Miguel de Lira, protagonista do FIOT de Carballo

Miguel de Lira, en Eroski Paraíso Dominio Público FIOT

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo entregará este venres o premio Xograr de Outono a Miguel de Lira, coincidindo coa representación da a obra “Eroski Paraíso” a cargo de Chévere (ás 21 horas no Pazo da Cultura). Galardoada co Premio Nacional de Teatro, a compañía celebrará 25 anos desde a primeira vez que participou na primeira edición do festival. Traxectorias unidas e coetáneas para ambas as dúas entidades, testemuñas viva da evolución das artes escénicas galegas do último cuarto de século.

De igual xeito, este venres o VII Ciclo OTNI do FIOT de Carballo trasladará o espectáculo Micro-Shakespeare de Laitrum Teatre do Pazo da Cultura á praza do Concello debido á previsión de bo tempo. Deste xeito, o FIOT busca facilitar a participación do maior número de persoas posible, xa que Micro-Shakespeare consiste na realización de cinco espectáculos cada 7 ou 8 minutos nos que poden intervir dous espectadores (de forma gratuita) por pase. T

O sábado 22 ás 21 horas sobe ao escenario Sueño de una noche de verano de Metatarso Producciones, dirixida por Darío Facal, emerxente director madrileño con raíces familiares na comarca de Bergantiños. Finalmente, o domingo 23 continúa a programación de sala coa actuación da compañía Ron Lalá, que representará o seu espectáculo Cervantina” (21 horas), unha coprodución conxunta coa Compañía Nacional de Teatro Clásico que está tendo moita repercusión dentro e fóra de España.

 

Miguel de Lira, en Eroski Paraíso Dominio Público FIOT
A maior parte das representacións teñen lugar no Pazo da Cultura Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.