- Entrevista | César Portela
- Cultura
"As obras que máis quero son aquelas que me formularon máis problemas e fun quen de superar"
A emoción na arquitectura de César Portela salpica recunchos por todo o mundo en grandes proxectos como o Museo do Mar de Vigo ou a premiada estación de autobuses de Córdoba mais tamén, e sobre todo, nos pequenos, nas menos coñecidas pero moi amadas casas unifamiliares que Portela denomina “as miñas casas”. Di César Portela (Pontevedra, 1937) que as obras máis queridas son seguramente ás que lle ofreceron máis problemas e desafíos que tivo que solucionar. Con esa filosofía recoñece que seguramente a rehabilitación do Teatro-Cine Fraga de Vigo será das súas obras preferidas, porque problemas houbo abondo.
Artur Puga: “A música tradicional está de moda e cada vez hai máis xente que quere bailar”
O bailarín, coreógrafo e percusionista Artur Puga ultima a posta en marcha de Seisporoito, escola itinerante de baile tradicional, que levará a cultura tradicional galega desde Vigo ata Barcelona pasando por lugares como Xinzo ou A Gudiña.
De autómatas, muíños e lonxevidade ourensá: a resistencia no rural reloce no Congreso SOPA
Baixo o título ‘A vida no centro’ o congreso que comeza o vindeiro luns en distintas sedes dos concellos dos Blancos, Muíños, Calvos de Randín e Baltar quere presentar un medio rural “luminoso” e con futuro, segundo detalla o historiador e co director Óscar Penín.
- Entrevista | María SOA (Fillas de Cassandra)
- Cultura
Fillas de Casandra: “A emoción segue exactamente igual, aínda coa pel de galiña”
A vida de María SOA e Sara Faro cambiou de vez cando se coñeceron, en 2018. Desa feliz conxunción xurdiu Fillas de Cassandra, un primeiro disco e moitos proxectos, concertos e ganas de non espertar dese soño que é toda unha realidade. A gran acollida do seu disco debut, Acrópole, fíxoas reinventalo nos directos para darlle unha nova vida a través do espectáculo Últimas Dionisíacas. Nas últimas semanas coñecemos o seu novo tema, D’Escarnio, e esta noite chegan a Bueu para amosarlle ao público do SonRías Baixas a destrución da Acrópole e acadar unha catarse colectiva, onde a emoción brote a mares.
- Entrevista | Lourenzo Fernández Prieto Memoria antifranquista
- Cultura
“Que San Simón, a illa dos poetas, fose tamén un campo de concentración é algo demasiado brutal”
Lourenzo Fernández Prieto explica o gran simbolismo que ten a illa como lugar de terror e beleza ao tempo que debulla nesta conversa por que cómpre lembrar a historia, mesmo a máis horrible que, para moitas persoas, aínda cheira na bandeira española actual. O catedrático de Historia Contemporánea da USC estivo á fronte do equipo do Histagra que colaborou co director para dotar de rigor histórico a película e mais á webserie San Simón, a colonia penitenciaria.
Cara á reconquista de Toralla: “Vivo aquí porque non entran os okupas”
Colectivos ecoloxistas e veciñais reclaman un acceso libre á illa de Toralla mediante unha senda litoral que xa contempla a Lei de Costas. Incluso hai un proxecto concreto para a súa elaboración feito polo Ministerio en 2008, pero nunca se fixo realidade. Praza.gal percorreu o interior da illa para confirmar un aproveitamento urbanístico intensivo e un receo dos propietarios cara a posibilidade de que a poboación poida acceder a Toralla alén das praias.
- Entrevista | Vero Boquete
- Deportes
"Parece que está a sorprender que unha muller comente o fútbol e teña os coñecementos técnicos"
A futbolista galega Vero Boquete comentará para TVE a final da Eurocopa de fútbol. "Nunca pensei en poder comentar unha final dunha Eurocopa masculina. Estou encantada coa oportunidade", indica, nunha entrevista con Praza.gal
Chegou a gripe aviaria ás gaivotas? Ecoloxistas alertan do perigo, investigadores desbótano
Hai algún tempo xa que o descenso da poboación da gaivota alertou ás organizacións ecoloxistas, persoas investigadoras e tamén á Administración, que ten en marcha un estudo para escudriñar por que o número de exemplares desta ave de tan mala prensa caeu máis dun 70% nos últimos 20 anos. Na asociación ecoloxista Amigas da Terra teñen claros os motivos. “A única explicación para o descenso tan brutal da poboación da gaivota é a gripe aviar”, indica Antón Lois, responsable de Educación Ambiental. Porén, os investigadores desbotan esta "hipótese fantástica".
- Entrevista | Luis Bassat
- Acontece Pontevedra
“Méntese igual na publicidade ca na política”
A campaña “El nunca o faría” contra o abandono dos animais, o “gustirrinín” das coitelas Filomatic que relataba Miguel Gila nos anos 60, o “chup, chup, Avecrem”, ou mesmo o anuncio contra o tabaco que protagonizaba Johann Cruyff xa nos 90 saíron da cabeza de Luis Bassat (Barcelona, 1941). Recoñecido no sector como o “mellor publicista español do século XX” Bassat quixo tamén ser presidente do Barça mais non o conseguiu, algo que, a día de hoxe prodúcelle certo “alivio”, segundo relata, posto que se pode dedicar á súa Fundación, a escribir libros ou a dar conferencias. Este xoves, 30 de maio, inaugura o congreso Fluor de comunicación dixital, que se celebra en Pontevedra.
Educación anuncia que o E-Dixgal non afecta as cualificacións do alumnado e Anpas Galegas cuestiona a súa utilidade
A Consellería de Educación vén de presentar un “ambicioso estudo” sobre a incidencia do programa de educación dixital galego, E-Dixgal, no que se constata que os resultados do rendemento escolar son practicamente idénticos para o alumnado de centros adheridos ao programa e para os que non o están. Con esta información a Confederación de Anpas Galegas cuestiona a utilidade dun programa que nin prexudica nin beneficia o estudantado e critica o limitado alcance do estudo.
Ecoloxistas en Acción denuncia unha vertedura na contorna da cidade do Celta, que advirte de que non é súa
Ecoloxistas en Acción vén de denunciar ante a Confederación Hidrográfica Miño - Sil o que, segundo indican, semella un vertido de fecais ilegal procedente da cidade deportiva do Celta que “está poñendo en perigo á saude das familias que se abastecen de auga dos pozos que se atopan ladeira abaixo do vertido”, explican. O Club argumenta que a vertedura non é súa, xa que a tubaxe sae dunha propiedade privada.
O BNG lanza a precampaña europea co obxectivo do escano propio “no mellor momento” da súa historia
En menos dun mes, o 9 de xuño, a cidadanía galega está chamada de novo a votar. Desta vez para as eleccións ao Parlamento Europeo, ás que o BNG di acudir “sen teito” co obxectivo de darlle a Galicia un escano propio, logo dos resultados históricos acadados pola forza nacionalista en febreiro.