De Touriño a Besteiro: dous outonos e 25 anos

José Ramón Gómez Besteiro, acompañado de militantes, presenta os avais para participar nas primarias do PSdeG © PSdeG-PSOE

Os galegos e as galegas temos unha especial vinculación co pasado. Lonxe de facer bandeira da ‘morriña’ galega, para a que penso faltan escritos e sobran camisetas e chapas, é obvio que calquera pobo con lingua e cultura propias bebe da súa historia. E como tal, debe reivindicala.

Este mes de outubro fanse 25 anos da elección de Emilio Pérez Touriño como Secretario Xeral dos Socialistas Galegos. Comezaba Touriño naquel outubro de hai un cuarto de século un novo camiño no PSdeG que, con compromiso e traballo, supuxo no ano 2005 o inicio dun itinerario prometedor para Galicia

Eu, como galega, son unha afecionada ás efemérides. Non tanto a celebralas, mais si a rebuscar nelas, como se existira algún sinal oculto que aporte claridade ao presente. Unha sorte de profecía que nos permita presaxiar o futuro.

Este mes de outubro fanse 25 anos da elección de Emilio Pérez Touriño como Secretario Xeral dos Socialistas Galegos. Un Touriño entre os dous P.V. Paco Vázquez e Pachi Vázquez. O PSdeG está cheo de coincidencias (e de contradicións!).

Comezaba Touriño naquel outubro de hai un cuarto de século un novo camiño no PSdeG que, con compromiso e traballo, supuxo no ano 2005 o inicio dun itinerario prometedor para Galicia.

José Ramón Gómez Besteiro presenta os avais para participar nas primarias do PSdeG © PSdeG-PSOE

O PSdeG está cheo de coincidencias. Tamén de calendario. Touriño deixaba a secretaría xeral en marzo de 2009. E Besteiro, facía o mesmo tamén en marzo, pero sete anos despois

Arrincou así aquela lexislatura que puxo no centro da acción política a ordenación e cohesión do noso territorio, o avance nas infraestruturas e a aposta polas políticas públicas de protección social. Galicia emerxeu como entidade a nivel europeo ao tempo que reforzou o seu vínculo estratéxico cos países de América Latina, de forte pegada galega. Aquel proxecto progresista sentou as bases do que Galicia debía ser, das súas aspiracións e anhelos. E a día de hoxe, ningún outro candidato soubo recompoñelo. A pesares dos esforzos e intentos.

Mais, como dicía, o PSdeG está cheo de coincidencias. Tamén de calendario. Touriño deixaba a secretaría xeral en marzo de 2009. E Besteiro, facía o mesmo tamén en marzo, pero sete anos despois. Os motivos?, moi diferentes. O resultado?, o mesmo. Un proxecto de país truncado antes de que comezara a dar os froitos.

Este mércores Besteiro foi proclamado polo PSdeG como candidato á Xunta de Galicia. A súa intención, anunciada o pasado 9 de outubro, adiantouse só un día á celebración do cuarto de século que transcurriu dende a elección de Touriño como secretario xeral. Outro mes de outubro que xa forma parte da intrahistoria do PSdeG

Logo de anos retirado da vida política, e ao límite de que puidésemos arrincar a folla do almanaque, José Ramón Gómez Besteiro tomou posesión como Delegado do Goberno en Galicia. Caprichosa coincidencia: tamén en marzo, tamén sete anos despois.

Este mércores Besteiro foi proclamado polo PSdeG como candidato á Xunta de Galicia. A súa intención, anunciada o pasado 9 de outubro, adiantouse só un día á celebración do cuarto de século que transcurriu dende a elección de Touriño como secretario xeral. Outro mes de outubro que xa forma parte da intrahistoria do PSdeG.

Certo que o futuro está por escribir e que as coincidencias son só iso, coincidencias. As profecías xa se sabe que son cousas de meigas. Pero en Galicia, habelas, hainas.

Prolamación de Emilio Pérez Touriño como candidato á Presidencia da Xunta en decembro de 2008 © PSdeG-PSOE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.