Hai uns días soubemos que o Ministerio de Cultura deixara Cans e outros festivais galegos de cinema sen as axudas económicas que até o de agora viñan recibindo. Non é que o evento porriñés vivise en exclusiva desta subvención pero si era imprescindible para cadrar os orzamentos de cada edición. Os dez mil euros da achegado ICAA supoñían o 12% do orzamento e a súa eliminación foi "un duro golpe á liquidez do festival", segundo os organizadores de Cans, e "complica a organización do décimo aniversario" á espera de concretar o apoio de Agadic.
Nestes senso o festival de Cans agradece a boa disposición do Concello do Porriño como patrocinador e espera que, unha vez que xa pasaron as Eleccións Autonómicas, a Xunta defina claramente as competencias do audiovisual para poder concretar o antes posible en que medida Cans contará con apoio da administración autonómica.
A idea é non ofrecer fórmulas xenéricas de patrocinio, senón propoñerlle a cada marca unha proposta única, "buscando o punto no que conflúen o espírito do festival e a imaxe e filosofía de cada empresa"
Pero cómpre que se incremente o investimento privado para poder manter o nivel de calidade acadado nas últimas edicións. É por isto que Cans inicia unha campaña de captación de apoios privados coa idea de non ofrecer fórmulas xenéricas de patrocinio, senón propoñerlle a cada marca unha proposta única, "buscando o punto no que conflúen o espírito do festival e a imaxe e filosofía de cada empresa".
Deste xeito o festival quere poñer a disposición das marcas a posibilidade de patrocinar elementos e lugares característicos do festival, coma os chimpibuses, os jalpóns, o Jaliñeiro Unplugged, as alfombras vermellas ou a leira dos coloquios. En definitiva "quérese dar visibilidade aos patrocinadores mantendo a singularidade de Cans". Para contactar coa organización, pódese facer no mail apoia@festivaldecans.com
O obxectivo é reducir o peso das achegas de organismos públicos, que xa é menos dametade do orzamento, sen renunciar a contar con ese apoio
A campaña de captación de apoios privados forma parte dunha liña de traballo que está activando a organización para diversificar as fontes de ingresos do festival e que se completará con novas medidas nos próximos meses. O obxectivo é reducir o peso das achegas de organismos públicos, que xa é menos da
metade do orzamento, sen renunciar a contar con ese apoio.