Humberto Rivas na Galería Trinta

Obra de Humberto Rivas Dominio Público Praza Pública

Na Galería Trinta (Virxe da Cerca, Santiago de Compostela) están expostos unha serie de retratos de Humberto Rivas. A pesares de que o autor está especializado en paisaxes, nesta selección móstranos imaxes de persoas ou incluso animais do máis variopinto: espidos crús, Violeta la Burra (xogando coas dúas sexualidades), un can, etc. Recoñezo que a que máis me impactou foi unha obra doble (unha é complementaria da outra) que mostra un rinoceronte nunha habitación; na primeira hai unha luz determinada e na segunda outra completamente diferente: antollóuseme moi “surrealista”.

E por se dubidaba se o meu adxectivo non era o adecuado, lin que Jaume Vidal xa comparara as súas paisaxes con De Chirico (máxima influenza dos autores surrealistas) polas sombras que conteñen e polo “oculto” que representa: por esas ideas que non vemos a simple vista. Humberto non representa o instante, o momento fugaz, como outros fotógrafos, senón que quere plasmar a quietude. Ainda que dende logo penso que non é o máis interesante do seu traballo, non deixedes de pasarvos por alí para botarlle un ollo, sobre todo os que inda non tivestes oportunidade de descubrir a este artista.

Obra de Humberto Rivas Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.