O pintor e gravador vangardista coruñés foi asasinado en 1936. O seu asasinato a mans dos franquistas sepultou tamén a súa figura como creador, falto de coñecemento e recoñecemento durante décadas. O Consello da Cultura Galega acolle o 24 de setembro unha xornada ao redor da súa obra e traxectorial vital e publica unha entrada no Álbum de Galicia. O 29 de setembro os seus restos mortais, exhumados o ano pasado, serán entregados aos seus familiares nunha cerimonia pública.