Os 21 filmes que compiten no OUFF veranse por primeira vez en España

Presentación do 21º Festival de Cine Internacional de Ourense © Daniel Gallego

O Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que se celebrará do 28 de outubro ao 5 de novembro, contará cun total de 73 proxeccións repartidas nun total de 109 sesións. 21 filmes participarán nas súas dúas seccións oficiais -Competición de Óperas Primas e Competición Iberoamericana- e todas serán estreas absolutas en España.

O festival foi presentado oficialmente este martes nunha rolda de prensa no Claustro de San Francisco na que participaron Jesús Vázquez, alcalde de Ourense; Belén Iglesias, concelleira de Cultura, Educación e Comercio; Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura; Jacobo Sutil, director da AGADIC; Rosendo Fernández, vicepresidente 1º da Deputación Provincial de Ourense e Fran Gayo, director artístico do Festival de Cine Internacional de Ourense.

Fran Gayo destacou que que na Competición de Óperas Primas hai máis filmes dirixidos por mulleres que por homes, indicando un cambio de tendencia coas novas xeracións

Gayo debullou polo miúdo gran parte da programación desta edición, con especial atención ás dúas competicións da Sección Oficial e á deslocalización do OUFF esta edición, que tamén contará con espazos de proxección en lugares da provincia como Xinzo, Carballiño ou o Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar. Destacou, así mesmo, que na Competición de Óperas Primas hai máis filmes dirixidos por mulleres que por homes, indicando un cambio de tendencia coas novas xeracións.

Ademais, o festival contará cunha vintena de pezas galegas, tanto nas súas seccións oficiais como nas paralelas. Tamén se deu a coñecer o xurado do festival, formado por Manu Yáñez, Miriam Reyes e Luis López Carrasco na Competición Iberoamericana, e Maialen Beloki, Felipe Lage e Miguel Valverde na Competición de Óperas Primas.

Ademais das proxeccións programadas, neste 2016 o OUFF réndelle homenaxe a Oliver Laxe, que recibirá o Premio Cidade de Ourense, recoñecendo "o seu labor de creación e espallamento do cinema galego fóra das nosas fronteiras". 

 

Competición Iberoamericana

- Hermia & Helena | Matías Piñeiro | Arxentina / EUA | 2016 | 87'
- Treblinka | Sérgio Tréfaut | Portugal | 2016 | 76'
- Angelica [una tragedia] | Manuel Fernández-Valdés | España | 2016 | 83'
- Ultimas Conversas | Eduardo Coutinho | Brasil | 2015 | 85'
- Días Extraños | Juan Sebastián Quebrada | Colombia | 2015 | 71'
- Lilith's awakening | Mónica Demes | Brasil / EUA | 2016 | 80'
- Manuel Vilariño. Ser luz | José Manuel Mouriño | España | 2016 | 69'
- El limonero real | Gustavo Fontán | Arxentina | 2016 | 75'
- Como me da la gana II | Ignacio Agüero | Chile | 2016 | 86'
- El charro de Toluquilla | José Villalobos Romero | México | 2016 | 90'

Competición Óperas Primas

- Light years | Esther May Campbell | Reino Unido | 2015 | 90'
- The dazzling light of sunset | Salomé Jashi | Xeorxia | 2016| 74'
- La noche | Edgardo Castro | Arxentina | 2016| 135'
- A magical substance flows into me | Jumana Manna | Palestina / Alemaña / Reino Unido | 2016 | 68'
- Las Calles | María Aparicio | Arxentina | 2016 | 83'
- Solange et les vivants | Ina Mihalache | Francia | 2016 | 67'
- Mattress Men | Colm Quinn | Irlanda | 2016 | 80'
- Boone | Christopher Lamarca | EUA | 2016 | 75'
- No escuro do cinema descalço os sapatos | Cláudia Varejao | Portugal | 2016 | 104'

Presentación do 21º Festival de Cine Internacional de Ourense © Daniel Gallego

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.