Crónicas veraces dos maiores de Lugo: “Pensei que o mar era máis pequeno”
Aos maiores, como a todos, gústalles ir de excursión, facer unha boa festa, cociñar e comer unha rica empanada ou simplemente charlar sobre tempos pasados e presentes. E tendo en conta as súas preferencias e tamén as súas necesidades e posibilidades, nos Centros de Atención a Maiores da Deputación deseñan actividades para o día a día desta etapa da vida da persoas. Da maior parte destas experiencias queda constancia nas publicación "A nosa revista" e na web 'As nosas cousas'.
Nin gardarías, nin hospitais: as residencias de maiores mudan en “casas grandes” no rural de Lugo
Residencias pequenas –arredor das 30 persoas- situadas no medio das vilas e con preferencia no acceso para os veciños da zona. Nestas “casas grandes” as visitas están permitidas sempre e os residentes poden saír tomar un café ou pasear se as súas propias condicións e o tempo o permite. Este é o novo modelo de residencias polo que está apostar a Deputación de Lugo, que conta cunha valoración moi positiva tanto por profesionais como por usuarios dos centros.
Os psicólogos falan do suicidio sen tabús en Vigo: “A maior parte dos mozos pensan nalgún momento en quitarse do medio"
O curso ‘O sentido da vida’, celebrado esta semana na UNED en Vigo, abordou o suicidio xuvenil e adolescente. Os psicólogos e psicólogas participantes reflexionaron sobre as “alarmantes” cifras de suicidio en España e a perigosa dinámica de crecemento no sector máis mozo da poboación.
Cronoloxía do conflito de Vitrasa: dous anos de protestas en Vigo
Este verán cumpríronse xa dous anos de paros, folgas e mobilizacións no transporte urbano de Vigo. Un conflito que comezou tras a pandemia e que continúa nun enquistamento a tres bandas: o persoal reclama un novo convenio que lle permita actualizar salarios; a empresa asegura que a súa situación económica “complexa” impídelle melloras; e desde o Concello, o alcalde tenta manterse de perfil “nun conflito entre empresa e traballadores”.
- Entrevista | Célia Mendes
- Cultura
“Eu sinto que en Galicia a maioría das persoas estudan portugués por razóns afectivas”
Célia Mendes (Luanda, Angola, 1973) está á frente do Camões en Vigo desde hai dous anos. Chegou directamente de Nova Delhi, onde estivo cinco anos ensinando portugués, despois de dar clases tamén en Nova Celandia e Venezuela. "Para os portugueses aprenderen o galego e para os galegos aprenderen o portugués é redescubrirmos as nosas orixes comúns", asegura.
Mulleres xitanas, maiores ou discapacitadas: a UVigo pon o foco na discriminación múltiple
Mulleres e ademais negras, xitanas, con velo, lesbianas, maiores ou discapacitadas. Cando ao feito de ser muller engádese outra característica que se sae da norma poden darse novos casos de discriminación, que non se adoitan dar se diante do adxectivo vai a palabra home, e converten este colectivo en máis vulnerable. Unha xornada da UVigo afondou nas discriminacións múltiples.
- Reportaxe
- Ciencia e tecnoloxía
O misterioso ocaso da gaivota patiamarela nas costas galegas
Pode ser a gaivota unha especie ameazada, vulnerable ou incluso en perigo de extinción en Galicia? Se continúa a tendencia dos últimos anos, a resposta é si. A gaivota patiamarela, a propia de Galicia, está morrendo e ninguén sabe as causas a ciencia certa. A caída poboacional no noso país achégase ao 10% anual, que é o límite oficial para alarmarse. No Parque Nacional das Illas Atlánticas o descenso foi de case o 80% nos últimos 20 anos ao pasar de 30.000 parellas reprodutoras en 2006 a 6.360 en 2022.
Galicia no festival Intersección da Coruña: dende Breogán Xague a Sabela Eiriz, Ángel Santos ou CintaAdhesiva
Xa está en marcha a sexta edición de Intersección, o Festival Internacional de Cinema da Coruña, que se celebra entre o 17 e o 22 de outubro con propostas contemporáneas tanto de cinema de autor como de novos formatos audiovisuais. Para a Sección Galicia o festival selecciona 22 autoras con obras tanto en formato cinematográfico como expositivo
- Reportaxe Escola pública
- Acontece
Dez anos de educación dixital en Galicia: aprobado en recursos, suspenso en contidos
Son xa dez cursos do programa “experimental” E-Dixgal, con milleiros de portátiles repartidos e toda unha revolución no xeito de dar as clases xamais avaliada pola Administración. Moitas horas de pantalla e uns contidos ríxidos e pouco atractivos impostos desde Santiago son as principais eivas sinaladas polo profesorado, que percibe certo empeoramento na comprensión lectora e expresión escrita do alumnado.
A revolución das nais chega ao Parlamento: cesáreas con acompañante en todos os hospitais do Sergas
As nais cansaron de queixarse e comezaron a organizarse para mudar o establecido. Agrupadas na Plataforma Loita, conseguiran mellorar o protocolo do parto por cesárea en Pontevedra e Santiago este verán. Agora a súa causa ten o aval do Parlamento.
- Entrevista | Antón Rubal
- Cultura
"Moitos mozos de contornas urbanas que eran castelán falantes achegáronse ao galego grazas ao Xabarín"
Desde o Pitufo Lambón ata Son Goku (adulto), pasando polo señor Sheffield de ‘A Nanny’. A voz de Antón Rubal Pernas (O Valadouro, 1964) forma parte da infancia de moitos aínda que non o saiban. Como director de dobraxe, Rubal é o responsable da versión galega de ‘Pulp Fiction’, ‘Apocalipse Now’, ‘Heidi’ ‘Marco’ ou ‘As Normas da Casa da Sidra’.
Por cesárea e con acompañante: nace a primeira bebé da revolución das nais en Santiago
O fito ten a súa orixe na mobilizacións das nais, que nos últimos tempos comezaron a rebelarse contra as prácticas obstetricias establecidas e organizarse para cambiaren as cousas. A presenza do acompañante non interfire no traballo, pois está á cabeceira da cama ao carón da nai, segundo afirman as doutoras.