Pontón destacou que a súa forza política é consciente de que ten “unha gran responsabilidade” porque “somos a esperanza deste país, a esperanza que se escribe desde a dignidade, desde os dereitos, desde confiar nas nosas propias forzas”. E por iso, defendeu, “imos a por todas, cun BNG imparable"
“Hai un cambio imparable porque neste país hai unha sociedade que está farta dun goberno do Partido Popular que nos está deixando atrás e dun goberno e dun presidente que está traballando en contra da nosa lingua, o que máis nos une como sociedade, o que nos une a todos os galegos e galegas falen o que falen”, subliñou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nesta xornada o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia.
Pontón destacou que a súa forza política é consciente de que ten “unha gran responsabilidade” porque “somos a esperanza deste país, a esperanza que se escribe desde a dignidade, desde os dereitos, desde confiar nas nosas propias forzas”. E por iso, defendeu, “imos a por todas, cun BNG imparable, que vai a dar o mellor de si e deixándose a pel polos galegos e as galegas e por defender ese país”.
A portavoz nacional explicou que hoxe un día para celebrar “o orgullo de ser galegos e galegas”, pero tamén para reclamar que queremos escribir a nosa propia historia e para reclamar que Galicia ten que ter voz propia neste mundo”
Momentos antes de iniciar o acto de celebración desde 25 de xullo, día da Patria Galega a portavoz nacional explicou que hoxe un día para celebrar “o orgullo de ser galegos e galegas”, pero tamén para reclamar que queremos escribir a nosa propia historia e para reclamar que Galicia ten que ter voz propia neste mundo”.
“Reivindicamos unha nación, que é valente, chea de xente digna e loitadora que pelexa cada día polo seu futuro. Unha nación que non foi escrita, non naceu nun papel, senón que é o resultado de séculos de historia, de cultura, de identidade, que foi construída xeración tras xeración e que se mantén en pé porque cando algúns quixeron silenciarnos houbo xente valente disposta a defendela e cando quixeron apagar a nosa voz, houbo quen falou máis alto”, salientou Pontón.
A vitoria de Altri é unha máis das que virán, porque neste país hai un cambio imparable en marcha, que reclama un goberno que defende os intereses das galegas e dos galegos, os servizos públicos e que non os privatice
Desde o BNG quixeron poñer o foco tamén na defensa da sanidade pública, a educación pública, ou os dereitos das mulleres, “porque cremos nun futuro feminista ou cando este pobo consegue fitos tan importantes como o que conseguemos este ano paralizando Altri. A vitoria de Altri é unha máis das que virán, porque neste país hai un cambio imparable en marcha, que reclama un goberno que defenda os intereses das galegas e dos galegos, os servizos públicos e que non os privatice. Un goberno que defenda que hai que poñer os recursos públicos do noso país ao servizo da sociedade e non seguir alimentando ás eléctricas e a unha presa de multicinacionais”, dixo Ana Pontón.
“Rueda segue detrás da pancarta contra o galego, por iso mantén o decreto da vergoña e por iso non quere reunirse comigo para falar sobre o futuro da nosa lingua, porque a súa folla de ruta é clara: facer do galego unha lingua residual e impoñer o monolingüismo en castelán. Non o conseguirá porque enfronte hai unha sociedade cun inmenso orgullo de ter idioma propio”, subliñou a líder nacionalista xa durante a súa intervención ao público na Praza da Quintana.
“Que non seremos capaz de lograr cun BNG máis forte en Madrid?”, preguntábase, convencida de que cada vez máis xente descobre que “o útil para Galiza é apoiar ao Bloque. Non obviou tampouco o contexto internacional marcado polas guerras e pola inxerencia de Trump ante o vasalaxe da UE, que aumenta en gasto militar a costa de empeorar a vida da xente. “Chámanlle democracia pero é imperialismo puro e duro, que alenta e patrocina ao Estado terrorista de Israel, que promove á invasión de Siria, á limpeza étnica no Líbano ou o xenocidio en Gaza, unha atrocidade que non nos cansaremos de denunciar porque Palestina non está soa e non van enterrar a dignidade de todo un pobo. Palestina vencerá e TRUMP e Netanyahu serán xulgados, como o que son, criminais de guerra”, augurou.
Pese as dificultades, non é momento de baixar os brazos, ao contrario, “a esperanza dunha Galiza mellor é a que nos une aquí hoxe, con miles de corazóns latexando como un só e con esa unión e con esa forza somos imparables”, concluíu Pontón unha intervención na que estivo precedida polo secretario xeral de Galiza Nova, Artai Gaviás, nunha Quintana abarrotada que contou con numerosas delegacións políticas, de dentro e fora do Estado e unha ampla representantes de colectivos e plataformas sociais de todo o país.