'Antes de nós', 'Sirât' e 'As liñas descontinuas', filmes con máis finalistas nos Mestre Mateo

Antes de nós, Sirât e As liñas descontinuas © Academia Galega do Audiovisual

Antes de nós, a película de Ángeles Huerta sobre Castelao, encabeza as candidaturas, con 18. Sirât, o filme de Oliver Laxe que opta a dous Oscar, e As liñas descontinuas de Anxos Fazáns suman 11 finalistas cada unha

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer este martes as producións e profesionais finalistas á XXIV edición dos Premios Mestre Mateo, que se entregarán en Lugo o vindeiro 21 de marzo. Antes de nós, a película de Ángeles Huerta sobre Castelao, encabeza as candidaturas, con 18. Sirât, o filme de Oliver Laxe que opta a dous Oscar, e As liñas descontinuas de Anxos Fazáns suman 11 finalistas cada unha.

As tres producións parten como favoritas e competirán entre si e con San Simón polo premio á Mellor longametraxe. Mentres, Weiss e Morales, Bibopalula, O Home Perfecto e Punto Nemo son as finalistas na categoría de Mellor serie.

Ademais, Antes de nós, Sirāt e As liñas descontinuas copan unha boa parte das candidaturas nas categorías profesionais. Así, por exemplo, Huerta, Laxe e Fazáns son finalistas en Mellor Dirección canda a Lucía Estévez (Weiss e Morales). En Mellor Guion tamén os tres filmes son finalistas, desta volta competindo con Alberto Vázquez, X. Manuel Ruiz (Decorado).

A actriz Andrea Varela e o presentador Juan Fuentes anunciaron esta mañá as candidaturas finalistas da vixésimo cuarta edición dos Premios Mestre Mateo, nun acto celebrado no centro sociocultural O Vello Cárcere de Lugo © Academia Galega do Audiovisual

Os tres filmes copan tamén boa parte das candidaturas nas categorías profesionais. Así, por exemplo, Huerta, Laxe e Fazáns son finalistas en Mellor Dirección canda a Lucía Estévez (Weiss e Morales). En Mellor Guion tamén os tres filmes son finalistas, desta volta competindo con Alberto Vázquez, X. Manuel Ruiz (Decorado)

Tamén nas categorías de interpretación, os tres filmes encabezan as candidaturas finalistas e, por exemplo, seis dos actores e actrices de Antes de Nós son candidatos nas categorías de actor/actriz protagonista e de reparto. En cambio, Sirāt fica fóra destes apartados, pero pola contra suma un gran número de finalistas nas categorías técnicas.

No apartado de Mellor Actor Protagonista son finalistas Adam Prieto (As liñas descontinuas), Flako Estévez (San Simón), Luis Tosar (Golpes) e Xoán Fórneas (Antes de nós). No de Mellor Actriz Protagonista optan ao premio Alba Flores (Punto Nemo), Cris Iglesias (Antes de nós), Lucía Veiga (Mi Ilustrísimo Amigo) e Mara Sánchez (As liñas descontinuas)

Mentres, Weiss e Morales, Bibopalula, O Home Perfecto e Punto Nemo son as finalistas na categoría de Mellor serie

En Mellor documental son finalistas 360 Curvas, Ao son da nova regueifa, Deuses de pedra e O silencio herdado. As series web finalistas son Alucinema, Bechos, Contando los días e Pipo.

Nas categorías de curtametraxe, en imaxe real compiten Abellón, Adeus, Berta, Algo novo que contar e Curmán, mentres que en animación son finalistas Lucus, Nuno, O Corpo de Cristo e O Mesmo.

Na categoría de Mellor videoclip optan ao premio Ferido de Xoán Fórneas, Hibernarse - O videofilme de Fillas de Cassandra, Non cho podo dar de Sabela e María Escarmiento e Ontes fun moi malo de Grande Amore.

Na categoría de Mellor programa resultaron finalistas Cinephilia, Cos Pés na Terra, Raíña-me! e O videoclub.

