O OUFF como escola de cine

Cartaz do OUFF Escola © OUFF

Xa está en marcha o IV Certame de Ouff Escola, dirixido a centros de ensino de primaria e secundaria, que elaboran cadansúa curta en galego. Un xurado escolle os gañadores en cada unha das dúas categorías: primaria e secundaria, e os gañadores e segundos clasificados reciben 600€ e 400€ respectivamente e tamén optan ao Premio Blanco Amor ao mellor guión, que leva 300€. Ademais nesta edición créase tamén un premio do público, no que o gañador sae das votacións na páxina do Festival. Abríronse este xoves e poderase participar até o 3 de novembro e para votar só hai que darse de alta en vimeo.

Os premios serán entregados nunha gala que se celebrará no Auditorio Municipal o vindeiro martes 6 de novembro, dentro das actividades do 17OUFF, coa presenza dos colexios galardonados

Os premios serán entregados nunha gala que se celebrará no Auditorio Municipal o vindeiro martes 6 de novembro, dentro das actividades do 17OUFF, coa presenza dos colexios galardonados. De igual xeito o xurado seleccionará un traballo audiovisual entre os participantes na 18 edición de Ponte...nas ondas! que se emitirá o 1 de xuño. Esta obra será incluída na programación do 17 Festival de Cine Internacional de Ourense e o premio será entregado no mesmo acto.

Nesta edición do Ouff Escola participan un total de 57 traballos, 11 de primaria e 46 de secundaria

Nesta edición do Ouff Escola participan un total de 57 traballos, 11 de primaria e 46 de secundaria. Entre eles mesmo un do Bierzo, realizado por alumnos da materia de galego. Hai que sinalar que tres colexios de Educación Infantil de distintas provincias (Pontevedra, A Coruña e Lugo) presentaron un traballo conxunto titulado Manolo, o morcego curioso, coa participación de 124 estudantes, e hai tamén un traballo en clave musical no que participaron 300 alumnos, Eu falarei, do IES Chapela de Vigo.

No certame colabora a Concellaría de Normalización, a SXPL e a asociación Ponte...nas Ondas!

No certame colabora a Concellaría de Normalización, a SXPL e a asociación Ponte...nas Ondas! OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre o seu contorno sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas. A iniciativa encádrase como ferramenta dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura darlles formación aos mozos sobre o coñecemento e a avaliación do audiovisual.

O xurado está formado por César Silva (programador do Festival de Cine Internacional de Ourense), Manoli Maseda (Coordinadora de equipas provinciais de Normalización e Dinamización Lingüística), Paulino Peña (mestre de Educación Primaria e escritor), Severiano Casalderrey (profesor de Secundaria e director do Festival Anirmau) e Santiago Veloso (presidente da Asociación Ponte nas Ondas).

Cartaz do OUFF Escola © OUFF

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.