Chega o 'Festival ecuménico da canción atea e libertaria'

Un intre da pasada edición © Escua

O grupo de colectivos do Espazo Cultural Aberto (EsCuA), "diante da dilapidación de cartos públicos de todos os cidadáns, (a pesar da Constitución española) en promocionar un credo relixioso" organiza unha noite de xoldra, a modo de festival ou concerto de panxoliñas, "contra o nadal e a autoridade competente". A actividade, que tivo diferentes nomes en anteriores citas, chega a súa terceira edición, co nome de FECAL (Festival ecuménico da canción atea e libertaria), e desenvolverase na tetería-cervexaria Grândola (na praza S. Marcial do casco histórico) o próximo día 27 de decembro, a partir das 20 horas.

EsCuA, "diante da dilapidación de cartos públicos de todos os cidadáns en promocionar un credo relixioso" organiza unha noite de xoldra, a modo de festival ou concerto de panxoliñas, "contra o nadal e a autoridade competente"

O formato, diferénciase do ano pasado -no que se parodiaba os telemaratóns televisivos da época de nadal- e adopta o formato orixinal puro de festival de cancións pouco ensaiadas, pero perfectamente enraizadas coa situación de crise actual, e non só económica. Para aderezar a actividades, e profundizar no estilo da gala,  graváronse algúns skechs ou gags que se intercalarán entre as actuacións dos grupos participantes. 

EsCuA (Espazo Cultural Aberto – Ourense) está formado por un conxunto de asociacións/colectivos sociais, ecoloxistas, feministas, culturais e medioambientais da cidade de Ourense que promoven un espazo cultural aberto e autoxestionado para a cidade. Actualmente participan en  EsCuA: Algaravía, Anacos da cidade, Aula de música tradicional Gomes Mouro, Cineclube Padre Feijoo, Marcha mundial das mulleres (Ourense), Mobi-liza, Mondoxíbaro, Os car Allos, O Espertello, Saramaganta ou Semente.

EsCuA (Espazo Cultural Aberto – Ourense) está formado por un conxunto de asociacións/colectivos sociais, ecoloxistas, feministas, culturais e medioambientais da cidade de Ourense que promoven un espazo cultural aberto e autoxestionado para a cidade

E así é como se presenta:

Se pensas que os anuncios de colonias apestan
Se escoitas voces na cabeza cantando Noite de paz
Se a mensaxe do Rei parece-che un editorial do ABC
Se estás cansado de pesebres públicos para Herodes privados
Se queres que o Papa use minisaia e que a relixión só se ensine nas escolas caninas
Se pensas que a miséria non é "un estilo de vida alternativo"
Se pensas rescindir este ano o contrato a Santa Claus, os Reis Magos e o Rato Perez
Se prefires que chegue o fin do mundo antes que o comezo do Nadal.....

F.E.C.A.L. (Festival Ecuménico da Cantiga Atea e Libertária) 

Un intre da pasada edición © Escua

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.