As galegas Toro e Echegoyen aseguran medalla en vela

Toro e Echegoyen, en Londres Dominio Público Imaxe de TVE

As galegas Sofía Toro e Támara Echegoyen aseguraron unha medalla olímpica. A coruñesa e a pontevedresa, xunto a asturiana Ángela Pumariega, clasificáronse para a final da clase Elliott 6m. de vela logo de impoñerse a Rusia 2-1 nunha terceira regata decisiva que a piques estivo de suspenderse por falta de vento. Se así fose, o equipo da delegación española sería eliminado logo de perder anteriormente na Round Robin.

Non foi así e as galegas venceron para asegurar un metal olímpico. Será ouro e prata e para saber que medalla conseguen haberá que agardar ao sábado, cando se enfronten a Australia na final a partir das 14.05 da tarde. Pero o máis difícil está feito. E lográrono porque ao regresar o vento ao campo de regatas de Weymouth, con empate no marcador, o equipo español impúxose con clase ao ruso. Agora só lles queda loitar por conseguir un enorme éxito ou por entrar no Olimpo.

Toro e Echegoyen, en Londres Dominio Público Imaxe de TVE
Un momento da semifinal ante Rusia Dominio Público Imaxe de TVE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.