Colectivos veciñais e ecoloxistas celebran o Día dos Bosques cunha deseucaliptización simultánea
Comunidades de Montes, colectivos ecoloxistas, agrupacións culturais, a Universidade da Coruña e diversos proxectos de custodia do territorio organizan nesta xornada de xoves e o vindeiro sábado, 23 de marzo, máis dunha decena de accións de eliminación de eucaliptos e doutras plantas exóticas invasoras, como as acacias. Promovida pola plataforma a prol do bosque galego, Cousa de Raíces, o obxectivo desta iniciativa é chamar a atención sobre a urxencia de favorecer e conservar os bosques galegos
O naval vigués precisa máis man de obra cualificada para dar saída aos novos pedidos
Un percorrido polos estaleiros da ría pode xustificar o optimismo co que as patronais e empresarios do sector valoran o presente e o futuro a medio prazo no naval vigués. Coa triste excepción de Vulcano, que prevé rematar o único barco que ten en carteira nas próximas semanas, os estaleiros teñen carga de traballo ata o vindeiro ano. Pero patronal e sindicatos alertan de que existe un problema de falta de persoal cualificado
Longa noite no Mercado da Pedra
Facemos un percorrido pola historia de Vigo a través deste mercado, que xa na Idade Media era lugar de intercambios comerciais. Os novos tempos apagaron a súa efervescencia comercial e hoxe atópase nunha especie de purgatorio da ilegalidade, cos locais pechados, á espera de que as decisións xudiciais permitan unha reapertura
Grupos ecoloxistas e produtores da Arousa abren a vía xudicial contra a mina de Touro
A asociación ecoloxista Adega e a PDRA (Plataforma en Defensa da Ría de Arousa), apoiadas polas confrarías de pescadores, agrupacións de produtores de mexillón, parquistas e depuradores, apostan por comezar o proceso xudicial contra a instalación mineira, un paso que pretenden sexa definitivo para pechar calquera posibilidade de reapertura da mina de Touro.
Persoal precario do Sergas plántase para deixar de "organizar a miseria"
O colectivo de eventuais 'Precarias pola atención primaria' rexeita o chamado contrato de continuidade que aprobou o Sergas ao crer que pon en perigo o modelo asistencial baseado en que os pacientes sexan atendidos polo mesmo médico. O colectivo sumarase á folga xeral, do 9 ao 12 de abril, que tamén apoian os xefes de servizo xa dimitidos de Vigo.
Pacientes do PAC de Vigo chegan a soportar ata catro horas de espera pola ausencia de médicos
O sábado rexistrouse o cuarto colapso no que vai de ano do Punto de Atención Continuada (PAC) de Vigo, situado no antigo Hospital Xeral, motivado polo desprazamento dun facultativo para cubrir unha baixa noutro centro da área sanitaria
Os comuneiros de Tameiga alertan sobre o desastre ambiental que suporía o centro comercial da cidade deportiva do Celta
Os comununeiros de Tameiga alertan de que hai cinco traídas comunitarias afectadas polo proxecto do centro comercial asociado á cidade deportiva do Celta en Mos: Casal- Tameiga, Baxiña, Petelos, Sanguiñeda e Pereiras, ás que se suman captacións particulares, que serven a 1.700 familias de auga "pura e limpa".
A Cidade da Xustiza de Vigo vai custar un 30% máis do previsto (e subindo)
O Goberno da Xunta quixo aproveitar o último día no que a lei electoral permitía actos deste tipo para subir á torre do Xeral e falar do proxecto, aínda que fose para anunciar un sobrecusto de 10 millóns de euros.