Escena de 'Antes de nós', con Castelao interpretado por Xoán Fórneas, Cris Iglesias como Virxinia Pereira e Aldám Santos como 'Chuchiño', o fillo da parella © Atalante

En Mellor documental son finalistas 360 Curvas, Ao son da nova regueifa, Deuses de pedra e O silencio herdado

A actriz Trisha Fernández e o cómico Federico Pérez serán os encargados de presentar a gala que terá lugar o día 21 de marzo en Lugo e a realizadora Marta Arévalo dirixirá o espectáculo. O Vello Cárcere de Lugo acolleu este martes a lectura de finalistas, nun acto conducido pola actriz Andrea Varela e o presentador Juan Fuentes.

Nas vindeiras semanas o público de Lugo terá a posibilidade de asistir ás proxección das longametraxes e documentais finalistas nos Cines Códex, que contarán coa presentación dos equipos das obras. As sesións, repartidas durante os meses de febreiro e marzo, serán gratuítas, de acceso libre ata completar capacidade.

Listado de finalistas

 

Mellor Interpretación Masculina de Reparto

Adrián Ríos | Antes de nós

Miquel Ínsua | Antes de nós

Nancho Novo | Antes de nós

Tatán | San Simón
 

Mellor Maquillaxe e Perruquería

Chicha Blanco, Lorena Calvo | Antes de nós

Fani Mosqueira | O Home Perfecto

Sonia García | As liñas descontinuas

Sonia García, Silvia Neira | San Simón

Zaira Eva Adén | Sirāt

 

Mellor Música Orixinal

Kangding Ray | Sirāt

Santi Jul, Iván Laxe | Bibopalula

Sofía Oriana | Antes de nós

Xavier Bértolo | As liñas descontinuas

As liñas descontinuas, de Anxos Fazáns ©

Mellor Anuncio Publicitario

Ao Noroeste Do Oeste | Undodez e Medio Limón

Gadis. Compartimos La Vida | Congo Producciones

Hematofesti 2025 - Festival de Humor e Literatura Infantil | Manu Viqueira

Historia que nos impulsa | Undodez e Real Club Deportivo

 

Mellor Vestiario

Aránzazu Domínguez | Antes de nós

Fede Pouso | Mi Ilustrísimo Amigo

Nadia Acimi | Sirāt

Uxía Vaello | San Simón
 

Mellor Videoclip

Ferido (O Xoán) | Fran Fórneas, Irene Montes e Xoán Fórneas

Hibernarse - O Videofilme (Fillas de Cassandra) | Fillas de Cassandra, Santi Iglesias, Sergio "Steel" e Tremendo Audiovisual

Non cho podo dar (Sabela e María Escarmiento) | Sabela

Ontes fun moi malo (Grande Amore) | Ernie Records, Nuno Pico, Xaime Miranda

Mellor Realización

Diego Guerrero, Marcos Estebo, Breixo Llano | Cos Pés Na Terra

Marcos Nine | Historias de Aquí

Miguel Gomar | Raíña-me!

Simone Saibene | Cinephilia
 

Mellor Interpretación Feminina de Reparto

Desiré Pillado | O Home Perfecto

Isabel Naveira | Lume

Luisa Merelas | Antes de nós

Victoria Teijeiro | Antes de nós

 

Mellor Guión

Alberto Vázquez, X. Manuel Ruiz | Decorado

Anxos Fazáns, Ian De La Rosa | As liñas descontinuas

Oliver Laxe, Santiago Fillol | Sirāt

Pepe Coira | Antes de nós

Fotograma de 'Sirat', de Oliver Laxe © Quim Vives

Mellor Serie Web

Alucinema | Kraken Media

Bechos | Undodez para Televisión de Galicia

Contando los días | Alba Loureiro e Tania Medina

Pipo | Undodez para Televisión de Galicia
 

Mellor Dirección de Produción

Analía G. Alonso, Aleix Castellón | San Simón

Lucía Caramelo | Antes de nós

Nati Juncal, Silvia Fuentes | As liñas descontinuas

Oriol Maymó | Sirāt
 

Mellor Comunicador/a

Lucía Veiga | Aquí Galicia Fest

Miguel Canalejo | O videoclub

Simone Saibene | Cinephilia

Xosé Ramón Gayoso | Luar

Mellor Dirección de Fotografía

Jaime Pérez AEC | Weiss e Morales

Lucía C. Pan AEC | Antes de nós

Mauro Herce | Sirāt

Sandra Roca | As liñas descontinuas

 

