O clan do oso das cavernas é a novela que abre a saga das aventuras de Ayla, a muller prehistórica pertencente a especie Cro-Magnon que, sendo nena, queda soa no mundo ao perder á súa tribo nun arrepiante terremoto. Por sorte para ela, un grupo de neanderthalenses atópana ás portas da morte e a súa curandeira consigue salvarlle a vida. Así comeza a serie que fixo que millóns de persoas puidesen vivir a Idade de Pedra como nunca antes fora posible.
Os Fillos da Terra transmite os valores universais que só unha obra mestra da literatura pode materializar e, a través dela, Jean M. Auel transpórtanos aos albores da humanidade para mostrarnos que, despois de miles de anos de historia, seguimos sendo humanos e continuamos a enfrontarnos ao noso reto máis esencial: vivir a vida que nos leva.
A novela foi editada en galego pola nova editorial Puntogue e pode adquirirse nesta páxina. Praza ofrécevos os dous primeiros capítulos.