O fútbol esquece o risco climático: golpes de calor, baixas e lesións a máis de 30 graos en Balaídos
Varios afeccionados tiveron que ser atendidos nas bancadas durante o encontro entre o Celta e o Málaga disputado ás 14 horas malia os avisos meteorolóxicos. O futbolista Pablo Durán, afectado pola calor, non puido disputar un partido no que Iago Aspas sufriu unha rotura que o seu técnico atribúe tamén aos efectos climatolóxicos. Os problemas estendéronse por varios estadios da Liga.
- Reportaxe Escola pública
- Acontece
"Faltan mans": anticipan un comezo de curso "moi conflitivo" por falta de profesorado en secundaria
Este curso 26/27 que arranca este mércores 9 de setembro será o da aplicación efectiva da recuperación da xornada de 18 horas lectivas para os docentes de Secundaria, unha das medidas contempladas no acordo asinado entre Xunta e algúns sindicatos, que foi corrixido a comezos deste 2026 para poder aplicala neste novo curso. Segundo denuncian membros do profesorado, esta demandada redución de horas non está a vir acompañada dun aumento no cupo do profesorado acorde coas cifras polo que, simplemente as contas non saen e a consecuencia, alertan, será o empeoramento do ensino.
Pontón: “Reivindicamos unha nación, resultado de séculos de historia, cultura e identidade, non naceu nun papel”
Pontón destacou que a súa forza política é consciente de que ten “unha gran responsabilidade” porque “somos a esperanza deste país, a esperanza que se escribe desde a dignidade, desde os dereitos, desde confiar nas nosas propias forzas”. E por iso, defendeu, “imos a por todas, cun BNG imparable"
- Entrevista | Ángel Santos
- Cultura
"Estar en silencio, ir amodiño ou dicir 'non' tamén pode ser unha reivindicación case política"
Primeiro chegou a idea da identidade e como nos conformamos: podemos desexar outras cousas sobre nós mesmos e mesmas? Logo agromou o soño da retirada do ruído que hai hoxe en día, das redes sociais e toda a exposición que nos obrigamos a ter. Como fondo, a paisaxe menos popular de Sanxenxo e o Grove e un personaxe que decide dar un paso atrás, e confundirse con esta natureza. Na última película de Ángel Santos (Pontevedra, 1976) hai moitas capas, máis preguntas que certezas e un espazo de reflexión non deliberado. O director vén de estrear a súa terceira longametraxe, Así chegou a noite, desde este xoves nos cinemas, logo do seu paso por diversos festivais. A cinta tivo a súa estrea mundial en novembro no Festival Internacional de Cinema de Xixón, onde Santos obtivo o premio á mellor dirección
Entre a mágoa e a ilusión: o cine Fraga agarda unha nova vida tras 25 anos perdidos
A cidadanía viguesa xa sabe, efectivamente, en que estado se atopa o que fora o cine máis grande de Galicia, inaugurado con toda pompa en 1948 e pechado sen facer moito ruído en 2001. Desde entón, houbo un intento de reforma cando estaba en mans de Caixa Galicia, millóns de euros investidos (catorce, segundo algunhas fontes), crise bancaria e fin do asunto. O edificio non era rendible para Abanca. Agora 25 anos despois do peche, o que fora o maior orgullo do empresario Isaac Fraga amosa os restos dunha reforma a medio facer e moitas expectativas no futuro.
- Datos
- Economía
As que traballan: radiografía das migrantes que xa son piar do emprego en Galicia
"Cheguei a Vigo con 50 euros", di Khaty, senegalesa. "Non quería vir, pero se teño que marchar agora, choro", explica Ruth, do Perú. Son só dous testemuños dos milleiros de mulleres emigradas desde outros países, claves no desenvolvemento social e económico e no mercado laboral galego. Debullamos con cifras a súa importancia.
'Sirât' arrasa nas categorías técnicas e Alberto Vázquez acada o seu quinto Goya con ‘Decorado’
O filme Sirât, do galego Oliver Laxe, acadou seis dos once premios da Academia de Cinema aos que optaba e converteusa na película con máis trofeos da noite. Os Goya recoñeceron a Sirât nas categorías de Arte, Fotografía, Produción, Son, Montaxe e Música. Alberto Vázquez, pola súa banda, gañou o Goya ao Mellor Filme de Animación con Decorado.
- Reportaxe
- Acontece
Somos pobres en tempo? “Prefiro ir correndo que renunciar”
O feito de vivir nun estado continuo de urxencia xera un sistema de alarmas que está disparado constantemente no noso organismo e actívanse as respostas de estrés. A curto prazo podemos ser máis produtivos, pero cando se cronifica a situación comezan a aparecer consecuencias como a ansiedade, irritabilidade ou dificultades para concentrarse.
Transportistas galegos acoden ao Supremo tras a negativa do Goberno de revisar as prórrogas da AP-9
“O Consello de Ministros declinou a nosa proposta pero cremos que hai xurisprudencia da UE e que as concesións non se renovaron correctamente”, destacou Natalia Blanco, directora xeral de Apetamcor, en declaracións a Praza.gal.
A asociación galega que representa a pemes e autónomos do transporte de mercadorías por estrada, Apetamcor, anunciou este sábado que recorrerá ante o Tribunal Supremo (TS) a decisión do Consello de Ministros do pasado 2 de decembro de 2025 de non admitir á súa solicitude para revisar de oficio as prórrogas da Autoestrada do Atlántico, a AP-9.
"Que é o cinema sen memoria? E a memoria sen Palestina? Manteño esperanza porque creo na humanidade"
O director palestino Kamal Alijafari vén de recibir o recoñecemento á súa traxectoria co Premio Cineuropa 2025. A súa obra supón todo un exercicio de resistencia a través da memoria, facendo do arquivo unha ferramenta estética e política.
A solidariedade galega desborda as rúas de Compostela contra o xenocidio en Gaza
Cumpríronse as expectativas. A solidariedade galega uniuse en Santiago cunha mobilización masiva para pedir a fin da ocupación do territorio Palestino e do xenocidio en Gaza.
Bandeiras palestinas baixo a chuvia ateigan o centro de Vigo na véspera da manifestación nacional de Compostela
A forza social de Vigo quedou reflectida esta mañá na resposta cidadá á convocatoria da mobilización da Plataforma Cívica de Vigo Pro-Palestina, na que participaron ata 42 colectivos da cidade, na véspera da manifestación unitaria do domingo en Compostela.