O filme de Oliver Laxe Todos vos sodes capitáns recolleu o premio da crítica da Quincena de realizadores de Cannes en 2010 partindo dunha das axudas ao talento que o AGADIC ofrecera en 2009. É un exemplo, quizais o máis rechamante, pero podíamos citar obras de Peque Varela, Alberte Pagán, Ángel Santos, Susana Rei, Claudia Brenlla, Pablo Millán, Jorge Morais, Victor Hugo Seoane e moitos e moitas máis. Realizadores e guionistas novos, cunha idea, gañas de levalas adiante e unicamente necesitados dunha mínima axuda económica.
O 20 de abril Sonia Méndez, Xacio Baño e Ángel Santos lanzaron un manifesto que foi asinado por 41 dos beneficiarios e beneficiarias nos últimos tres anos, así como máis dun cento de profesionais do audiovisual galego. O texto destacaba que "a accesibilidade destas axudas, destinadas aos creadores individuais e non a unha empresa produtora, fai que o abano de propostas sexa moito máis amplo cá o de calquera outra convocatoria, propiciando o florecemento de múltiples miradas e favorecendo unha cinematografía máis fértil e heteroxénea". Ademais, engadía que a motivación do escrito non era "o interese persoal", pois "de feito moitos de nós xa non nos imos presentar a estas axudas ou incluso estamos puxando noutros epígrafes", dicían, "senón a conciencia da suma importancia que ten defender a súa continuidade".
O manifesto sinalaba a importancia destas axudas "para moito dos festivais do noso entorno, aos que lle sería moi complicado encher a súa programación se as axudas non se mantiveran"
O manifesto concluía que manter e potenciar estas axudas é "a mellor aposta para a consecución dun audiovisual con forza e plural; un audiovisual galego con futuro e decidida proxección internacional" e sinalaba a importancia destas axudas "para moito dos festivais do noso entorno, aos que lle sería moi complicado encher a súa programación se as axudas non se mantiveran".
Din que o 16 de maio tiveron un encontro con Fasero, quen lles explicou que se mantén a intención de convocalas a finais de este mesmo ano (novembro) para que a resolución chegue a comezos do vindeiro, en xaneiro
Agora, os mesmos impulsores do manifesto lanzan unha campaña para reivindicar a continuidade das axudas, e convocan unha xuntanza aberta para o día 28 de xuño en Compostela. Sonia Méndez, Xacio Baño e Ángel Santos din que o 16 de maio tiveron un encontro con Juan Carlos Fasero, quen lles explicou que neste ano 2012 non se convocarán as Axudas ao Talento, pero si que se mantén a intención de convocalas a finais de este mesmo ano (novembro) para que a resolución chegue a comezos do vindeiro, en xaneiro.
Contan que Fasero lles comunicou a súa intención de convocar unicamente as axudas á produción, por falta de cartos, e a súa vontade de reformalas, para reducir os prazos das convocatorias plurianuais e aumentar a competencia entre os proxectos, concedendo axudas a menos proxectos en cada categoría. Ao fío disto, Méndez, Baño e Santos pregúntanse "que sucederá coa convocatoria de Talento cando a finais de ano a crise económica sexa maior que agora? Manterán a súa palabra?"
Méndez, Baño e Santos pregúntanse "que sucederá coa convocatoria de Talento cando a finais de ano a crise económica sexa maior que agora? Manterán a súa palabra?"
A liña de axudas "que, con menor investimento, maiores beneficios xerou no sector"
As axudas ao talento tiñan inicialmente un límite de 30 mil euros para as longametraxes en formato dixital, 12 mil euros para guións, 10 mil euros para obras experimentais e 6 mil para curtametraxes de ficción ou documentais. Apenas o dez por cento dos proxectos presentados acadaban a bolsa. En total, estas axudas chegaran a representar apenas 400 mil euros, unha cantidade que foi minguando sucesivamente, ano a ano, a 300 mil, 150 mil o pasado ano, até chegar ao 2012, no que aínda non foron convocadas, cando habitualmente isto facíase nos primeiros meses do ano.
Estas axudas chegaran a representar apenas 400 mil euros, unha cantidade que foi minguando sucesivamente, ano a ano, a 300 mil, 150 mil o pasado ano, até chegar ao 2012, no que aínda non foron convocadas
Hai un par de meses a Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego, integrada pola Asociación de Actores de Galicia (AAAG), a Asociación de Técnicos (ATEGA), a de Directores (CREA), e a de Guionistas (AGAG) consideraba nun comunicado que a anulación total das axudas ó talento, "a I+D do noso sector", era unha medida "equivocada, pois é a liña de axudas "que, con menor investimento, maiores beneficios xerou no sector". De feito, o pasado ano representaron pouco máis do 4% de todas as axudas ofrecidas por AGADIC para o fomento do audiovisual.