Comeza o Culturgal: A cultura máis viva ca nunca

Este venres comeza o Culturgal © Culturgal

A cita máis importante anual do sector das Industrias Culturais de Galicia arrinca este venres e non terá parada ata o domingo ás oito da tarde no Pazo da Cultura de Pontevedra. Cun importante esforzo por parte do sector e da Asociación Culturgal, organizadora do evento, o público poderá coñecer as mellores e as máis innovadoras propostas culturais de Galicia. Todas reunidas nun mesmo espazo, para poder escoitar, tocar, sentir e opinar e, por que non, consumir cultura. O programa de Culturgal deste ano está conformado por case 200 actividades abertas e gratuítas, que representan a todos os sectores da cultura galega: a música, o cinema, a literatura, o teatro, a danza, o circo, o audiovisual, a tradición oral, os monicreques…

Así, no Patio poderase gozar de máis de 18 actuacións en directo, tanto musicais como teatrais. Desde o hip hop de Erin e Comando Katana, ao pop de Silvia Penide, a destreza do ex integrante dos Tamara, o teclista Enrique Paisal, ou a aposta pola tradición e a música de raíz de Virandeira Folk. Teatro experimental como o de Inversa, o casting en directo de Pinga Teatro ou os monicrequesde Kukas tamén pasarán por este escenario.

O Garaxe será a zona na que se concentrarán as novas tecnoloxías aplicadas á difusión cultural e os proxectos audiovisuais, sumando un total de 27 actividades. Aplicacións para soportes móbiles coas que podes levar toda a información culturais que necesites contigo, novos medios de comunicación especializados en liña ou plataformas de difusión de libros. Tamén coñeceremos a nova aposta do director de cinema Ignacio Vilar, que levará á gran pantalla a novela de Blanco Amor, A Esmorga, ou a exitosa curta de Eloy Varela e Fina Casalderrey, Dúas Letras.

A parte medular da casa será o Salón no que se darán máis de 26 presentacións de libros e proxectos editoriais, ademais de catro Conversas entre xornalistas culturais e creadores

A parte medular da casa será o Salón no que se darán máis de 26 presentacións de libros e proxectos editoriais, ademais de catro Conversas entre xornalistas culturais e creadores. Por este espazo pasará o escritor Manuel Rivas para presentar a súa nova novela Voces Baixas, o actor e produtor Luís Tosar que falará da súa nova película Operación E, rodada en Colombia; o xornalista Ignacio Escolar que editará en galego o seu libro 31 Noites ou Felipe Caballero que charlará cos catro ilustradores e humoristas galegos máis relevantes sobre a profesión e a súa devir. Coñeceremos tamén as dúas publicacións que recompilan e analizan as obras do escritor e dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2013.

Os máis pequenos da casa terán a súa propia oferta cultural no Cuarto dos Nenos polo que pasarán, entre outros, os  titiriteiros de Viravolta e Babaluva, os músicos de Mamá Cabra e María Fumaça, os contacontos do Carballo con Botas e dos Os Sete Magníficos máis Un, escritores como Pepe Carreiro e Marcos Calveiro, e actores e actrices de Caramuxo Teatro e Elefante Elegante. Máis de 30 actividades para nenos de todas as idades.

 

Novidades

Entre as novas propostas para esta edición destaca o Stand de Público, un lugar ideado por María Yáñez e Illa Bufarda para escoitar a voz do público e coñecer os gustos, hábitos e preferencias das persoas que viven e consumen a cultura galega.

Entre as novas propostas para esta edición destacan o  Stand de Público, un lugar ideado por María Yáñez e Illa Bufarda para escoitar a voz do público e coñecer os gustos, hábitos e preferencias das persoas que viven e consumen a cultura galega. Polo pequeno set de televisión poderán pasar todos os asistentes á feira que o desexen para dar a súa opinión sobre a cultura galega, a propia feira ou recomendar os seus autores favoritos. As súas opinión serán emitidas en pantallas da feira e os vídeos resultantes serán difundidos a través das redes sociais. Ademais do Stand do Público, Culturgal abre este ano unha nova fiestra: o Espazo Autobombo, un lugar no que calquera persoa, grupo, colectivo, asociación ou empresa pode presentar o seu proxecto... ata o último momento. Doce proxecto xa reservaron o seu oco neste espazo., pero basta con achegarse á Feira e coller o micro que estará disposto a tal efecto. Se o “micro aberto” está ocupado nese momento, pódese reservar unha hora para máis adiante.

 

Na cidade

Ás 22h30, de volta no Café Moderno, Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero presentarán por primeira vez na cidade o seu último proxecto musical, aCadaCanto

Finalmente, aínda que este ano a programación na cidade viuse sensiblemente reducida por mor do recorte orzamentario, a noite do venres Culturgal achegará unha manchea de propostas de diversas disciplinas aos lugares singulares de Pontevedra. O percorrido ía comezar na Praza da Ferrería, ás 19h, da man de Asacocirco, pero por mor das condicións meteorolóxicas a actuación trasládase ao sábado o recinto ferial ás 20h30. Polo tanto a programación do venres comezará ás 21h, no Centro Cultural Novacaixagalicia - Café Moderno coa actuación de Toques do Caramulo. Ás 21h45 o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) será o escenario privilexiado no que Cisma Danza ofrecerá o seu espectáculo Un disfrace equivocado, onde a danza contemporánea viaxa da man do teatro, a poesía, a escultura e a voz. 

