O OUFFescola escolleu os seus filmes gañadores entre 120 participantes

Foto de familia dos gañadores e participantes © OUFF

O Festival de Cine Internacional de Ourense celebrou a sétima edición do VII certame OUFFescola, que busca premiar os mellores traballos audiovisuais en galego realizados por escolares. Este mércores entregou os galardóns no transcurso dunha gala que se celebrou no Auditorio Municipal da cidade. Máis de 500 nenos e nenas chegados de 14 centros educativos de toda Galicia asistiron á gala dos premios.

En total, nesta sétima edición participaron 120 traballos. O certame está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense, a través do Servizo de Normalización Lingüística, polo OUFF e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Palmarés VII Certame OUFFescola

  • 1º premio de 600€ na categoría “Demais niveis de ensino non universitario”: Os xeranios do señor Alfonso do CPI Virxe da Saleta, de Cea.
  • 1º premio de 600€ na categoría “Infantil ou Primaria”: O mago Rosa do CEIP Plurilingüe Otero Novas, de Cortegada.
  • 2º premio de 400 € na categoría "Demais niveis de ensino non universitario": Sons do camiño do IES Chamoso Lamas, de O Carballiño.
  • 2º premio de 400 € na categoría “Infantil ou Primaria”:  Ranilda do CEIP de A Lama, de A Lama.
  • Premio de 300 € ao mellor guión da categoría “Demais niveis de ensino non universitario”: O capitán Penedo do CPI Antonio Failde, de Coles.
  • Premio de 300 € ao mellor guión da categoría “Infantil ou Primaria”: A chave para 6.000 presos, do CEIP Torre Illa, da Illa de Arousa.

Ademais, na categoría de Infantil e Primaria:

  • Mención especial a Señor Ramón e Señora Ramona, do Centro de Educación Especial de Vilagarcía de Arousa.
  • Mención especial a Maruxa do CEIP Coirón Dena, de Meaño.
  • Mención especial a A máscara do león do CEIP Plurilingüe A Pedra, de Bueu.

E na categoría “Demais niveis de ensino non universitario”:

  • Mención especial a Curuxás do IES do Camiño, de Palas de Rei.

Foto de familia dos gañadores e participantes © OUFF

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.