A pintora Aurora Pereira Carballo, Aurichu Pereira, morreu este mércores en Santiago aos 83 anos de idade. Filla dun mestre republicano de Vedra que foi represaliado polo franquismo, Aurichu Pereira foi discípula de Carlos Maside dende moi nova, con apenas 16 anos, como se pode ler na biografía na súa páxina persoal.
Foi discípula de Carlos Maside e dende os anos sesenta interesouse no movemento plástico de gravado da Estampa Galega
Dende os anos sesenta interesouse no movemento plástico de gravado da Estampa Galega, participando en diversas exposicións colectivas e motivando o interese de Luis Seoane pola súa obra. En 1973 participou na exposición de Xóvenes Artistas Galegos, promovida por Luis Seoane e Reimundo Patiño, baixo o patrocinio do Concello da Coruña. Ademais do traballo artístico, mantivo unha activa militancia política e cultural e, por exemplo, participou na fundación da Asociación O Galo en Santiago nos anos 60.
Posteriormente, por motivos laborais, deixou de participar públicamente nas actividades artísticas, retornando a elas en 1999. Porén, a súa actividade artístia non se detivo e do 1973 ao 1999 deseñou ropa e obxectos para a súa propia tenda.
Dende os anos 80 foi parella de Xosé Manuel Beiras, con quen vivía na súa residencia familiar da Reboraina, en Brión. Nestas últimas catro décadas foron un apoio imprescindible un para o outro
Xa no século XXI volveu amosar as súas obras en mostras públicas, con exposicións individuais en Compostela, Ourense, Tui, Vigo, Vilagarcía e participando tamén en exposicións colectivas. Destacou tamén o seu proxecto "Meu Courel Imaxinario", que inaugurou no Centro Cultural da Diputación de Ourense, que posteriormente amosou en varios centros culturais do país.
Na sùa vida persoal, foi parella de Salvador García Bodaño, con quen tivo catro fillos. Posteriormente, dende os anos oitenta, foi parella de Xosé Manuel Beiras, con quen vivía na súa residencia familiar da Reboraina, en Brión. Nestas últimas catro décadas foron un apoio imprescindible un para o outro.
Unha vez coñecida a nova do seu pasamento, comezaron a reproducirse nas redes sociais a mostras de condolencia de amizades, institucións e entidades culturais e políticas
Unha vez coñecida a nova do seu pasamento, comezaron a reproducirse nas redes sociais a mostras de condolencia de amizades, institucións e entidades culturais e políticas. Así, o BNG de Brión escribiu a través de X que "acabamos de saber do falecemento da nosa veciña Aurichu Pereira, unha muller de fondo compromiso que durante moitos anos tamén militou no BNG. As nosas máis expresivas condolencias para o seu compañeiro, Xosé Manuel, demais familiares e amizades".
Ás condolencias públicas, dende a Mesa pola Normalización á Real Academia Galega de Belas Artes, uniuse a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín ("Unha gran perda para Compostela. Que a terra lle sexa leve!") e tamén a concelleira e voceira de Compostela Aberta, María Rozas ("Moita forza, nestes momentos tan duros, a Xosé Manuel Beiras e a toda a súa familia e amizades. Unha gran perda. Que a terra lle sexa leve").
"Era desas mulleres que hai que coñecer, desas personalidades poderosas de sensibilidade extrema que dan sentido a un país. Botaremos moito en falta a Aurichu, estrela sempre", escribe Manoel Santos
Tamén a lembrou o ex-alcalde compostelán Martiño Noriega e, igualmente, Gerardo Pisarello, deputado no Congreso de Sumar / En Comú Podem, que escribiu en galego: "Déixanos Aurichu Pereira. Gran amiga e gran artista. Un espírito libre, unha galega republicana e universal. D.E.P. Apertas, benquerido Xosé Manuel Beiras".
Tamén escribiu o líder o PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro: "Quero amosar o meu máis sentido pésame e as miñas condolencias polo pasamento de Aurichu Pereira aos seus familiares e achegados, especialmente a Xosé Manuel Beiras".
De igual xeito, Manoel Santos sinalou a través das redes sociais: "Era desas mulleres que hai que coñecer, desas personalidades poderosas de sensibilidade extrema que dan sentido a un país. Botaremos moito en falta a Aurichu, estrela sempre".