Es quen de gravar unha curta en 48 horas?

Cartaz do concurso © Concello da Coruña

The 48 Hour Film Project é unha competición de cinema contra o reloxo que comezou a realizarse en 2001 en Washington e que dende entón pasou por 76 cidades distintas de todo o mundo coa participación de máis de 40 mil persoas distintas. E en abril chegará á Coruña. 

O proceso é sinxelo: o venres 19 de abril, ás sete da tarde no Centro Ágora proporáselles a todos los participantes un personaxe, un obxecto e unha liña de diálogo, que deberán estar incluídas nos filmes. E, ademáis, a cada equipo asignaráselle un xénero por sorteo. A partir de aí haberá exactamente 48 horas para escribir, gravar e editar as curtas, que se entregarán o domingo 21 antes das 19.30 horas. Por exemplo, o pasado ano en Barcelona o personaxe foi "Julio ou Julia Gutierrez, Profesor", o obxecto: "unha batidora" e o diálogo: "esta é a cousa que odio de ti".

As películas presentaranse no Centro Ágora o venres seguinte, 26 de abril, momento no que o xurado seleccionará a gañadora. Tamén se entregan outros galardóns secundarios, coma mellor uso do personaje, mellor uso do obxecto, mellor uso da liña de diálogo, mellor uso do xénero, mellor son, mellor fotografía, mellor montaxe, mellor actriz, mellor actor, mellor guión e mellor dirección. Os gañadores entrarán na carreira para acadar o recoñecemento a nivel internacional, no evento anual do The 48 Hour Film Project2013 e nos premios ás mellores curtas do ano que se entregarán no Filmapalooza 2014. Alí competirán por ser unha das 10 películas que se proxectarán na Sección de Curtometraxes do Festival de Cannes de 2014. A cota de inscrición por equipo é de 75 euros.

Cartaz do concurso © Concello da Coruña

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.