Dentro desta colaboración, os festivais comezarán este ano a crear unha programación pantalla que achegará a esencia do Entre Curtas e do Vía XIV a cada público. Tres dos filmes que resultaron vencedores do Entre Curtas 2024 proxectaranse na 9º edición do FIC Vía Verín XIV
No final do verán celébrase en Verín o FIC Vía XIV, un festival de curtas que este ano chega á súa novena edición. Esta fin de semana os responsables do evento galego estiveron no festival Entre Curtas de Chaves, que tivo lugar entre o 15 e o 17 de maio con máis de 30 filmes que exploraban a idea do illamento, tanto xeográfico como psicolóxico e a transgresión de barreiras rurais e urbanas. As dúas citas estableceron un acordo de colaboración que busca "unir o cinema galego e portugués" e "estreirar lazos a ambos lados da raia a través da cultura".
Carlos Montero, como representación da directiva do FIC Vía XIV, participou na inauguración do Entre Curtas expresando a emoción do festival verinés por “ser parte dun evento como este e poder crear sinerxias entre a veciñanza máis alá das fronteiras”.
Tanto o Entre Curtas como o FIC Vía XIV exploran a través da súa programación e actividades os múltiples significados das fronteiras
As equipas de ambos festivais colaboran dende hai meses no intercambio de ideas e coñecementos co fin de xerar unha alianza que se traduza nunha mellor oferta cultural para a Eurocidade Chaves - Verín. Dentro desta colaboración, os festivais comezarán este ano a crear unha programación pantalla que achegará a esencia do Entre Curtas e do Vía XIV a cada público. Ademáis, tamén haberá un intercambio de xurado entre ambos certames.
O FIC Vía Verín XIV busca que "máis alá das fronteiras físicas" Verín se consolide "como núcleo cultural da contorna a través do que crear conexións coa veciñanza e romper cos circuitos normativos da cultura"
A iniciativa nace da necesidade de estreitar vínculos a ambos lados da raia seca, territorios historicamente esquecidos e moi marcados pola súa característica definitoria de vilas de interior fronteirizas. Tanto o Entre Curtas como o FIC Vía XIV exploran a través da súa programación e actividades os múltiples significados das fronteiras. O territorio no que se enmarcan caracteriza moito a ambos festivais: facer cultura dende as marxes; o cine como un espazo de reivindicación do rural e do interior do país.
Tres dos filmes que resultaron vencedores do Entre Curtas 2024 proxectaranse na 9º edición do FIC Vía Verín XIV. O festival galego busca que "máis alá das fronteiras físicas" Verín se consolide "como núcleo cultural da contorna a través do que crear conexións coa veciñanza e romper cos circuitos normativos da cultura".