O Sergas afronta unha nova folga en abril: os servizos de limpeza dos hospitais
O persoal de limpeza dos hospitais públicos está chamado á folga xeral indefinida dende o día 10 despois de que varias das empresas concesionarias comunicasen a súa negativa a pagar a equiparación salarial co Sergas. Esta convocatoria vén sumarse á dos profesionais da Atención Primaria do 9 ao 11 de abril
- Entrevista | Filipa Soares
- Acontece
"O portugués é unha lingua global e o galego, por proximidade lingüística, ten a oportunidade de singrar con éxito por esa viaxe"
Filipa Soares, responsable en España da Rede de Ensino Português no Estrangeiro, explica que nos últimos anos está a crecer de forma "exponencial" o ensino da lingua portuguesa en España. A maior parte deses estudantes están en Estremadura. Mentres, en Galicia imos devagar, dando pasos desde a aprobación da Lei Paz Andrade hai cinco anos.
A Deputación de Lugo acusa o PP de frear no xulgado a apertura de varias residencias de maiores
O conflito de competencias que paraliza a apertura de varias residencias de maiores na provincia de Lugo lonxe de se resolver, vén de dar un novo paso cara ao seu enquistamento a través da vía xudicial. Deputación e concellos alertan de que o PP vén de presentar recursos contenciosos administrativos a través da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, Suplusa, para paralizar a apertura de varios centros.
Feijóo defende gastar 500.000 € en letreiros de hospitais porque custa máis o soldo de alcaldes que "menten"
A bronca política a propósito do sistema sanitario promete non ter fin. Durante a sesión parlamentaria deste mércores Feijóo afirmou que "é moito máis barato poñer os letreiros dos hospitais públicos que pagarlles o soldo aos concelleiros, os deputados e os alcaldes que menten sobre a sanidade pública". O presidente segue sen crer a convocatoria de folga na atención primaria, prevista do 9 ao 11 de abril.
Os destinos da Panificadora de Vigo
Desde que pechou a gran fábrica de pan, fariñas e pensos de Vigo en 1980, a Panificadora foi testemuña de intentos de demolición, incendios, okupacións e ciclicamente distintas maquetas e proxectos planean o seu destino. Nos últimos días o Concello vén de avanzar na tramitación para poder facer realidade a rehabilitación deste emblema do patrimonio industrial pero sen orzamento, prazos nin misión definida.
- Entrevista | Miguel Guimarães Pola sanidade pública
- Acontece
"O recrutamento, por parte da Galiza, de médicos portugueses representa o reconhecimento da qualidade da formação em Portugal"
Perguntamos ao bastonário da Ordem dos Médicos pelos problemas que afetam a medicina a um lado e o outro do rio Minho. Miguel Guimarães diz que "a diferenciação dos nossos médicos é internacionalmente reconhecida e isso é algo que só nos pode orgulhar. O problema não está no facto de procurarem médicos portugueses. O problema reside no facto de o Ministério da Saúde desvalorizar as graves carências que o Serviço Nacional de Saúde português vive e, com isso, empurrar os médicos de que o país tanto precisa para fora do Serviço Nacional de Saúde.
Vulcano retomará o seu único buque a próxima semana mentres se afunde nos problemas financeiros
A débedas están a afogar o histórico estaleiro vigués, que sen un apoio financeiro que o sustente, só pode aspirar polo de agora a rematar o único buque que ten nas súas instalacións para facer os pagos das nóminas aos traballadores (levan cinco meses sen cobrar) e á industria auxiliar, cunha quita do 25%.
Colectivos veciñais e ecoloxistas celebran o Día dos Bosques cunha deseucaliptización simultánea
Comunidades de Montes, colectivos ecoloxistas, agrupacións culturais, a Universidade da Coruña e diversos proxectos de custodia do territorio organizan nesta xornada de xoves e o vindeiro sábado, 23 de marzo, máis dunha decena de accións de eliminación de eucaliptos e doutras plantas exóticas invasoras, como as acacias. Promovida pola plataforma a prol do bosque galego, Cousa de Raíces, o obxectivo desta iniciativa é chamar a atención sobre a urxencia de favorecer e conservar os bosques galegos
O naval vigués precisa máis man de obra cualificada para dar saída aos novos pedidos
Un percorrido polos estaleiros da ría pode xustificar o optimismo co que as patronais e empresarios do sector valoran o presente e o futuro a medio prazo no naval vigués. Coa triste excepción de Vulcano, que prevé rematar o único barco que ten en carteira nas próximas semanas, os estaleiros teñen carga de traballo ata o vindeiro ano. Pero patronal e sindicatos alertan de que existe un problema de falta de persoal cualificado
Longa noite no Mercado da Pedra
Facemos un percorrido pola historia de Vigo a través deste mercado, que xa na Idade Media era lugar de intercambios comerciais. Os novos tempos apagaron a súa efervescencia comercial e hoxe atópase nunha especie de purgatorio da ilegalidade, cos locais pechados, á espera de que as decisións xudiciais permitan unha reapertura
Grupos ecoloxistas e produtores da Arousa abren a vía xudicial contra a mina de Touro
A asociación ecoloxista Adega e a PDRA (Plataforma en Defensa da Ría de Arousa), apoiadas polas confrarías de pescadores, agrupacións de produtores de mexillón, parquistas e depuradores, apostan por comezar o proceso xudicial contra a instalación mineira, un paso que pretenden sexa definitivo para pechar calquera posibilidade de reapertura da mina de Touro.
Persoal precario do Sergas plántase para deixar de "organizar a miseria"
O colectivo de eventuais 'Precarias pola atención primaria' rexeita o chamado contrato de continuidade que aprobou o Sergas ao crer que pon en perigo o modelo asistencial baseado en que os pacientes sexan atendidos polo mesmo médico. O colectivo sumarase á folga xeral, do 9 ao 12 de abril, que tamén apoian os xefes de servizo xa dimitidos de Vigo.