Vanesa Vázquez

Vanesa Vázquez

Viguesa do Calvario. Comecei e aprendín en Atlántico Diario, Radio Vigo e Expansión. Cada día conta e agora contámolo en Vinte e Praza.gal. 

  • Preto de 4.000 hectáreas arderon en 40 incendios este ano, á espera da chuvia

    Se as previsións meteorolóxicas se cumpren, a chuvia chegará nas vindeiras horas a boa parte de Galicia e, xunto coa baixada das temperaturas, permitirá acabar cos incendios forestais que nos últimos días están a arrasar centos de hectáreas. 

    No que vai de ano a superficie ardida ascende a preto de 4.000 hectáreas en 42 incendios, segundo a información oficial da Consellería de Medio Rural, que por norma xeral só detalla os incendios de máis de 20 hectáreas ou que ou atinxan a espazos habitados ou áreas naturais protexidas

  • O fútbol esquece o risco climático: golpes de calor, baixas e lesións a máis de 30 graos en Balaídos

    Varios afeccionados tiveron que ser atendidos nas bancadas durante o encontro entre o Celta e o Málaga disputado ás 14 horas malia os avisos meteorolóxicos. O futbolista Pablo Durán, afectado pola calor, non puido disputar un partido no que Iago Aspas sufriu unha rotura que o seu técnico atribúe tamén aos efectos climatolóxicos. Os problemas estendéronse por varios estadios da Liga. 

  • "Faltan mans": anticipan un comezo de curso "moi conflitivo" por falta de profesorado en secundaria

    Este curso 26/27 que arranca este mércores 9 de setembro será o da aplicación efectiva da recuperación da xornada de 18 horas lectivas para os docentes de Secundaria, unha das medidas contempladas no acordo asinado entre Xunta e algúns sindicatos, que foi corrixido a comezos deste 2026 para poder aplicala neste novo curso. Segundo denuncian membros do profesorado, esta demandada redución de horas non está a vir acompañada dun aumento no cupo do profesorado acorde coas cifras polo que, simplemente as contas non saen e a consecuencia, alertan, será o empeoramento do ensino.

  • "Estar en silencio, ir amodiño ou dicir 'non' tamén pode ser unha reivindicación case política"

    Primeiro chegou a idea da identidade e como nos conformamos: podemos desexar outras cousas sobre nós mesmos e mesmas? Logo agromou o soño da retirada do ruído que hai hoxe en día, das redes sociais e toda a exposición que nos obrigamos a ter. Como fondo, a paisaxe menos popular de Sanxenxo e o Grove e un personaxe que decide dar un paso atrás, e confundirse con esta natureza. Na última película de Ángel Santos (Pontevedra, 1976) hai moitas capas, máis preguntas que certezas e un espazo de reflexión non deliberado. O director vén de estrear a súa terceira longametraxe, Así chegou a noite, desde este xoves nos cinemas, logo do seu paso por diversos festivais. A cinta tivo a súa estrea mundial en novembro no Festival Internacional de Cinema de Xixón, onde Santos obtivo o premio á mellor dirección

  • Entre a mágoa e a ilusión: o cine Fraga agarda unha nova vida tras 25 anos perdidos

    A cidadanía viguesa xa sabe, efectivamente, en que estado se atopa o que fora o cine máis grande de Galicia, inaugurado con toda pompa en 1948 e pechado sen facer moito ruído en 2001. Desde entón, houbo un intento de reforma cando estaba en mans de Caixa Galicia, millóns de euros investidos (catorce, segundo algunhas fontes), crise bancaria e fin do asunto. O edificio non era rendible para Abanca. Agora 25 anos despois do peche, o que fora o maior orgullo do empresario Isaac Fraga amosa os restos dunha reforma a medio facer e moitas expectativas no futuro. 

  • Somos pobres en tempo? “Prefiro ir correndo que renunciar”

    O feito de vivir nun estado continuo de urxencia xera un sistema de alarmas que está disparado constantemente no noso organismo e actívanse as respostas de estrés. A curto prazo podemos ser máis produtivos, pero cando se cronifica a situación comezan a aparecer consecuencias como a ansiedade, irritabilidade ou dificultades para concentrarse.

  • Transportistas galegos acoden ao Supremo tras a negativa do Goberno de revisar as prórrogas da AP-9

    “O Consello de Ministros declinou a nosa proposta pero cremos que hai xurisprudencia da UE e que as concesións non se renovaron correctamente”,  destacou Natalia Blanco, directora xeral de Apetamcor, en declaracións a Praza.gal. 

    A asociación galega que representa a pemes e autónomos do transporte de mercadorías por estrada, Apetamcor, anunciou este sábado que recorrerá ante o Tribunal Supremo (TS) a decisión do Consello de Ministros do pasado 2 de decembro de 2025 de non admitir á súa solicitude para revisar de oficio as prórrogas da Autoestrada do Atlántico, a AP-9.