'Rapa' partía como unha das favoritas da noite, con 18 candidaturas, e foi a obra máis premiada nunha gala en que a cultura tamén berrou alto e claro “Altri Non”no Lalín Arena
A serie Rapa, dirixida por Jorge Coira e Javier Cámara, foi a gran triunfadora da gala dos XXIII Premios Mestre Mateo celebrada este sábado en Lalín. A serie producida por Portocabo TV e Movistar Plus e creada e escrita por Pepe Coira e Fran Araújo fíxose con once galardóns na noite do audiovisual galego. Entre eles, mellor serie de televisión, mellor guión para os tamén creadores da serie Pepe Coira e Fran Araújo e mellor dirección, para Jorge Coira e Javier Cámara. A terceira temporada da serie conclúe un ciclo en que todas as súas entregas foron recoñecidas co galardón de Mellor serie.
Rapa partía como unha das favoritas da noite, con 18 candidaturas, e foi a obra máis premiada. O thriller rodado na comarca de Ferrol destacou tamén nas categorías de interpretación, os premios de Mellor interpretación feminina protagonista e Mellor interpretación masculina protagonista e de reparto recaeron en Mónica López, Darío Loureiro e Diego Anido polos seus papeis na serie.
Tamén brillou nas categorías técnicas conseguindo o recoñecemento a mellor dirección de fotografía para Jaime Pérez, mellor dirección de produción para Ana Míguez, mellor maquillaxe e perruquería para Fanny Bello e Gemma Márquez, mellor montaxe para Gaspar Broullón, Lu Rodríguez e Jorge Coira e Mellor música orixinal para Xavi Font.

A serie dirixida por Jorge Coira e Javier Cámara partía como unha das favoritas da noite, con 18 candidaturas, e foi a obra máis premiada. 'Rapa' gaña o premio a mellor serie por terceiro ano consecutivo
Tamén brillou nas categorías técnicas conseguindo o recoñecemento a mellor dirección de fotografía para Jaime Pérez, mellor dirección de produción para Ana Míguez, mellor maquillaxe e perruquería para Fanny Bello e Gemma Márquez, mellor montaxe para Gaspar Broullón, Lu Rodríguez e Jorge Coira e Mellor música orixinal para Xavi Font.
A longametraxe As Neves, de Sonia Méndez, foi outra das vencedoras da noite con tres premios, mellor longametraxe para a produción de Cósmica e Aquí y Allí Films coa participación da TVG, mellor interpretación feminina de reparto para a actriz Lucía Veiga, que recolleu o seu terceiro Premio Mestre Mateo consecutivo, e mellor son para David Machado, que tamén repite premio, Javier Pato e Daniel Fernández.
Quen tamén dobrou galardón na noite do audiovisual galego foi o equipo de Tratamos demasiado bien a las mujeres, co premio a Mellor vestiario para Maite Tarilonte e Mellor dirección de arte, para Curru Garabal.
A longametraxe 'As Neves', de Sonia Méndez, foi outra das vencedoras da noite con tres premios: mellor longametraxe, mellor interpretación feminina de reparto para Lucía Veiga e mellor son
Desde a propia presentadora, Teté Delgado que aludiu a Altri ao comezo, foron numerosas a mostras de rexeitamento ao proxecto de instalación da factoría de celulosa en Palas de Rei das premiados que ían subindo, ao escenario, dos presentadores dos galardóns ou do público que berrou en varias ocasións ao tempo: “Altri Non”.
Nas categorías de curtametraxes, as premiadas foron Pura, de Carmen Méndez, premio a mellor curtametraxe de imaxe real e Eu vou comigo, de Chelo Loureiro (Abano Producións), premio a mellor curtametraxe de animación.
Filmei paxaros voando, dirixido por Zeltia Outeiriño e producido por Sétima e Ringo Media coa participación da TVG fíxose co premio a mellor documental. Pola súa banda, Recollendo músicas gañou a mellor programa e Poscoito, de Héctor Rodríguez, gañou a Mellor serie web. Na categoría de Mellor videoclip o premio foi para Marimondra, de Mondra e Adela Otero.
'Filmei paxaros voando' fíxose co premio a mellor documental e 'Poscoito', á mellor serie web
O galardón a mellor comunicador foi para Juan Fuentes, por Quen anda aí?; Mellor realización para Marcos Nine por Historias de Aquí e Mellor anuncio publicitario para Non pode ser máis de aquí, de Real Club Celta e Verve Creative Group.
Un dos momentos máis emocionantes da gala foi a entrega do Premio de honra á script Encarna Alonso, que recolleu o galardón das mans do cineasta Carlos Amil.
A gala de entrega dos Mestre Mateo contou coa dirección da coreógrafa Marta Alonso e o artista Baiuca foi o encargado de poñer música á noite do audiovisual galego.