, a facer algo semellante. Hai uns meses coñeciamos a nova -xa veremos se boa ou mala- de que a produtora NewAtlantis se fixera cos dereitos de Borgen para a súa adaptación en España. Fronte aos bos precedentes das series de calidade danesas (alfaias como Forbrydelsen -The Killing- e Bron/Broen -The Bridge-. E moito antes Riget -The Kingdom-) en España pouco máis podemos destacar á marxe da notable Crematorio (Canal+, 2011).

As sumas e restas de apoios, a extensión de consensos e alianzas, as relacións cos medios de comunicación, ou o papel crecente dos spin doctors para definir o sentido, significado e alcance de cada decisión ou acontecemento. Todo isto está presente nunha serie na que, se cadra, a rúa queda algo lonxe e a loita política queda reducida ao interior do pazo, dese Castelo de Christiansborg (chamado popularmente Borgen).

image

Alén das intrigas, das estratexias para manter o control da axenda política e mediática, e da necesaria creación e mantemento de maiorías nun país de gobernos formados sistematicamente por varios partidos, a serie afonda nos conflitos internos dun político -a primeira ministra- por traizoar os seus ideais e a súa propia vida persoal. “Un príncipe sempre ten unha razón lexítima para incumprir as súas promesas”, dise nun momento. Cada capítulo de Borgen iníciase cunha cita ao redor das estratexias políticas, dende o omnipresente Maquiavelo a Lenin ou Sun Tzu pasando por Shakespeareou Churchill.

Cada capítulo de Borgen iníciase cunha cita ao redor das estratexias políticas, dende o omnipresente Maquiavelo a Lenin ou Sun Tzu pasando por Shakespeareou Churchill.

En Borgen vemos tamén como os distintos actores tentan, sempre que poden, gañar lanzando farois, coma nunha gran partida de póker. É unha forma de acadar o teu obxectivo sen nin sequera entrar confrontación directa: vitoria total con cero riscos. “As mulleres non sabedes facer farois. Por que cres que non hai máis xogadoras de poker?”, dinlle á primeira ministra nun momento. Despois, por suposto que ela sabe farolear coma o mellor

Gústenos ou non a politica é, en parte,cousa de farois, sexa na acción de goberno, nas negociacións coa troika (hai memes que aseguran que Varoufakis nunca vai de farol) ou á hora de construir candidaturas de confluencia. Para estas cousas, para estes movementos, Borgen ofrece moitas e boas leccións. Tamén para a cooperación, para a formación de coalicións ou para a xestión de renuncias, que diso tamén se compón a política ás veces. Para todo aquilo que envolve a ideoloxía e serve para a aplicación dun programa. 

image

Borgen Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.