Pedro Sánchez participou esta mañá na Convención Política do PSdeG-PSOE, que se celebra na Cidade da Cultura de Santiago baixo o lema 'Agora Camiña Galicia' e na que se van definir as políticas socialistas do futuro
“Cando estaba a formar o Goberno de España ofrecinlle a Besteiro ser ministro e el dixo que non porque aspira a ser o próximo presidente da Xunta”. Así, como unha anécdota, relatou o presidente do Goberno de España e secretario xeral do Partido Socialista o rexeitamento para formar parte do Goberno de España do candidato socialista á Xunta
Pedro Sánchez participou esta mañá na Convención Política do PSdeG-PSOE, que se celebra esta fin de semana na Cidade da Cultura de Santiago baixo o lema 'Agora Camiña Galicia' e na que se van definir as políticas socialistas do futuro.
“Sorprende que un ex presidente da Xunta rexeite o uso do galego no Congreso e para nós é un inmenso orgullo que Besteiro fora o primeiro en poder usalo”, dixo Sánchez
Durante a súa intervención, o presidente do Goberno defendeu a política útil. “A política é acordar” e reivindicou o respecto fronte aos “asediadores” das casas socialistas.
O respecto comeza por recoñecer o resultado da eleccións, dixo, ao tempo que recordaba ao PP que "as eleccións xa pasaron e hai un goberno". Sánchez avogou por respectar a diversidade territorial, a cultura e a lingua. “Sorprende que un ex presidente da Xunta rexeite o uso do galego no Congreso e para nós é un inmenso orgullo que ti foras o primeiro en poder usalo”, indicou, en referencia a Besteiro, quen durante a súa intervención tamén recordou o “orgullo” que supuxo para este feito en setembro de 2023.
“Os socialistas galegos somos a única alternativa viable, a única”
O presidente do Goberno prognosticou que 2024 vai ser “o ano do cambio político en Galicia”. “Galicia non quere máis prórrogas”. Na Xunta tendremos un novo presidente e nós desde Madrid faremos avanzar a Galicia, concluíu.
Pola súa banda, o candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu a forza do PSdeG, “un partido unido”, que congregou a case mil persoas na Cidade da Cultura. “Os socialistas galegos somos a única alternativa viable, a única”. “Chegou o momento de que a dereita perda para que Galicia gañe e non me conformo só con gobernar, quero gañar”.
“Os socialistas non somos unha opción política senón a única alternativa”, dixo, ao tempo que destacaba que o Partido Socialista goberna “máis de 1,2 millóns de galegos, case a metade da poboación. Máis que populares e nacionalistas xuntos”.
“Desta vai. Imos sacar o Partido Popular do Goberno da Xunta despois de 14 anos. A min xa non me apartan deste camiño. Cando nos chamen a votar hai que ser valentes para non seguir esmoecendo”, relatou Besteiro.
Para o candidato socialista “o PP vai costa abaixo coa roda pinchada” e, fronte a iso, ofreceu “un modelo que xestiona, pero que goberna e lidera. Xogámonos un cambio de goberno e un cambio de modelo cara a unha Galicia máis xusta, máis aberta”, indicou, antes de darlle paso ao presidente do Goberno como “outro camiñante inasequible ao desalento”.