Xa queda menos. A edición número doce do Festival de Cans, que se celebrará do 20 ao 23 de maio, presentouse este martes. O evento contará ete ano con máis de medio cento de actividade, de todas as disciplinas e para todos os públicos. O director José Luis Cuerda ofrecerá o Coloquio na Leira desta edición, un dos momentos máis especiais ano tras ano, como tamén o é a colocación das novas estrelas no Torreiro das Estrelas, ao que este ano se sumarán Javier Gutiérrez (Premio Pedigree'15) e o propio José Luis Cuerda. Nesta edición inaugurarase, ademáis, un novo "paseo da fama", o Muro dos Chimpíns, para que os Premios Pepe Puime tamén queden tamén gravados na aldea. O primeiro chimpín de honra será o do veciño Juan Rivas.
O festival renóvase cada ano e en cada nova edición introduce novos espazos, liñas temáticas e actividades, nesta ocasión por exemplo o MiniCans, con media ducia de proxeccións e actividades pensadas en exclusiva para os máis pequenos da casa; os Concertos na Placa, que nesta primeira ocasión protagonizará Luar na Lubre; ou a nova sección Rebobinando (se puidese voltar atrás) que consistirá nunha proxección de A Esmorga comentada ao vivo por Ignacio Vilar, Antonio Durán Morris e Miguel de Lira.
As protagonistas indiscutibles serán as curtas e clips a concurso. 19 curtas e 20 clips, das que nesta ocasión só se aceptaron obras de directores e directoras galegas
Tamén cómpre destacar a proxección das longametraxes A cambio de nada, de Daniel Guzmán, que ven de triunfar no Festival de Málaga; do filme de animación Meigallos, de Virginia Curiá, que terá en Cans a súa estrea absoluta en Galicia; e máis do documental Torre de Breoghán, de Jorge Coira, que abrirá a devandita sección Concertos na Placa.
As protagonistas indiscutibles serán as curtas e clips a concurso. 19 curtas e 20 clips, das que nesta ocasión só se aceptaron obras de directores e directoras galegas. Os xurados que decidirán os distintos galardóns (11 en total, ademais de 5.000 euros en premios), estarán formados por, entre outros, Nerea Barros, Antonio Mourelos, Mercedes Peón, Enrique Otero, Avelino González, Sandra Sánchez, Fran P. Lorenzo, Hendrik Röver, Ángel Sánchez, Tati Moyano e Juan Rivas, ademais de polos propios veciños de Cans.
Haberá concertos de Sidonie, Dos Tenores Def con Dos, Hendrik Röver, Sés, Luar na Lubre, Blues do País, Adrián Costa ou Quempallou, en total máis de 20 actuacións musicais
A outra gran protagonista do festival, ademais do audiovisual, será a música, con concertos de Sidonie, Dos Tenores Def con Dos, Hendrik Röver, Sés, Luar na Lubre, Blues do País, Adrián Costa ou Quempallou, en total máis de 20 actuacións musicais. "Percorreremos xuntos os camiños nos que a música e o audiovisual se dan a man", destacou Alfonso Pato, director do certame, "coas actuacións e retrospectivas de Def Con Dos e Poetarras ou as presentacións, con actuación no jaliñeiro, do documental Dos gaiteiros do mar e do clip de Davide Salvado Lobos". "Volverá soar no Torreiro de Cans Agroglamour, o tema composto por Rogelio Groba para o Festival, e a música encherá, de novo, todos os carreiros e corredorias de Cans", concluiu Keka Losada, presidenta de Arela, a asociación organizadora,
O Festival de Cans prestará tamén unha especial atención aos novos proxectos d@s Fill@s de Cans. "Veremos as primeiras imaxes das primeiras longas de cineastas que amosaron as súas curtas en anteriores edicións de Cans", explicou Pato, "como Dani de la Torre ou Simón Casal. Tamén haberá gratos descubrimentos cruzados polo vaivén do éxodo, como o vigués afincado en Londres Pablo Romero - Fresco ou o chileno afincado en Vigo Cristóbal Arteaga".
Cans reivindicará ademáis nesta edición a condición de "aldea máis cinematográfica de Galicia" coas proxeccións de varias pezas moi relacionadas co Festival
Outra das seccións fixas do Festival, A que andas?, amosa o último traballo de guionistas e directores que tamén pasaron por Cans. "Algúns con percorrido como Manane Rodríguez e Xabier Bermúdez, Miguel Barros ou Alfonso Zarauza e outros curtametraxistas curtidos en Cans que pronto rodarán as súas primeiras longas, como Xacio Baño e Juan Galiñanes", sinalou o director do Festival.
Cans reivindicará ademáis nesta edición a condición de "aldea máis cinematográfica de Galicia" coas proxeccións de varias pezas moi relacionadas co Festival, como as primeiras imaxes en exclusiva mundial do filme Rey Gitano, de Juanma Bajo Ulloa, coa presenza de Manuel Manquiña e Tony Lomba, que nos contarán “a historia dun filme que naceu en Cans”.