Os Goya recoñeceron a Sirât nas categorías de Arte, Fotografía, Produción, Son, Montaxe e Música. Alberto Vázquez, pola súa banda, gañou o Goya á Mellor Filme de Animación con Decorado
O filme Sirât, do galego Oliver Laxe, acadou seis dos once premios da Academia de Cinema aos que optaba e converteusa na película con máis trofeos da noite. Os Goya recoñeceron a Sirât nas categorías de Arte, Fotografía, Produción, Son, Montaxe e Música. Alberto Vázquez, pola súa banda, gañou o Goya ao Mellor Filme de Animación con Decorado.
Para a Academia do Cine Os Domingos, o drama dirixido por Alauda Ruiz de Azúa sobre o conflito familiar provocado polo anuncio dunha menor de converterse en monxa de clausura, foi “a película triunfadora” nesta 40 edición dos Goya celebrada en Barcelona, ao lograr cinco das trece candidaturas, entre eles mellor película, dirección e guion orixinal.
Sirât, seleccionada pola Academia para representar a España nos Óscar, e que competirá nas categorías de Mellor Película Internacional e Mellor Son, levou seis dos 11 premios aos que optaba: Música Orixinal (Kangding Ray), Dirección de Produción (Oriol Maymó), Fotografía (Mauro Herce), Montaxe (Cristóbal Fernández), Dirección de Arte (Laia Ateca Font) e Son (Amanda Villavieja, Laia Casanovas e Yasmina Praderas).
Decorado, do coruñés Alberto Vázquez fíxose co outro gran recoñecemento para o talento galego na noite do cinema español, ao facerse co Goya ao Mellor filme de animación, o quinte cabezón da súa carreira. “Sempre dicimos que a animación non é un xénero, é un medio para contar todo tipo de historias”, subliñaba o cineasta ao recoller o premio. A produtora Chelo Loureiro, quixo deixar unha mensaxe clara antes de baixar dos escenario: “Máis amor, menos redes sociais”, dixo.
Nunha gala presentada polo galego Luís Tosar e a catalá Rigoberta Bandini, escoitouse no escenario a lingua galega, o éuscaro e mais o catalán, xunto co castelán -e o inglés de Susan Sarandon, Goya Internacion- nunha gala con recorrentes apelacións ao desorde mundial, especialmente polo caso do xenocidio en Palestina. Especialmente reveladoras foron as palabras da directora arxentina Dolores Fonzi, galardonada pola película Belén: "Non caian na trampa. A ultradereita veu destruílo todo. Veño do futuro”, indicou.
Eva Libertad obtivo o Goya a Mellor Dirección Novel por Xorda, uníndose así á lista de realizadoras recoñecidas nesta categoría no últimos seis anos tras Clara Roquet, Carla Simón, Arantxa Echevarría, Belén Funes e Pilar Palomero, un espectacular serie só interrompida o ano pasado por Javier Macipe, segundo destacan desde a Academia. A película, que aspiraba a sete nomeamentos, logrou tres, con Álvaro Cervantes como Mellor Actor de Reparto e Miriam Garlo como Mellor Actriz Revelación.
Palmarés
GOYA DE HONRA
Gonzalo Suárez
MELLOR ACTOR DE REPARTO
Álvaro Cervantes, por Xorda
MELLOR CANCIÓN ORIXINAL
«Flores para Antonio», de Alba Flores E Sílvia Pérez Cruz por Flores para Antonio
MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO
Helena Sanchis, por A Cea
MEJORES EFECTOS ESPECIAIS
Paula Gallifa e Ana Rubio, por Os tigres
MEJOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA
Ana López-Puigcerver, Belén López-Puigcerver e Nacho Díaz, por O cativo
MELLOR ACTOR REVELACIÓN
Antonio ‘Toni’ Fernández Gabarre, por Cidade sen sono
MELLOR MONTAXE
Cristóbal Fernández, por Sirat
MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA
Mauro Herce, por Sirat
MELLOR SON
Amanda Villavieja, Laia Casanovas e Yasmina Praderas, por Sirat
MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE
Laia Ateca Font, por Sirat
MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN
Oriol Maymó, por Sirat
MELLOR MÚSICA ORIXINAL
Kangding Ray, por Sirat
MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN
Decorado, dirixida por Alberto Vázquez
MEJOR PELÍCULA DOCUMENTAL
Tardes de soidade, de Albert Serra
MELLOR CURTAMETRAXE DE FICIÓN
Ángulo morto, de Cristian Beteta
MELLOR CURTAMETRAXE DOCUMENTAL
O Santo, de Carlo D’Ursi
MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN
Gilbert, de Alex Salu, Arturo Lacal e Jordi Jiménez
MELLOR DIRECCIÓN NOVEL
Eva Libertad, por Xorda
GOYA INTERNACIONAL
Susan Sarandon
MELLOR ACTRIZ REVELACIÓN
Miriam Garlo, por Xorda
MELLOR PELÍCULA IBEROAMERICANA
Belén (Arxentina), de Dolores Fonzi
MELLOR PELÍCULA EUROPEA
Valor sentimental (Noruega), de Joachim Trier
MELLOR ACTRIZ DE REPARTO
Nagore Aranburu, por Os domingos
MELLOR GUIÓN ADAPTADO
Joaquín Oristrell, Manuel Gómez Pereira e Yolanda García Serrano, por A cea
MELLOR GUIÓN ORIXINAL
Alauda Ruiz de Azúa, por Os domingos
MELLOR ACTOR PROTAGONISTA
José Ramon Soroiz, por Maspalomas
MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA
Patricia López Arnaiz, por Os domingos
MELLOR DIRECCIÓN
Alauda Ruiz de Azúa, por Os domingos
MELLOR PELÍCULA
Os domingos