Mellor Son

Amanda Villavieja | Sirāt

Elsa Ferreira, Pedro Góis, Daniel Fernández, Toni Penido | San Simón

Toni Penido, David Machado, Javier Pato | Antes de nós

Xavier Souto, David Machado, Javier Pato | As liñas descontinuas

 

Mellor Montaxe

Cristobal Fernández | Sirāt

Diana Toucedo, Laura Piñeiro | As liñas descontinuas

Gaspar Broullón, Lu Rodríguez | Weiss e Morales

Lucía Iglesias Fuentes | Antes de nós

Weiss e Morales © RTVE

Mellor Interpretación Feminina Protagonista

Alba Flores | Punto Nemo

Cris Iglesias | Antes de nós

Lucía Veiga | Mi Ilustrísimo Amigo

Mara Sánchez | As liñas descontinuas
 

Mellor Curtametraxe de Imaxe Real

Abellón | Fon Cortizo

Adeus, Berta | Kraken Media

Algo novo que contar | Queimarte Films e Brava

Curmán | Mala Herba Producións e Alejandro Jato

 

Mellor Curtametraxe de Animación

Lucus | Mala Herba Producións, Testaferro, Gonzalo E. Veloso

Nuno | Produciós OU Ké!

O corpo de Cristo | Abano Producións e Uniko

O mesmo | Algarabía Animación S.C e Canal Cosmopolitan Iberia S.L.U.

Mellor Dirección de Arte

Elia Robles | Antes de nós

Inés R. Sacristán | San Simón

Laia Ateca | Sirāt

Sonia Prol | O Home Perfecto
 

Mellor Interpretación Masculina Protagonista

Adam Prieto | As liñas descontinuas

Flako Estévez | San Simón

Luis Tosar | Golpes

Xoán Fórneas | Antes de nós
 

Mellor Dirección

Ángeles Huerta | Antes de nós

Anxos Fazáns | As liñas descontinuas

Lucía Estévez | Weiss e Morales

Oliver Laxe | Sirāt

Mellor Serie de Televisión

Bibopalula | Undodez para Televisión de Galicia

O Home Perfecto | Voz Audiovisual para Televisión de Galicia

Punto Nemo | Punto Nemo La Serie AIE coa colaboración da Televisión de Galicia

Weiss e Morales | Portocabo, RTVE, ZDF Studios, ZDF, Nadcon

 

Mellor Programa

Cinephilia | Noveolas Producciones e Telemiño

Cos pés na terra | Filmax (Producións A Fonsagrada SL) para Televisión de Galicia

O videoclub | Brava

Raíña-me! | Brava para Televisión de Galicia
 

Mellor Documental

360 Curvas | Rebordelos

Ao son da nova regueifa | @undodez

Deuses de pedra | Amateurfilms, Iván Castiñeiras, Primeira Idade, Rúa Escura, Promenons-Nous Dans Les Bois

O silencio herdado | Gaitafilmes e La Selva Ecosistema Creatiu
 

Mellor Longametraxe

Antes de nós | Retrincos, A.I.E., coa participación da TVG e TVE, coa Subvención de AGADIC e ICAA, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Lugo, Ourense e Concello de Pontevedra, e Financiamento do ICO

As liñas descontinuas | Sétima, Sideral coa participación da Televisión de Galicia

San Simón | San Simón la película AIE, Miramemira, Morelli Producciones, Bando m Parte coa participación da Televisión de Galicia

Sirāt | El Deseo D.A. S.L., Filmes da Ermida S.L., URI Films S.L.,Teléfonica Audiovisual Digital, Los Desertores Films A.I.E

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.