Lalín acollerá o vindeiro 15 de marzo a entrega da 23º edición dos Premios Mestre Mateo, os galardóns do audiovisual galego, nunha cerimonia que, por primeira vez, sae das cidades e se celebrará nunha vila do rural.
Lalín acollerá o vindeiro 15 de marzo a entrega da 23º edición dos Premios Mestre Mateo, os galardóns do audiovisual galego, nunha cerimonia que, por primeira vez, sae das cidades e se celebrará nunha vila do rural. Así foi destacado en varios momentos do acto de anuncio de finalistas organizado pola Academia Galega do Audiovisual no Pazo da Deputación de Pontevedra no que o alcalde Xosé Crespo reivindicou que "os pequenos tamén existimos".
O rexedor popular, que destacou os atractivos da localidade, dende a súa riqueza natural ata a gastronomía, dixo que espera que as persoas asistentes á cea-gala rematen a noite convencidas de que "valeu a pena saír dunha cidade". Tamén Luis López Diéguez, presidente da Deputación de Pontevedra, puzo en valor o feito de que "por primeira vez na historia" os Mestre Mateo se vaian "entregar no rural", subliñando que "o audiovisual galego leva moitos anos dando exemplo da sensibilidade co rural na pantalla e agora vaino facer a través desta entrega de premios".
Teté Delgado será a encargada de presentar a gala do vindeiro 15 de marzo no Lalín Arena, un espectáctulo que a coreógrafa Marta Alonso dirixirá baixo o lema de "o audiovisual en movemento". Rapa (18), As Neves (12), Honeymoon (10) e + Cuñados (7) partirán ese día como favoritas despois de acumular o maior número de candidaturas de finalistas.

Rapa, serie producida por Portocabo, suma 18 candidaturas, comezando pola de Mellor serie de TV. As Neves (12), Honeymoon (10) e + Cuñados (7) son as outras producións con máis finalistas
Destaca, especialmente, Rapa, serie producida por Portocabo, que suma 18 candidaturas, comezando pola de Mellor serie de TV, que comparte coas producións de Vaca, Clanes e El circo de los muchachos e a producida por Undodez xunto a Televisión de Galicia, Bibopalula.
Rapa tamén coloca sete dos seus intérpretes como finalistas nas categorías de interpretación: Mónica López, Javier Cámara e Darío Loureiro en papeis protagonistas e Sheyla Fariña, Adrián Ríos, Diego Anido e Miguel de Lira en reparto. Pola súa banda, Honeymoon coloca a tres dos seus intérpretes nas categorías finalistas, Javier Gutiérrez como protagonista e Antonio Durán "Morris" e María Vázquez en reparto.
As finalistas a Mellor longametraxe son 'As Neves', '+ Cuñados', 'Honeymoon' e 'Xustiza artificial'. Tres delas aparecen tamén como finalistas a Mellor dirección, Sonia Méndez por 'As Neves', Luis Avilés por '+ Cuñados' e Enrique Otero por 'Honeymoon' xunto con Jorge Coira e Javier Cámara por 'Rapa'
Completan as categorías de interpretación protagonista Federico Pérez por + Cuñados, Carmen Machi por Tratamos demasiado bien a las mujeres, Andrea Varela por As Neves e Lucía Veiga por Na gloria, que tamén consegue ser finalista en por As Neves. Conclúe a candidatura de reparto María Pujalte por Clanes.
As finalistas a Mellor longametraxe son 'As Neves', '+ Cuñados', 'Honeymoon' e 'Xustiza artificial'. Tres delas aparecen tamén como finalistas a Mellor dirección, Sonia Méndez por 'As Neves', Luis Avilés por '+ Cuñados' e Enrique Otero por 'Honeymoon' xunto con Jorge Coira e Javier Cámara por 'Rapa'.
En Mellor documental están 'Aurora', 'Filmei paxaros voando', 'Salvaxe, salvaxe' e 'Prefiro condenarme', cuxo guión, de Margarita Ledo e Eva Veiga, tamén é finalista xunto cos traballos de Pepe Coira e Fran Araújo por 'Rapa', Roberto G. Méndez e Enrique Otero por 'Honeymoon' e Sonia Méndez por 'As Neves'
En Mellor documental están 'Aurora', 'Filmei paxaros voando', 'Salvaxe, salvaxe' e 'Prefiro condenarme', cuxo guión, de Margarita Ledo e Eva Veiga, tamén é finalista xunto cos traballos de Pepe Coira e Fran Araújo por 'Rapa', Roberto G. Méndez e Enrique Otero por 'Honeymoon' e Sonia Méndez por 'As Neves'.
