A Xunta reconverte as residencias de maiores en psiquiátricos sen psiquiatras
Persoal e usuarios dos centros de dependentes denuncian “agresións e roubos” por parte de mozos con problema mentais obrigados a convivir con anciáns en centros sen atención médica axeitada.
A revolución das nais fai mudar tamén os partos en Santiago: “Agora sabemos os nosos dereitos e loitaremos para todas”
Nos últimos tempos estase a artellar toda unha revolución de nais ben informadas que loitan polos seus dereitos e os das súas crianzas que callou esta semana nunha nova vitoria na área de Santiago e Barbanza. Cesáreas acompañadas e pel con pel xa son posibles alí. E a revolta continúa.
Arranca o segundo curso de colapso pola gratuidade nas escolas infantís sen que a Xunta regule aínda o acceso ás privadas
Ante unha demanda superior á oferta, centros e familias reclaman ao Goberno galego que poña orde no acceso ás aulas dos pequenos de 0 a 3 anos. Calendario de matrícula e lista unificada así como uns criterios de admisión son as principais demandas.
Reclaman a retirada de nove símbolos franquistas no concello de Nigrán
Igrexas, fontes ou lavadoiros. A asociación cultural Lucenza-Ateneo de Nigrán inventariou un total de nove inscricións franquistas por todo o municipio e solicita ao Bispado e ao Concello que se cumpla coa legalidade da Memoria Democrática.
As intermitencias de Stellantis: 60 quendas ao limbo no que vai de ano
Resulta complicado de entender por que nunha situación de máxima produción, coa anunciada recuperación da quenda da fin de semana para facer máis furgonetas e a alteración das vacacións da metade do cadro de persoal por necesidades produtivas, a fábrica de Balaídos tivo que parar por falta de compoñentes nada máis retomar a actividade.
O Castelo Conta e canta: sete días de festa na parroquia de Touriñán
O que noutrora foran as festas patronais desta parroquia da contorna coruñesa son hoxe xornadas de divertimento para todos os públicos nas que a palabra contada e cantada é a protagonista. A programación do festival dirixido por Touriñán inclúe narrativa oral tradicional, humor, monólogos ou música durante toda a semana.
- Reportaxe
- Acontece
O sinuoso camiño do portugués en Galicia: “Percebo mas não escrevo
Os docentes de portugués lamentan que siga sen haber unha aposta real polo ensino do portugués cinco anos despois da aprobación da Lei Paz Andrade, o que dificulta que os galegos poidan acreditar oficialmente o coñecemento dun idioma que comprenden en grande medida. Este sábado 58 aspirantes comezan as probas para se faceren cunha das catro prazas de portugués que por primeira vez na historia foron ofertadas pola Consellería de Educación.
O caso de Déborah Fernández : 17 anos á procura de xustiza
Novas investigacións poderían reabrir o caso de Déborah Fernández, a moza viguesa desaparecida en 2002 despois de saír correr pola zona de Samil e cuxo corpo foi atopado sen vida dez días despois no Rosal. A policía pechou provisionalmente o expediente en 2010 sen ningún imputado e agora a familia volve reclamar xustiza para un crime que podería quedar definitivacamente sen castigo en tres anos, cando prescribirían os delitos.
Festa da democracia? Consellos para integrantes das mesas electorais
Vanesa Vázquez- Entrevista | Carmen Avendaño
- Movementos sociais
"O narcotráfico financiaba os partidos políticos, era algo que se sabía. Nós non somos parvos"
Implicada, valente, contestataria. Carmen Avendaño non para. Nacida no barrio obreiro vigués do Calvario hai 73 anos e ligada aos movementos veciñais e sociais desde moza, cansou de ver morrer unha xeración a seu redor ante a indolencia dos poderes públicos. A piques de ser bisavoa, a súa axenda está repleta de ocasións para "crear estado de opinión e dar a alarma do que segue pasando e como evitalo".
- Datos
- Cultura
Só 59 estudantes dos institutos galegos elixen o portugués como primeira lingua estranxeira
A implantación da lingua portuguesa no sistema educativo galego avanza timidamente tras cinco anos da Lei Paz Andrade. No curso actual hai 2.391 persoas que a estudan ben como primeira, ben como segunda lingua estranxeira na ESO e Bacharelato. Detrás desa cifra agóchase a realidade de que só 59 a escollen como primeira lingua estranxeira
- Entrevista | Ángel Sánchez
- Cultura
“Xeramos espectadores cunha visión crítica e que se deixan sorprender”
Cine de non ficción nunha vila periférica son os arriscados ingredientes que consolidaron o festival como un referente internacional. Este ano o Festival Internacional de Cinema Play-Doc, chega á súa décimo quinta edición do 3 ao 7 de abril en Tui.