O Apóstolo non gañou o Goya ao que estaba nomeado, o de mellor longametraxe de animación. A favorita, a taquilleira Las aventuras de Tadeo Jones, levou este premio e outros dous, converténdose nunha das grandes triunfadoras da noite. Pero o Goya estanlle servindo a O Apóstolo como escaparate para darse a coñecer e como pasarela de lanzamento, sobre todo para a súa distribución internacional. Os problemas para a súa distribución en cinemas mantéñense pero agora queda aínda un longo proceso no que as vendas dos dereitos fóra de España van ter un gran peso.
A presenza do filme nos Goya "respaldou a súa calidade e deulle prestixio, o que está a favorecer as ventas internacionais", segundo os seus produtores. Neste momento estanse a negociar as ventas por territorios e "as espectativas son moi optimistas", afirman
A presenza do filme nos Goya "respaldou a súa calidade e deulle prestixio, o que está a favorecer as ventas internacionais", segundo os seus produtores. Neste momento estanse a negociar as ventas por territorios e "as espectativas son moi optimistas", afirman. En paralelo, mantense unha programación de proxeccións por cidades e vilas de toda Galicia en espazos de todo tipo: públicos, de fundacións, de asociacións... Para os responsables de Artefacto Produccións, "a idea de conseguir unha rede de espacios alternativos onde proxectar as películas nace como unha necesidade de que a película poda ser vista pola xente, agora mesmo non é suficiente para amortizar o gasto de producción, pero pode que no futuro sí que sexa unha alternativa real".
O Apóstolo é primeira película de animación stop-motion estereoscópica realizada en Europa, un proxecto galego no que dende 2008 traballaron con mimo ducias de profesionais, contou con Philip Glass para a creación da Banda Sonora e obtivo recoñecementos en festivais coma Moscú, Málaga, Sitges, Bogotá ou Buenos Aires. A película obtivera un compromiso da súa distribuidora para ser estreada o pasado 31 de outubro, véspera de Defuntos, en 80 salas de todo o Estado. Finalmente non foron 80 senón 25. En moitas das cidades nas que estaba prevista a súa proxección (Sevilla, Bilbao, Donostia, Murcia, León…) a película non chegou a estrearse, e noutras coma Madrid quedou relegada a salas afastadas do centro ou a horarios incómodos para a meirande parte dos espectadores.
Nestes momentos Artefacto Produccións segue traballando en novas creacións. Están en dintintos momentos da súa produción dúas longametraxes en coprodución internacional: Organistrum e Dream Prince,e unha tv-serie infantil: Renata a araña.