Xa cara á media noite, o Mapea Culturgal desplázase á Sala Karma, onde a banda rock da Terra da Fraternidade, a Banda Fura Fura, amosará como sonan grandes da música galega.

Ás 22h30, de volta no Café Moderno, Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero presentarán por primeira vez na cidade o seu último proxecto musical, aCadaCanto. Ás 23h15, chegará á Casa das Campás O Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira, un espectáculo de variedades no que se combinan a música en directo, o cine e o teatro, todo aderezado con humor. Xa cara á media noite, o Mapea Culturgal desplázase á Sala Karma, onde a banda rock da Terra da Fraternidade, a Banda Fura Fura, amosará como sonan grandes da música galega. Pechará a festa unha Picada de música galega by María Yáñez & Iago Martínez.

 

Programa completo do venres:

10h  Compartindo multiplicamos. Mesa de traballo para Axentes Culturais.  No Estudio
11h  Baobab Teatro: contos para ti. No Cuarto dos Nenos
11h ORAL: obradoiro de regueifas. No Cuarto dos Nenos
11h Viravolta: Titerehop. No Cuarto dos Nenos
11h Acto Inaugural
12h  Babaluva: Lume.  No Cuarto dos Nenos
12h  Linho do Cuco: mini concerto vermú. No Patio
12h30 Marcos Calveiro con club lectura biblio escolar. No Salón
12h30 Presentación oficial Tolemias, canle de música. No Garaxe
12h30 Stand de O Faiado Producións: A Máquina do Tempo: encontro presentación cos autores. No Salón
13h00 Presentación de proxecto de innovación audiovisual na CRTVG. No Garaxe
13h15 Stand de Xerais: Marcos Calveiro asina exemplares de "Palabras de auga". No Salón
13h30 Presentación MICA 2013 - Mercado de Industrias Culturales Argentinas. No Salón
14h00 Rolda de prensa Ponte nas Ondas: libro cd "Na Ponte". No Cuarto dos Nenos
15h00 Os sete magníficos máis un. Obradoiro de iniciación ao clown para formadores/as No Obradoiro
17h00 Patasdepeixe: Cociña extraterrestre. No Cuarto dos Nenos
17h00 Revista Núa de Artes Escénicas. No Garaxe
17h00 Balakandra: Balakandra. No Patio
17h00 Aurora Marco: María Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana. No Salón
17h30 María López Sández: A forma das nubes. No Salón
17h30 GalApps: Toda a lingua no teu peto / Imos?: A guía social máis xenuína de Galicia. No Garaxe
17h30 Stand de O Faiado Producións: A Máquina do Tempo: encontro presentación cos autores . No Salón
18h00 Pepe Carreiro: Cousas de cans. No Cuarto dos Nenos
18h00 Ramón Caride: Sarou / Louzós. No Salón
18h00 Erin (Comando Katana): El Trapicista. No Patio
18h00 Encontro con Axentes Artes Escénicas da Lusofonía. Na Cociña
18h00 Stand de Unima Galicia: Contacontos. No Patio
18h30 Galaxia Cómics. No Garaxe
18h30 Lorena López Cobas: Historia da música en Galicia. No Salón
18h30 Mesa redonda: O director e os dereitos de difusión cultural. No Estudio
18h30 Stand de Rinoceronte: Ignacio Escolar asina exemplares de "31 noites". No Salón
18h30 Stand de Xerais: Ramón Caride asina exemplares de "Sarou/Louzós". No Salón
19h00 Asacocirco. Na Plaza da Ferrería. Na cidade
19h00 Cultcities. O uso dos datos na xestión de públicos culturais. No Garaxe
19h00 Stand de Airapro: Os compoñentes de Heredeiros da Crus, asinan o DVD en directo “Heredeiros da Crus, 20 anos”. No Patio
19h00 Os Monicreques de Kukas: O Kikirixote, aventuras e desventuras dun galo de curral. No Patio
19h30 Caramuxo Teatro: Ñam. No Cuarto dos Nenos
19h30 Gustavo Pernas Cora: Tres Logomonos: Colgados, Pisados, Snakizados. No Salón
19h30 Nasas Social & Media. No Garaxe
20h00 Conversas de salón: Alberto Ramos con Ignacio Escolar, Xosé Monteagudo e Rexina Vega. No Salón
20h00 Inversa Teatro: Kamouraska, un lugar para crear. No Patio
20h00 Orama. No Garaxe
20h00 María Inés Cuadrado: A Berenguela. No Cuarto dos Nenos
20h00 Mesa redonda: O director no audiovisual galego. No Estudio
20h30 Funboa Escénica: Sigue buscando, a serie. No Garaxe
20h30 Stans de O Cable Inglés: "Os xoves de Códax" no Culturgal, con actuación de Primordiais. No Garaxe
21h00 Pinga Teatro: Casting Tour. No Patio
21h00 Toques do Caramulo, dentro do ciclo Outonalidades. No Centro Cultural Novacaixagalicia (Café Moderno)
21h00 Stand de Xerais: Rexina Vega asina exemplares de "Dark Butterfly". No Salón
21h45 Cisma Danza. No Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) Artes Escénicas
22h30 aCadaCanto, o último proxecto de Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero.  No Centro Cultural Novacaixagalicia (Café Moderno)
23h15 O Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira. Na casa das Campás. Audiovisual

Este venres comeza o Culturgal © Culturgal

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.