O novo filme de Eloy Enciso afonda na 'noite galega' a partir de textos de Max Aub ou Luís Seoane

Un momento da rodaxe de 'Longa Noite' Dominio Público Praza Pública
Publicidade
Publicidade

O cineasta meirego Eloy Enciso Cachafeiro comezou a rodaxe de Longa Noite, a terceira longametraxe do director de Arraianos. A produción de Filmika Galaika rodarase en diferentes escenarios da provincia de Lugo -Lugo, Meira, Becerrea, Chantada ou Sarria- ata o 4 de marzo. A película, ambientada na posguerra, conta cun guión basado en fragmentos de obras de autores como Max Aub, Luís Seoane ou Ramón de Valenzuela. O filme quere ser “unha exploración da nosa historia e das posibilidades sensoriais e narrativas da noite a través da paisaxe galega”, segundo destaca o propio Enciso.

Enciso pretende con este filme “reconstruir o tempo da posguerra a través de narracións e memorias desa época. Trátase dun filme coral, onde un conxunto de personaxes e voces amosarán unha imaxe da Galicia daqueles anos, en especial os mecanismos do poder nas sociedades totalitarias”

Enciso pretende con este filme “reconstruir o tempo da posguerra a través de narracións e memorias desa época. Trátase dun filme coral, onde un conxunto de personaxes e voces amosarán unha imaxe da Galicia daqueles anos, en especial os mecanismos do poder nas sociedades totalitarias”. Como xa ocorrera en Arraianos, a película estará protagonizada por actores de grupos de teatro amateur de toda Galicia. 

O filme desenvolverase case na súa totalidade na provincia de Lugo, e mostrará enclaves e paisaxes emblemáticos da provincia como a cidade de Lugo, a Ribeira Sacra, Portomarín, Sarria ou Os Grobos en Becerreá. Espazos de Pontevedra e A Coruña completan as localizacións onde transcorre a acción do filme.

O director desenvolveu o proxecto no prestixioso Instituto Radcliffe da Universidade de Harvard durante o ano 2017. Eloy Enciso estudiou Dirección de Documental na Escola de Cine de San Antonio de Baños en Cuba. As súas anteriores longametraxes Pic-nic (2006) e Arraianos (2012), foron seleccionadas e premiadas en festivais internacionais e museos de referencia como BAFICI (Bos Aires, Arxentina), Locarno (Suiza), FICUNAM (México), Montreal World Film Festival (Canadá), Viennale (Viena, Austria), MoMA o Reina Sofia. Longa Noite está producida por Filmika Galaika e conta co apoio do Agadic, a Universidade de Harvard, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra.

 

Un momento da rodaxe de 'Longa Noite' Dominio Público Praza Pública
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.