A encrucillada de Vitrasa: entre a empatía e o fastío tras 100 días de folga no bus urbano de Vigo
A folga en Vitrasa supera os cen días co transporte urbano de Vigo en servizos mínimos e unha situación límite tanto para a cidadanía como para o propio cadro de persoal. Este venres será clave para o conflito posto que os traballadores e traballadoras terán que vota a continuidade da folga indefinida.
Docentes urxen cambios na educación dixital da Xunta: “as familias esperaban outra cousa”
Tras unha década de ensino dixital en Galicia a cegas, sen que a Xunta fixera análise ou autocrítica ningunha da súa implantación, son numerosas as voces que piden unha reformulación da estratexia. Ás criticas dos propios docentes de Primaria e Secundaria sumáronse nos últimos tempos familias que piden directamente abandonar o programa E-dixgal. Co obxectivo de deitar luz sobre o debate da dixitalización na escola e tomar unha posición , a Confederación de Anpas galegas reuniu nunha xornada docentes e investigadoras que destaparon as principais eivas do proceso de dixitalización do ensino galego.
- Reportaxe Escola pública
- Acontece
A precariedade "histórica" nas escolas infantís da Xunta
Hai anos xa que o persoal das escolas públicas da Xunta alerta dunha situación de sobrecarga laboral que leva a estas traballadoras ao límite. Aseguran sentirse discriminadas respecto ás súas compañeiras da Galiña Azul, que tamén dependen da Xunta pero teñen outro convenio. "Se elas están en precario porque lles quitan as horas de titorías, nós xa non as temos desde nunca. A nosa xa é unha precariedade histórica”, lamentan desde a asociación de técnicas e técnicos superiores en Educación Infantil de Galicia. Con todo, garanten que os nenos están ben atendidos.
- Reportaxe 18F Eleccións galegas
- Política
Navia e Novo Mesoiro: os barrios máis mozos de Galicia, os máis 'bloqueiros' o 18F
Os barrios periféricos e de recente construción de Vigo e da Coruña deron ao BNG as maiores porcentaxes de apoio nas urbes, roldando o 50% nalgunhas zonas. Falamos con veciñanza que engade á baixa media de idade ou á presenza maioritaria de clase traballadora algunha outra clave para explicar a importante suba do Bloque.
O PP cae nas cidades pero segue como primeira forza agás en Vigo, con vitoria dun BNG que medra 13 puntos
O Partido Popular foi quen de manterse como forza máis votada nestas eleccións galegas malia baixar en seis das sete grandes cidades. A excepción foi Vigo, onde o BNG medrou 13 puntos. A forza nacionalista mellorou os resultados de 2020 nas sete cidades. O PSdeG-PSOE, pola súa banda, caeu en todas excepto en Lugo. Para os socialistas foi especialmente avultada a caída en Vigo, de case 12 puntos; e en Ourense, onde Democracia Ourensana arrebatoulles o espazo, e caeron máis de 9 puntos.
- Estación Marítima 18F Eleccións galegas
- Política Vigo
Ayuso sementa o medo ao BNG e pasea “entre eucaliptos” en Vigo
A presidenta do Partido Popular de Madrid irrompeu este xoves en Vigo na campaña galega para arroupar o candidato Rueda nun mitin celebrado na Estación Marítima, que se encheu de simpatizantes ata ateigar o lugar. Había ata quen portaba unha parcarta co lema da presidenta: “Me gusta la fruta”.
Traballadoras das Galiñas Azuis mobilízanse ante a “improvisación” da Xunta: “somos escolas, non gardarías”
“Se unha unha nai pide unha titoría non lla podemos dar porque non temos horas asignadas para iso”. O persoal educativo das Galiñas Azuis alerta de que coa redución horaria que vén de aplicarse vaise resentir a atención educativa aos nenos e nenas pois xa non se contempla tempo para programar e organizar o traballo ou ofrecer titorías.
A "vergoña" de Abanca: o cine Fraga esmorece, rehabilitado, no centro de Vigo
"A obra é a rehabilitación máis ambiciosa de Caixa Galicia de toda a súa historia”. No verán de 2008 o presidente de Caixa Galicia, José Luis Méndez, presentaba así a reforma do histórico cine Fraga de Vigo nun Centro Socio Cultural, con case 7.000 metros cadrados de superficie. As obras estiveron en marcha arredor de dous anos e, segundo explican fontes coñecedoras do proxecto, chegouse a executar o 90% do orzamento, que ascendía a 16 millónes de euros. Apenas quedaban “remates finais” cando chegou a fracasada fusión das caixas galegas (2010) e desde entón todo é silencio. O cine Fraga representa, sen querelo, o exemplo máis monumental do fracaso do sistema bancario galego.
Pontón promete un seguro público para garantir "rendas dignas" e manter o emprego no sector marisqueiro
Garantir as rendas dignas para as persoas mariscadoras e evitar así a descapitalización do sector. A creación dun seguro público para as traballadoras e traballadores do sector marisqueiro foi unha das principais medidas propostas por Ana Pontón durante unha reunión mantida con profesionais deste eido na Illa de Arousa.
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política Vigo
O plus Caballero na campaña de Besteiro
Que un alcalde socialista apoie o candidato do seu partido á presidencia da Xunta e mobilice os seus recursos non debería ser rechamante. Mais no caso de Caballero si que o é porque non o fixera antes. Polo menos non na mesma medida. Baixo o paraugas do municipalismo e o “débome só a Vigo” o alcalde máis localista “do mundo” non sentiu a necesidade de mollarse máis da conta por ningún candidato ao goberno autonómico. Non o fixera co seu sobriño, Gonzalo Caballero. Mais agora, con Besteiro, si.
Ana Pontón pide un último esforzo para poder “gobernar nós a nosa terra”
“Se todos os que queremos cambio collemos a papeleta do BNG será un win win porque imos derrotar a Rueda e Feijóo dunha tacada”, defendeu Pontón durante o encontro nacional celebrado este domingo en Santiago.
Pedro Sánchez: “cun socialista na Xunta e outro na Moncloa, Galicia non 'rueda', Galicia voa"
"Se Galicia vota, Galicia cambia. É certo que hai moitas papeletas para o cambio, pero só unha para gobernar o cambio”, subliña o secretario xeral do PSOE