Nas categorías técnicas están en Mellor dirección de produción Ana Míguez por 'Rapa', que repite xunto a Javi Lopa por '+ Cuñados', María Liaño por 'Clanes' e Nati Juncal por 'Prefiro condenarme', que tamén repite xunto a Silvia Fuentes por 'As Neves'. En Mellor dirección de fotografía compiten Alberte Branco por 'Prefiro condenarme', Jaime Pérez por 'Rapa', Lucía C. Pan por 'As Neves' e Sergio Franco por 'Honeymoon'. E en Mellor dirección de arte Andrea Pozo por '+ Cuñados', Curru Garabal por 'Tratamos demasiado bien a las mujeres', Elia Robles por 'As Neves' e Inés Rodríguez por 'Rapa'.
Teté Delgado será a encargada de presentar a gala do vindeiro 15 de marzo no Lalín Arena, un espectáctulo que a coreógrafa Marta Alonso dirixirá baixo o lema de "o audiovisual en movemento"
En Mellor Montaxe están Adrián Pino por 'Honeymoon', Gaspar Broullón, Lu Rodríguez e Jorge Coira por 'Rapa', Juliana Montañés por 'As Neves' e repite Lu Rodríguez por '+ Cuñados'. Pleno feminino nas categorías de maquillaxe e perruquería, con Fanny Bello, que dobra por '+ Cuñados' e 'Rapa' xunto con Sonia García por 'As Neves' e Susana Veira e Bea Antelo por 'Clanes' e vestiario, con Alicia Dapena por 'Rapa', Maite Tailonte por 'Tratamos demasiado bien a las mujeres', María Fandiño por 'Honeymoon' e María Porto por 'As Neves'.
Ao contrario, pleno masculino na categoría de Mellor son, con Carlos Mouriño por 'Clanes', que dobra xunto con Diego Staub e Pablo Rega por 'Honeymoon', David Machado, Javier Pato e Daniel Fernández por 'As Neves', Juan Gay e de novo Diego Staub por 'Rapa' e na categoría de Mellor Realización, con Adolfo Fernández de 'Recollendo músicas', Jairo Iglesias de 'Nosoutras', Marcos Nine de 'Historias de aquí' e Simone Saibene de 'Cinephilia'.
Simone repite tamén na categoría de Mellor comunicador xunto con Estíbaliz Veiga, Juan Fuentes e Paco Lodeiro.

Oito curtametraxes compiten nas súas categorías, en imaxe real 'Nai', 'Platónico, plantónica', 'Pura' e 'Véxote' e en animación 'Avetimología'. 'Eu vou conmigo', 'Noites de prata' e 'Sinapse'
Oito curtametraxes compiten nas súas categorías, en imaxe real 'Nai', 'Platónico, plantónica', 'Pura' e 'Véxote' e en animación 'Avetimología'. 'Eu vou conmigo', 'Noites de prata' e 'Sinapse'.
Completan as categorías dos XXIII Premios Mestre Mateo a de Mellor serie web, onde están 'A moza que abortou e o contou', 'Poscoito', 'Pringadas' e 'Pulp Air'. En Mellor videoclip compiten 'Alentejo' de Baiuca, 'Hi, my love' de Sabela, 'Marimondra' de Mondra e Adela Otero e 'Quererse ben', tamén de Mondra. E a Mellor Programa están Cinephilia, Cos pés na terra, Nosoutras e Recollendo músicas.
Por último, os finalistas a Mellor anuncio publicitario son Arde LVCVS MMXIV; Cortello Club. Campaña contra a trata; Galicia sabe amar e Non pode ser máis de aquí.
Ao anuncio de finalistas acudiron o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra; o director de proxección social da CRTVG, Xaime Arias; o director de Agadic, Jacobo Sutil; o alcalde do Concello de Lalín, Xosé Crespo Iglesias e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez.
- ENTREVISTA | Sonia Méndez (As Neves): "As Neves' é unha película de xente boa facendo cousas malas sen querer"
- REPORTAXE | '+Cuñados: a comedia que quere ser comedia
- ENTREVISTA | Quique Otero (Honeymoon): "Non me mola adoutrinar, mólame contar historias"
- ENTREVISTA | Margarita Ledo (Prefiro condenarme): "Sagrario defendeu o dereito a querer e a que a queiran"
- ENTREVISTA | Elías León Siminani (El circo de los muchachos): "Fascinoume a idea de recuperar unha utopía nun tempo de distopía"
- REPORTAXE | Chega 'Bibopalula', a primeira serie musical de animación en galego para os fillos e fillas da Xeración Xabarín
- ENTREVISTA | Zeltia Outeiriño (Filmei paxaros voando): «Grazas a este filme puiden escoitar a miña nai, coñecela, mirala e admirala»
- REPORTAXE | Unha serie creada pola Xeración Z para AGalega dá vida ás mulleres que a Historia colocou nas marxes