Centos de profesionais do sector secundaron a "mani-festa-acción" convocada para celebrar o Día Internacional do Teatro na que se reivindicou a importancia cultural das artes escénicas e se denunciaron as súas dificultades. Os recortes, os atrasos nos pagamentos e o cesamento de Blanca Cendán, ex directora do Centro Dramático Galego (CDG), foron os grandes protagonistas dun acto que, máis alá das protestas ante a política teatral da Xunta, buscaba tamén concienciar a sociedade da relevancia do sector e os seus atrancos.